| Rafael Alegría: "O pobo hondureño está saíndo masivamente á rúas contra o golpe" |
| Prensa de frente | |
| Luns, 29 de Xuño do 2009 | |
|
Rafael Alegría, dirixente campesiño de Honduras e membro da Coordinadora Internacional da Vía Campesina, está na clandestinidade perseguido polo goberno de facto. > Pronunciamento de Rigoberta Menchú (pdf)> Pronunciamento de Fidel Castro (Granma)
Cal é a situación esta noite, a partir do secuestro do presidente? Esta mañá produciuse un golpe de estado, levado adiante polas Forzas Armadas e que contou co apoio da Corte Suprema de Xustiza e o visto e prace das forzas de oposición representadas no Congreso. O presidente Zelaya foi secuestrado por integrantes do exército que irromperon encarapuchados no Palacio de Goberno. Tamén foi detida a Chanceler, Patricia Rodas. O Parlamento, co aval das forzas conservadoras do país, declarou a Roberto Micheletti, presidente do Poder Lexislativo nacional, como novo presidente en contra da vontade popular. Como reaccionou o pobo por estas horas? O pobo hondureño lanzouse masivamente á rúas contra o golpe de estado, o rexeitamento é xeneralizado. Para mañá luns 29, as tres Confederacións Sindicais do país, o Bloque Popular e as Centrais Campesiñas chamaron a unha folga xeral para mañá. Esta noite nas mobilizacións rexistráronse ataques a balazos por parte das forzas de seguridade. A partir da medianoite entra en vixencia o toque de queda por 48 hs. Temos entendido que vostede ten orde de captura? Así é, ditouse unha orde de captura contra a miña persoa. Actualmente atópome en Tegucigalpa, participando das mobilizacións populares, e pedín que interceda a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos, para garantir a miña liberdade e a miña integridade física. Hai algunhas horas difundiuse a información de que os militares detiveron varias representacións diplomáticas de países latinoamericanos. Que información ten vostede? Isto é correcto. Ata a Organización de Estados Americanos pronunciou unha dura condena e non recoñece a Micheletti, como novo presidente, á vez que solicita a inmediata devolución do cargo a Zelaya. Con respecto aos ataques diplomáticos, o embaixador de Venezuela, o de Nicaragua e o de Cuba estaban xunto á Chanceler Rodas en momentos que foron secuestrados polas Forzas Armadas. Sabemos que horas despois foron liberados os diplomáticos, non pasou o mesmo con Rodas e aínda non sabemos onde se atopa. Solicitámoslles aos pobos irmáns de toda a rexión que expresen a súa repudio ao golpe mobilizándose ás embaixadas do noso país en todo o continente. |
| < Ant. | Seg. > |
|---|























En comunicación telefónica con
Gustavo Duch-. A poboación do mundo é divisible? Por dous, por tres, por cinco? Complicado excepto para a FAO (Organización para a Alimentación e a Agricultura). Segundo puiden observar ó entrar no seu recinto durante o Cumio Mundial para a Seguridade Alimentaria esta institución divide a poboación entre tres: o mundo é divisible entre tres.
Entrevista a Esther Vivas en The Ecologist. "Agora mesmo, o comercio xusto non se pode entender sen o concepto de soberanía alimentaria e sen unha loita unida, no práctico, ás cooperativas de agricultura ecolóxica."