Corrubedo non se Vende: Non ao Plano Acuícola!!!!
Suplemento Altermundo, de Galicia hoxe
Irán: É posíbel unha transición pacífica?
Nazanin Amirian   
Domingo, 21 de Xuño do 2009

 Nazanin Amirian-. As singularidades da teocracia que domina Irán desde 1979, deixa en papel mollado as experiencias das transicións de Sudáfrica, Chile ou España, que esixían acordos entre os grupos fácticos e reais aloxados no poder.

Dicía Marx, en "18 brumario de Luís Bonaparte" que os grandes feitos e persoeiros da historia universal aparecen, dúas veces, unha vez como traxedia e a outra como farsa. Salvadas as diferenzas, aquel francés e Ahamdineyad comparten técnicas de gobernar e ademais apóianse na mesma base social, coa diferenza de que o iraniano aínda está a tempo para escribir o final da súa historia. Ou non.

As singularidades da teocracia que domina Irán desde 1979, deixa en papel mollado as experiencias das transicións de Sudáfrica, Chile ou España, que esixían acordos entre os grupos fácticos e reais aloxados no poder. O sistema electoral da Republica Islámica (RI) impide o traslado do poder dun grupo a outro. A crise ao que se enfronta Irán hoxe é o resultado de dous conflitos principais: o choque entre as institucións dun sistema político baseado no Califato, contra os órganos que os aiatolás adoptaron dos sistemas representativos, como a Republica; pois, baixo a presión de millóns de persoas que derrocaran a monarquía e esixían unha república, tiveron que cambiar o seu plan de instaurar un Estado Islámico a unha República Islámica.

Así, a institución non electa de Welayat Faghih, Lider relixioso (figura inexistente en correntes non chiitas do Islam), hoxe represnetada por Alí Jamenei, concentra practicamente todos os poderes que tiña o Sha: o militar, o politico, o lexislativo e o juridico, ademais da facultade de vetar as decisions dos representantes do pobo. Até estas eleccións, as familias da RI, nun teatro electoral, presentaban como candidatos a homes, chiitas e fieis ao Líder (excluídos os non crentes, ateos, minorías relixiosas e as mulleres), e este entregaba o executivo a un deles. Con todo, e alí o segundo conflito, o pulso entre dous pesos pesados desta teocracia, Jamenei e Rafsenjani, chegou a tal punto que un debe eliminar ao outro, cumprindo a profesía de que "dous reis non caben nun mesmo reino". Tension acumulada desde as eleccións do 2005, cando Rafsenyani, candidato favortito nas enquisas, perdeu en favor dun desconcoido Ahmadineyad, a través dunha escandalosa fraude electoral.

Os cidadáns xa afeitos a estas loitas, non derramaron nin unha bágoa por quen é a encarnación da corrupción por excelencia. Hoxe, a situacion é outra: o paro, a inflación, as tensións na politica exterior, a dura represion sobre as minorias relixiosas e étnicas, as molestias das patrullas da moral relixiosa, e a falta de perspectiva para saír desta situación, levaron á sociedade a bordo de tal colapso, polo que, os reformsitas decidiceron volver probar a súa sorte para salvar á RI dun estalido, culpándo a Ahmadineyad-Jamenei da situación. Polo que Mohammad Jatami presentouse como candidato, para semanas despois renunciar, ao parecer polas presións do Lider. Logo, xunto con Rafsenyani apoiou ao ex ministro Musavi, co fin de crear unha ampla fronte de "non máis Ahmadineyad", quen tiña a intención de cambiar a Constitución para poder disputar infinitos mandatos.

As acusacións abertas de corrupción por Musavi cara a Ahmadineyad, demostraban que os reformistas ían en serio. Foi cando gran parte dos cidadáns decidiu apoiarlle. Que a pesar dunha participación sen precedentes, saíse Amadineyad da urnas, significaba que por terceira vez o núcleo duro da RI impedía unha saída pacífica á crise. A primeira vez foi en 1996, ao rexeitar un referndum para separar a relixión do Estado, e a segunda, cando puxeron fin á ficción da "democracia relixiosa" promovida polo presidnete Jantemi (1997-2005). Hoxe, o lema "onde está o meu voto", ademais da denuncia dunha fraude chapuza, é a expresión da conciencia de cidadáns que se negan que haxa figuras "incuestionábeis" e por riba da lei na Repúblca Islámica, que ignore os seus votos.

Co apoio do Líder a Ahmadineyad non só se pechan as vías dunha saída pacifica á crise, senón que Jamenei cometeu un grave erro: enlazou o seu destino co do seu protexido.

As fisuras profúndanse. O perigo dun enfrontamento civil medra. Pois, os privilexios que gozan varios millóns de integrantes dos corpos paramilitares, –como entrar na universidade sen pasar pola selectivdade ou converterse en funcionarios sen aprobar as oposicións, soldos atractivos, etc.– dificultan unha renuncia voluntaria por parte deles, polo que loitarán con capa e espada até o final. Jamenei pretende facer tempo, cansando aos manifestantes, ou acusarlles de provocar disturbios para declarar Estado de sitio, e emprender masivas detencións e execucións. Hai temor de que atenten contra a vida dos líderes do movemento, como se fixo con Binzair Buthoo en Paquistán.

Jamenei responsabilizou a Musavi do derramamento de sangue, o que se interpretou como dar luz verde aos militares para que castiguen sen piedade aos protestantes. Moitos detidos foron obrigados a confesar –tras recibir duras torturas–, perante as cámaras de queimar edificios publicos por ordenes da CIA e Mossad (anos atrás tamén incluían á KGB). Truco que a RI vén utilizando desde o seu nacemento para desacreditar e logo executar "por traizón ao Islam" aos seus adversarios.

Aínda están a tempo: convoquen novas eleccións con garantías e en presenza de observadores. O tempo esgótase, a paz afástase, e os inimigos de Irán prepáranse para pescar nas augas revoltas.


BLOG DE NAZANIN AMIRIAN

ENTREVISTA CON NAZANIN AMIRIAN


IMAXES DAS PROTESTAS DE IRÁN:
20 de xuño: http://www.youtube.com/watch?v=mzZGirbLiUo
http://www.youtube.com/watch?v=4tTB2P2pxqA
http://www.roshangari.net/as/sitedata/20090617103746/20090617103746.html
http://www.1canadian.org/2009/06/blog-post_5707.html
http://www.youtube.com/watch?v=ciT96AQslQs
http://twitpic.com/7mbhc
http://www.roshangari.net/as/sitedata/20090613175423/20090613175423.html

 


Nazanin Amirian
Sobre o autor ou autora:
Politóloga iraniana
Ler máis >>

 
< Ant.   Seg. >
PuntoGal
Ciberirmandade da Fala