| As claves para entender que pasa en Honduras |
| Pere Rosiñol | |
| Luns, 29 de Xuño do 2009 | |
Pere Rosiñol-. O que se convocara para hoxe, o que os golpistas impediron, non era a reelección permanente de Zelaya nin a presidencia vitalicia.[Público] 1- O que convocara para hoxe, o que os golpistas impediron, non era a reelección permanente de Zelaya nin a presidencia vitalicia. Nin sequera a reforma da constitución. O que se votaba era un referendo non vinculante para preguntar aos hondureños se lles gustaría que nas vindeiras eleccións, nas de novembro, se votase tamén a creación dunha asemblea constituínte que reformase a carta magna. En resumo: era algo en aparencia tan inofensivo como preguntar se se podía preguntar por reformar a constitución. 2- A actual constitución de Honduras establece un mandato único aos presidentes de cinco anos. Zelaya remata o seu en novembro e, en calquera caso, non se podería presentar á reelección porque nesa data non estaría aprobada a reforma constitucional que el propón. Como moito, sería posíbel que en novembro se votase a posibilidade dunha reforma constitucional. El mesmo negou en varias entrevistas que teña intención de presentarse á reelección. 3- O parlamento está enfrontado co presidente entre outras cousas porque Zelaya, que concorreu ás urnas polo Partido Liberal (de centro dereita), fixo despois unha política de esquerdas e aliouse con Hugo Chávez. Hai uns días, o parlamento aprobou unha lei para prohibir que se celebrase calquera tipo de consultas 180 días antes dunhas eleccións. É unha norma ad hoc, feita para impedir o referendo de Zelaya. 4- O argumento que utilizou Zelaya para seguir adiante co seu referendo, a pesar das sentenzas e novas leis en contra, era que non se trataba dun referendo senón dunha enquisa. En Honduras, o voto é obrigatorio. Non así na consulta de Zelaya, onde o voto era opcional. Para sortear as sentenzas, a "enquisa" ía ser realizada polo equivalente hondureño ao CIS, o Instituto Nacional de Estatísticas. A oposición argumentaba que a consulta estaría manipulada, pois o reconto faríao un organismo que depende do presidente. 5- O Tribunal Supremo que ordenou a expulsión de Zelaya do país (segundo a surrealista explicación dos golpistas) non é un Tribunal Supremo equiparábel aos europeos. Para empezar, porque o seu nome completo é Tribunal Supremo Electoral, a súa composición emana do Parlamento (é dicir, dos partidos que están enfrontados con Zelaya, os golpistas que hoxe deron por bo o golpe militar) e entre os seus poderes está regular as eleccións pero non deter aos presidentes electos. Non é a primeira xogada desta "institución". Cando Zelaya, inesperadamente, gañou as eleccións, o TSE atrasou durante máis dun mes o seu acceso ao poder con escusas técnicas. 6- Como xuridicamente non está establecido que o presidente deixe de selo porque o exército o deporta, os golpistas falsificaron unha carta de renuncia de Zelaya –que o seu suposto autor negou– asinada hai uns días e onde se asegura que deixa ao cargo por motivos de saúde. O Congreso votou hoxe a súa destitución e o nomeamento dun novo presidente utilizándoa como argumento. 7- A oposición política ao presidente hai tempo que utilizaba ao poder xudicial para boicotear o seu goberno. Entre os casos máis surrealistas está o dun plan para reducir o consumo de combustíbel e a contaminación que se denominou "Hoxe non circula", a imitación doutro similar de México DF, que funciona desde hai anos. Zelaya pretendía obrigar a todos os coches a que parasen un día á semana. A Corte Suprema de Xustiza declarouno inconstitucional. 8- Está Estados Unidos detrás do golpe? Para variar, non. E tanto Obama como Hillary Clinton como o embaixador de EEUU no país foron claros respecto diso. Agora mesmo está reunida de urxencia a Organización de Estados Americanos (OEA), da que sairá nas vindeiras horas polo menos un novo comunicado de condena. |
| < Ant. | Seg. > |
|---|























Pere Rosiñol-. O que se convocara para hoxe, o que os golpistas impediron, non era a reelección permanente de Zelaya nin a presidencia vitalicia.
Carlos Taibo-. O desaloxo policial en Madrid dun centro social okupado, o Patio Marabillas, reabriu a magra discusión que entre nós provocan proxectos que, como ese, de ningún xeito son residuais. Bo é recordar que a presenza desta sorte de centros é, moi ao contrario, común en moitos dos nosos medios urbanos.
Mike Davis-. O noso amigo e membro do Consello Editorial de