| Vigo: a loita pola dignidade |
| Alfredo Iglesias Diéguez | |
| Martes, 30 de Xuño do 2009 | |
|
Alfredo I. Diéguez-. …o que está en xogo é a forma de xestionar a crise: a patronal pretende que quen paga a crise sexan os traballadores, mediante a conxelación salarial e o alongamento das xornadas laborais…
[Galicia Hoxe] En Vigo está a librarse unha dura batalla, a máis dura: a batalla pola dignidade. Os dous bandos enfrontados son a burguesía e o proletariado, as dúas clases antagónicas propias do sistema capitalista. Os seus actores concretos nesta batalla son: en representación da burguesía, a patronal do metal; en representación do proletariado, os traballadores do metal da provincia de Pontevedra, que loitan por un convenio xusto, un convenio que mellore as súas condicións laborais e os seus salarios, que lles devolva a estabilidade e a dignidade. Porén, no campo de batalla a patronal non está soa: ten da súa parte os aparatos do Estado, tanto os institucionais –nin o goberno conservador da Xunta nin o goberno socialdemócrata do Reino obrigaron a patronal a aceptar as xustas demandas da clase traballadora, mentres que si condenaron a violencia dos manifestantes na rúa a quen lles din que este non é o momento para esixir melloras salariais– como os represivos –as forzas de elite da policía teñen tomada a cidade de Vigo para restablecer a orde social subvertida polos manifestantes–; tamén ten da súa parte a outros sectores patronais, fundamentalmente os donos dos medios de comunicación, que se encargaron estes días de difundir a doutrina da patronal: moderación salarial para superar a crise, para o que todos temos que arrimar o ombreiro. A patronal, ao cabo, sabe que se consegue someter os traballadores do metal, ten doado o sometemento de toda a clase traballadora galega, menos combativa. A batalla é moi dura. Sabémolo, pois o que está en xogo é a forma de xestionar a crise: a patronal pretende que quen paga a crise sexan os traballadores, mediante a conxelación salarial e o alongamento das xornadas laborais, malpagadas ou impagadas; lembremos que cando un soldador gaña 1.200 euros é como consecuencia de traballar 11 horas diarias cuns ritmos laborais esgotadores e en moitas ocasións encadeando contratos laborais para manterse en activo. Esa é a realidade do obreiro metalúrxico a quen a patronal quere submiso, para o que non dubida en ameazar con peches e deslocalizacións; de feito, xa ameazaron con marchar a Portugal debido ás perdas xeradas por estes días de conflito. Fronte a esa agresión patronal, os obreiros non piden nada que non sexa de xustiza: suba de 0,5 euros por hora traballada e estabilidade laboral, que se non? A patronal sabe como gañar a batalla: primeiro, mantendo illados os traballadores do metal nos muros das súas fábricas; segundo, gañando a cidadanía para a súa causa ao mostrarse como vítimas duns obreiros insolidarios -por esixir un aumento laboral nun momento inoportuno, cando é oportuno para a patronal?- e ao presentar os manifestantes como violentos alborotadores da harmonía social que reinaba na cidade. Fronte a esa situación, o pobo vigués -o pobo galego, no seu conxunto-, ten que dicirlle alto e claro á patronal que está cos traballadores do metal, que está do seu lado na defensa da dignidade proletaria fronte á barbarie. Só así sairemos da crise. | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


























David R. Rodríguez-. …o intercambio sistemático de bens e de persoas que, após a repartición do pastel africano e asiático por parte das potencias imperialistas europeas do século XIX, acabaría por dividir o mundo entre un norte opulento e un sur explotado, botaba a andar.
Esther Vivas-. Mobilización contra o G8 en Sardeña do 2 ao 6 e xullo
Alfredo I. Diéguez-. Efectivamente, "calcúlase, afirma Esther Vivas-, que polo menos o 55% do investimento financeiro no sector agrícola responde a intereses especulativos", que só teñen un obxectivo: o incremento dos beneficios…