Plataforma Galega Antitransxénicos
Único xornal en galego
En solidariedade coas organizacións da Vía Campesina e ao Pobo de Honduras
Altermundo   
Luns, 29 de Xuño do 2009

Co obxectivo de profundar a democracia e lograr unha maior participación democrática, desde algúns meses as organizacións sociais de Honduras xunto ao Presidente Manuel Zelaya Rosales promoveron realizar unha enquisa, este 28 de Xuño do 2009.

Con gran sorpresa a dia de hoxe ás 05:00 am, as forzas armadas executaron un Golpe de estado ao Presidente Zelaya, truncando así, as aspiracións democráticas da poboación que se preparaba para realizar a enquisa popular.

Ao coñecerse a nova as organizacións sociais de Honduras, incluíndo ás da Vía Campesina saíron ás rúas a repudiar este feito e esixir o regreso do Presidente Zelaya ás súas funcións que a lei lle outorgou.

O goberno do presidente Zelaya caracterizouse por defender aos obreiros e campesiños, é un defensor da Alternativa Bolivariana das Américas (ALBA) e durante o seu mandato promoveu accións que benefician ao campesinado hondureño.

Cremos que estes feitos son accións desesperadas da oligarquía nacional e a dereita recalcitrante por preservar os seus intereses do capital e en especial o das grandes empresas transnacionaIs, polo que fai uso da forza militar e das institucións do país como o Parlamento, ministerios, prensa neoliberal e outros. Ante este repudiable feito , A Vía Campesiña internacional demanda:

  1. Reestablecemiento da orde constitucional, sen derramamento de sangue
  2. Chamamos ao Exercito que non reprima á poboación de Honduras que esixe o retorno da democracia
  3. Que se respecte a integridade física dos dirixentes sociais, incluíndo a Rafael Alegría, dirixente internacional da Vía Campesina.
  4. Esiximos o retorno do Presidente Zelaya ás súas funcións en Honduras
  5. Que as autoridades garantan en pleno exercicio democrático da consulta popular, enquisa a calquera forma de expresión libre.

Desde a Vía Campesina internacional estaremos pendentes pola sorte de nosos lideres e organizacións da Vía Campesina, ao igual do que poida acontecerlle ao pobo de Honduras, nestes momentos dificiles.

Ademais chamamos ás organizacións campesiñas e outros movementos sociais a protestar fronte ás embaixadas de Honduras, e a enviar cartas de rexeitamento ao golpe de estado ás embaixadas en cada un dos seus países.

Solidarizarnos coas nosas organizacións campesiñas en Honduras.

Comité Internacional de Coordinación (CCI) da Vía Campesiña

Globalicemos a loita!! Globalicemos a Esperanza!!

Mali, África 28 de Xuño do 2009


Altermundo
Sobre o autor ou autora:
Artigo inserido ou creado por Altermundo.org
Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >
Galicia Hoxe
Ciberirmandade da Fala