| Honduras: antes e despois do golpe |
| Emir Sader | |
| Luns, 27 de Xullo do 2009 | |
Emir Sader-. O golpe militar contra o presidente Mel Zelaya en Honduras colocou un problema novo para o continente, a partir de vellos procedementos.
[Carta Maior] Apoiado na unidade das elites dominantes en torno ás FFAA, do Xudiciario e do Parlamento, foi dado un golpe que tirou do poder a un presidente legalmente elixido, que propuxera ao país unha Asemblea Constituinte –que incluía o dereito a reelección do actual presidente. A reacción popular de apoio ao presidente deposto foi clara e contundente, ao tempo que os golpistas conseguían manter – até agora, cando menos– a unidade das elites tradicionais, con apoios de sectores da poboación. Ao mesmo tempo, a condena internacional ao golpe foi unánime, con algunhas repercusións no plano económico –como a suspensión da venda subsidiada de petróleo venezolano e acordos co BID, conforme o país foi suspenso da OEA. Mais a condena internacional tense mostrado insuficiente, diante da actitude do goberno golpista. Zelaya aceptou as propostas do mediador, o presidente de Costa Rica, mesmo se elas impedirían que el retomase a proposta de convocatoria da Asemblea Constituinte, demostrando a súa disposición de pacificación e deixando claro que a intransixencia vén dos golpistas. Diante do impase, Zelaya anuncia o seu retorno ao país para buscar, pola vía da loita de masas –el mesmo fala de insurrección–, o mandato que lle foi outorgado polo pobo. Demostra combatividade e confianza no apoio popular. Pode volver á presidencia de forma similar á que retornou Hugo Chavez. Unha solución política permitiría que Zelaya ou un demandante directamente vinculado a el –fálase da súa muller, dado que non existe reelección na súper remendada constitución, agora resgada polos golpistas. Zelaya ten o dereito de someter ao pobo hondurenho o seu goberno e as propostas de afondamento das reformas que só comezou a colocar en practica no país –o suficiente para que as elites tradicionais, responsábeis pola situación do país máis pobre do continente, xunto con Haití, reaccionasen co golpe militar. Para América Latina é o momento de mostrar que os tempos mudaron, que tal como Venezuela inaugurou no seu día, os golpes militares serán derrotados polo pobo organizado. O golpe debe abrir un camiño novo en Honduras, cansada xa de ser unha “republica bananeira”, como foi caracterizada por un escritor norteamericano. Se houbo un antes e un despois do golpe en Venezuela, debe tamén haber un antes e un despois do golpe en Honduras. | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

Emir Sader-. O golpe militar contra o presidente Mel Zelaya en Honduras colocou un problema novo para o continente, a partir de vellos procedementos.
