| A dobre moral de Obama, presidente dos EUA |
| Raúl Asegurado | |
| Luns, 29 de Xuño do 2009 | |
|
Raúl Asegurado-. Os USA están a desenvolver na actualidade máis dun centenar de accións militares no exterior dos seus límites territoriais, o que nos situa nun panorama de clara vocación -imperialista e- de tomar partido alí onde estimen que están os intereses que queira defender. Honduras non é unha excepción. É vergoñento que ante unha situación como a que se deu en Honduras as primeiras declaracións sexan as de pedir a non interferencia estranxeira e a resolución pacífica por medio dun diálogo libre… Linguaxe diferente para dirixirse a Cuba, Iraq, Palestina, Irán, Venezuela, etc... A doble moral ten unha sinxela explicación: os intereses dos USA en apartar do governo hondureño a Manuel Zelaya son evidentes, as razóns, tamén: política de achegamento a Hugo Chávez e a todos os líderes da Alianza Bolivariana para os pobos da nosa América (Alba) alternativa ao Tratado de Libre Comercio impulsado polos USA. O cambio de acción política do presidente hondureño non podía ficar sen consecuencias, na América Latina xa pasou o mesmo repetidas veces, como no caso de Monseñor Romero. Persoas que ocupan cargos de poder respaldadas polas oligarquías nacionais e extranxeiras que deciden mudar de “bando” e poñerse a traballar para os e as pobres serán perseguidas, exiliadas, asasinadas... Ante un atentado militar contra un pobo, contra a democracia e o respeito á soberanía, o presidente dos USA di, que eles, o pobo hondureño ten que resolver o conflicto. Só esta declaración chega para sinalalo como cómplice. Sen entrar a valorar o lugar estratéxico que historicamente foi Honduras para o control de Centroamérica así como para non deixar medrar o impacto do petróleo venezolano nesta rexión que non só financiou programas sociais senón que até mudou de “ribeira” ao seu presidente asentándoo xa coa esquerda continental dos Castro, Morales, Ortega, etc... Deixar perpetuarse un golpe militar, a violación máis clara da vontade colectiva dunha nación, é ser cómplice. Permitir que tras un golpe militar se inicie un episodio de diálogo entre os canallas traidores militares e as pequenas células que non estean no exilio é ser colaboracionista dunha situación que vulnera todos os tratados internacionais. Agora ben, todo fai indicar que non só o goberno dos USA é complice senón que hai motivos de sobra para pensar que son impulsores materiais desta situación. Alén de todo isto, o posicionamento da sociedade galega ten que ser claro e rotundo, esixindo a restauración democrática co presidente eleito Manuel Zelaya, así como presionar aos estamentos institucionais, Xunta de Galiza, Consulado honorífico Hondureño n´A Coruña, Ministerio de Exteriores do Reino de España, Governo do Reino de España; en que se tomen as medidas de presión necesarias, para elo:
| |
| < Ant. | Seg. > |
|---|
























Attac Galiza-. Por décimo ano consecutivo, comezan en Porto Alegre en Brasil cinco días de debates para extraer un balance e elaborar perspectivas ante a crise global. Representantes dos movementos sociais danse cita co fin de oporse ás ideas defendidas polo Foro económico mundial de Davos e preparar os dez próximos anos dun altermondialismo ampliado e reforzado.