| A Amazonía española |
| Gustavo Duch Guillot | |
| Xoves, 02 de Xullo do 2009 | |
Gustavo Duch-. ...hoxe en día o 70% da Amazonía peruana está concesionada a compañías petroleiras que se superpoñen con territorios indíxenas, áreas naturais protexidas e mesmo con territorios de pobos en illamento voluntario.
"Gañamos, sentímonos triunfadores, pero é lamentable que o goberno, que puido solucionar isto antes, espere que se dea tanta violencia, que haxan tantos mortos, para derrogar estas leis". Estas son as declaracións de Salomón Awananch, presidente do Comité do paro amazónico, cando o pasado 17 de xuño o Congreso peruano anulou as chamadas "leis da selva". Dous meses de protestas, mortos, feridos e desaparecidos foron necesarios para facer retroceder os plans que Alan García tiña deseñados para levar a liquidación total -agora na crise parecía un bo momento: todo se liquida, todo se remata- o que este señor considera patrimonio persoal. Sen considerar que Perú ratificou convenios que garanten os dereitos indíxenas o seu goberno aprobou eses decretos que ampliaban os territorios amazónicos dispoñibles para malvendérllelos a empresas transnacionales dos EEUU e da Unión Europea. Por que demostraron tanta determinación os pobos nativos? Entre outras razóns porque xa coñecen as secuelas deste modelo extractivo-exportador. Como explican os investigadores Martí Orta e Joan Martínez Alier, do Instituto de Ciencia e Tecnoloxía Ambientais e da Universitat Autónoma de Barcelona respectivamente, hoxe en día o 70% da Amazonía peruana está concesionada a compañías petroleiras que se superpoñen con territorios indíxenas, áreas naturais protexidas e mesmo con territorios de pobos en illamento voluntario. Os conflitos ecolóxicos e sociais pódense describir e detallar (deforestación debido á presenza de vías de acceso, plataformas de perforación e oleodutos; contaminación debido a verteduras de petróleo e descarga de auga contaminada; desaparición da biodiversidade polas actividades de prospección sísmica, etc.) pero creo que, desde os nosos Territorios Libres de Petróleo, non somos capaces nin só de imaxinar. Como tampouco son capaz de imaxinar que deses dominios okupados as nosas estimables Repsol e Cepsa operan en 13 lotes por un total de 10 millóns de hectáreas, máis ou menos. Unha superficie equivalente ó 20% de España. Todo este sacrificio por sacar ó exterior uns millóns de barrís de petróleo que mmmm, dobraría a produción anual de petróleo da Amazonía Peruana o que non permitiría nin tan sequera fornecer o petróleo necesario para un día de consumo mundial. | |
Ver todos os artigos deste autor ou desta autora |
|
| < Ant. | Seg. > |
|---|























Gustavo Duch-. ...hoxe en día o 70% da Amazonía peruana está concesionada a compañías petroleiras que se superpoñen con territorios indíxenas, áreas naturais protexidas e mesmo con territorios de pobos en illamento voluntario.

Boaventura de Sousa-. Não há “uma única solução possível para sair da crise”. Há várias e estas, sem deixarem de ser econômicas, são sobretudo sociais e políticas. Contudo, o pluralismo, para ser eficaz, tem de ser equilibrado em sua publicidade. 
Joan Buades-. Entramos nos días decisivos e sen acordos crave á vista. O principal ten que ver coa redución de emisións para 2020 e 2050. Mentres toma forza a maquillaxe dos mercados de carbono, que poden acabar alentando a especulación financeira sen reducir as emisións. Desde o Klimaforum, a Conferencia Alternativa en Copenhague, álzanse voces denunciando este novo negocio.