O goberno catalán rectifica
Jordi Calvo Rufanges   
Luns, 23 de Novembro do 2009

Jordi Calvo-. Se algo me gusta de Cataluña é que a democracia está máis asentada que noutros lugares.

Con isto non quero dicir que Cataluña sexa o paraíso da participación democrática, porque hai moito que mellorar e os vicios antidemocráticos son os mesmos que noutros lugares do mundo. Pero o caso do recorte na partida destinada a Cooperación nun 21% para 2010 é un bo exemplo de que as institucións democráticas catalás ás veces funcionan correctamente.

A Federación de ONGD mobilizouse con contundencia cun perfil netamente activista contra o despropósito de reducir de forma drástica o orzamento de axuda aos máis necesitados. As súas protestas tiveron o efecto desexado, polo menos aparentemente, xa que Carod Rovira comunicoulles onte nunha reunión convocada por el mesmo que o Tripartito presentará unha emenda aos orzamentos coa que se garantirá o mesmo gasto en Cooperación en 2010 que en 2009.

É unha boa nova que de confirmarse débenos facer congratularnos de que o goberno catalán e en concreto quen están implicados nese asunto, escoiten as demandas da sociedade civil e reaccionen a tempo. É de agradecer que non se repitan tics ditatoriais como os do Partido Popular cando non escoitou á inmensa maioría de españois reclamando a non participación na guerra de Iraq. De todos os xeitos, esperemos a que se confirme esta promesa, porque de non facelo é máis que probábel que teña consecuencias electorais no Tripartirto e en concreto en ERC.


Jordi Calvo Rufanges
Sobre o autor ou autora:
Economista e investigador sobre movementos sociais.
Ler máis >>

 
< Ant.   Seg. >