| Irán: Verde, non de veludo |
| Nazanin Amirian | |
| Domingo, 21 de Xuño do 2009 | |
Nazanin Amirian-. Polo menos esta é a intención de quen se situaron, por accidente, á cabeza desta marea, que expón reivindicacións que van moito máis alá da denuncia dunha fraude electoral, apuntándo as estruturas que manteñen ao réxime en pé.
[Público] En busca de adxectivos que describan o actual movemento de protesta iraniana, o nome desta tea de suaves fíos foi utilizado tanto polos seguidores de Mahmud Ahmadineyad, como polos analistas estranxeiros, obviamente desde distintos puntos de vista e enfoques. Os primeiros, utilízano como unha grave acusación aos da "marea verde", lembrando que as chamadas "revolucións de veludo" de Xeorxia, Kirguistán e Ucraína foron movementos financiados pola americana Fundación Nacional para a Democracia (NED), co fin de desmembrar o espazo soviético. Deste xeito vinculan a os líderes do actual movemento de protesta iraniano a Wáshington e ata a Tel Aviv, para non só desacreditarlles, senón tamén levarlles ante os tribunais, por traizón á patria. Con todo, trátase dun movemento espontáneo dos cidadáns que curiosamente esta sendo dirixido por Hosein Musavi e Mohamad Jatami, que non gardan ningún parecido a Víktor Yushchenko, por exemplo. Para disipar calquera dúbida, está a afirmación do propio Musavi, insistindo de que non era da oposición, senón que pertence a altos organos do poder do réxime islámico. A ilusión dunha transición pacifica cara a un sistema diferente que respecte os principios dos dereitos dos cidadáns, esluíuse durante o mandato de Jatamí (1997-2005) e a súa "democracia relixiosa" ficou nunha simple ficción, non só porque un presidente carece de poderes reais en Irán, senón tamén polos seus medos a que se producisen fendas na teocracia reinante. Ambos os dous lideres volveron xurar a fidelidade á Republica islámica e non farán nada que prexudique, nin moito menos desmorone, o sistema teocrático. Polo menos esta é a intención de quen se situaron, por accidente, á cabeza desta marea, que expón reivindicacións que van moito máis alá da denuncia dunha fraude electoral, apuntándo as estruturas que manteñen ao réxime en pé. Esixir o recoñecemento dos seus votos, significa, querer participar na xestión do país a través dos seus representantes, mentres na Republica islámica é o Líder relixioso, encarnado en Alí Jamenei, órgano non escolleito, quen determina as liñas da política exterior e interior, ten dereito a vetar as decisións do parlamento e o presidente. É pouco probábel que as masivas protestas actuais dos cidadáns iranianos consigan unha transición pacifica cara a un sistema flexíbel coas súas esixencias. A fragmentación social, xerada polas políticas de favoritismo cara a un sector da poboación en prexuízo dunha gran maioría, pode levar ao país ao bordo dun enfrontamento civil. Inquietante panorama que discorre entre as guerras de Iraq, Afganistán, Paquistán e Xeorxia… e Irán no medio. BLOG DE NAZANIN AMIRIAN ENTREVISTA CON NAZANIN AMIRIAN IMAXES DAS PROTESTAS DE IRÁN:20 de xuño: http://www.youtube.com/watch?v=mzZGirbLiUohttp://www.youtube.com/watch?v=4tTB2P2pxqAhttp://www.roshangari.net/as/sitedata/20090617103746/20090617103746.htmlhttp://www.1canadian.org/2009/06/blog-post_5707.htmlhttp://www.youtube.com/watch?v=ciT96AQslQshttp://twitpic.com/7mbhchttp://www.roshangari.net/as/sitedata/20090613175423/20090613175423.html | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|























Nazanin Amirian-. Polo menos esta é a intención de quen se situaron, por accidente, á cabeza desta marea, que expón reivindicacións que van moito máis alá da denuncia dunha fraude electoral, apuntándo as estruturas que manteñen ao réxime en pé.

Os defensores do capitalismo global seguen ofrecendo eivadas respostas a retos que cada vez son menos os nosos.
Manoel Santos-. Para entender tan só un chisco o que acontece e queda por acontecer nos seis días que dura o Foro Social Mundial precisariamos cando menos un mes.