| A derrota da verdade |
| David Rodríguez Rodríguez | |
| Mércores, 04 de Novembro do 2009 | |
|
O editorial que publicaba hai uns días o diario El País baixo o título La derrota de Zelaya sobre o desenlace do golpe de estado en Honduras –desenlace que só tería lugar tras un acordo entre o presidente electo democraticamente e derrocado manu militari Manuel Zelaya e o seu usurpador Micheletti– é todo el un despropósito facilmente resumible no seguinte parágrafo:
Nel recoñécese e celébrase que o golpe de estado conseguise impor os seus criterios, toda vez que se considera a Micheletti como un dos gañadores. Así mesmo, e en boa lóxica, recoñécese que se a vitoria de Micheletti é a vitoria de Obama, os intereses destes dous estarían do mesmo bando e, por último, recoñécese que de nada valen o que digan as urnas mentres o que vote a xente sexa iso que El país chama: «el fantasma del chavismo» e que a min me recorda a aquel outro fantasma que percorría Europa a finais do século XIX provocando que todas as potencias da vella Europa se unisen «nunha Santa Alianza para conxuralo.» Pero, por que o xornal da progresía (é un dicir) española, mostra ese aliñamento absoluto co máis reaccionario de Latinoamérica? Para coñecer a resposta, nada mellor que un libro moi recomendable que acaba de saír do prelo: Desinformación. Cómo los medios ocultan el mundo. (Pascual Serrano, 2009). No mesmo, a informada pluma deste cofundador da publicación electrónica Rebelión, convídanos a unha viaxe polo mapamundi da infamia, dos intereses económicos, da barbarie e da hipocresía. Un percorrido polas portadas de periódico, polas tertulias radiofónicas e polos platós de televisión para que coñezamos os verdadeiros motivos polos que ese cuarto poder capaz de eclipsar aos outros tres xuntos, conta o que conta da maneira en que o conta e cala o que cala da maneira en que o cala. Entón, e por retomar a cuestión, por que o xornal da progresía española mostra ese aliñamento absoluto co máis reaccionario de Latinoamérica? Serrano ofrece, e perdón pola longa cita, algúns argumentos que cómpre ter en conta á hora de respondérmonos esa pregunta:
| |
Ver todos os artigos deste autor ou desta autora |
|
| < Ant. | Seg. > |
|---|

