Berrando de Xenebra a Copenhaguen
Manoel Santos   
Martes, 01 de Decembro do 2009

 Os movementos antiglobalización están convocados a 7º reunión ministerial da OMC en Xenebra e á COP15 do clima en Copenhaguen.

 Invitamos a representantes de pobos indíxenas, movementos de pescadores e campesiños, organizacións de mulleres, comunidades afectadas polo cambio climático, grupos do Sur que participan no proceso de xustiza climática, iniciativas de resistencia ao desprazamento e á concentración da terra, os monocultivos e agrocombustíbeis, movementos de oposición ao réxime de libre comercio e as políticas neoliberais e todos os movementos que loitan por soberanía alimentar, a dignidade dos pobos, a xustiza climática, o pago da débeda ecolóxica, transición e alternativas de uso de enerxía e a produción, a unirse a nós nunha caravana de 12 a 18 días con movementos populares de todo o mundo. A caravana comeza con 5 días de acción en Xenebra durante a conferencia ministerial da OMC, co obxectivo de denunciar o bloqueo da OMC ás solucións reais ao cambio climático.

O 3 de decembro as caravanas saen de Xenebra nunha viaxe de 5 días para denunciar os vínculos entre a liberalización comercial e o cambio climático, en cidades como París, Bruxelas, Berlín e Hamburgo. O 9 de decembro as caravanas chegan a Copenhaguen a tempo para a Conferencia sobre Débeda Ecolóxica e outras actividades durante as conversas sobre clima, incluíndo os talleres propostos por OWINFS sobre Comercio e Cambio climático.

Porqué unir comercio e clima?

Unha análise crítica do proceso de preparación da COP15 mostra que os diálogos sobre o clima refírense a comercio e investimentos: o comercio de certificados de emisións, compensacións causadas pola concentración da terra debido aos monocultivos de agrocombustíbeis, investimentos en “tecnoloxías limpas” como megahidroeléctricas que levan a desprazamentos masivos. Ao tempo, a axenda de libre comercio da OMC non só promove estas desastrosas “solucións”, tamén bloquea moitas solucións reais que se necesitan urxentemente: o retorno a economías campesiñas –que producen masivamente menos gas carbónico que os agronegocios–, soberanía alimentar e soberanía enerxética descentralizada, garantindo os dereitos dos pobos das selvas contra as forzas de deforestación, a suspensión de dereitos de propiedade intelectual e tecnoloxías de mitigación do cambio climático para países en desenvolvemento.

O vínculo entre unha nova rolda da OMC e as negociacións sobre clima da COP15 mostra estratexicamente dúas cousas. Primeiramente, en nome da protección do clima e a reducción de emisións, a elite global está tentando presionar o proceso da OMC cara á intensificación do comercio de servizos ambientais, de emisións e a compensación de mercados e investimentos de tecnoloxía verde e grandes proxectos de enerxía e hábitats naturais. En segundo lugar, a elite gobernante quere usar o cubrimiento dos diálogos sobre clima da ONU para continuar negociando normalmente: estendendo o dominio dos monopolios transnacionais sobe os recursos vitais da agricultura, os bosques e a enerxía, garantindo os seus beneficios a través de subsidios estatais, saqueando os recursos do Sur Global para continuar o exceso de consumo e o desperdicio do norte e, sobre todo, evadir os inevitábeis cuestionamientos ao modelo de produción, sobreconsumo e beneficio.

A caravana convida a participar en eventos públicos, manifestacións e accións directas non violentas en Xenebra e na ruta a Copenhaguen para fortalecer unha axenda alternativa de cambio social e xustiza climática.


+INFO:
www.s2bnetwork.org
www.ourworldisnotforsale.org

A Caravana do comercio ao clima

 A idea dunha caravana xurdiu na última xuntanza de preparación da rede de acción pola xustiza climática en Copenhaguen en xuño deste ano. Moitos grupos que participan activamente na rede de Xustiza Climática Agora! así como na rede fronte ao libre comercio "O noso Mundo non está en Venda" apoiaron a caravana. Un grupo de preparación europeo empezou a estender invitacións a redes internacionais e a representantes de movementos sociais de base.

Datas e actividades da caravana

É importante que as e os representantes do Sur cheguen a Xenebra o 24 ou 25 para falar nas cidades achegadas de Francia e Suíza, co fin de promover a participación nas mobilizacións fronte á OMC. Antes da xuntanza ministerial, realizarase unha gran mobilización o sábado 28 de novembro nas rúas de Xenebra. É indispensable que neste evento se escoiten as voces de oposición desde o Sur Global. O 29 de novembro haberá obradoiros para o intercambio entre activistas de todo o mundo. A presenza de representantes de movementos de base do Sur durante as accións fronte á Ministerial da OMC (Nov 30-Dec 2) será aínda máis importante.

O Cumio da OMC rematará o 2 de decembro, o que deixa unha semana para viaxar a Copenhaguen. Nas cidades onde parará a caravana haberá unha variedade de eventos públicos, manifestacións, xuntanzas e intercambios. Até agora hai unha resposta positiva de seis cidades que recibirán á caravana, as visitas realizaranse en dúas rutas distintas, comezando en Xenebra o 3 de decembro:

1. Xenebra-París-Norte de Francia-Bruxelas-Hamburgo

2. Xenebra-Friburgo-Colonia- Berlín-Hamburgo

As dúas rutas atoparanse en Hamburgo o 8 de decembro e viaxarán xuntas a Copenhaguen o 9 de decembro. A COP15 xa comezaría, pero o período de actividades salientábeis para a mobilización internacional comeza o día seguinte. Xubileo Sur e outras redes fan un chamamento a unha Conferencia sobre Débeda Ecolóxica que empezará o 10 de decembro. Os días de acción contra a COP15 comezarán coa mobilización central do 12 de decembro. Nos días seguintes terán lugar distintos días de acción temáticos (agricultura, migración, produción…).

A rede para a mobilización "Acción pola Xustiza Climática" chama tamén a unha marcha masiva "Reclama o poder! Presiona por xustiza climática" durante un dos días máis importantes da conferencia coa intención de tomar de xeito non violentoa conferencia da ONU por un día, co fin de presentar unha axenda alternativa dos pobos nos corredores do local onde se realizará a conferencia.

Os días da acción rematarán o 18 de decembro, aínda que é posible que as negociacións oficiais da COP15 continúen se non se alcanza ningún acordo ou que talvez non consigan ningún acordo nesta xuntanza.

Rexistro e cooperación

Rexistrarse con Juergen, do Grupo de Planeación da Caravana, en: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver As persoas interesadas en participar na Caravana, poden tamén rexistrarse no evento Klimaforum: www.klimaforum09.org

O Klimaforum proverá dun espazo central para reunirse durante as xuntanzas de Copenhaguen e un programa para as organizacións da sociedade civil e os movementos sociais, chamados a achegar elementos para unha axenda alternativa de xustiza climática.

 


Manoel Santos
Sobre o autor ou autora:

Biólogo. Director e fundador de Altermundo.

Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >