FAQ do caso, recopilado polo xornalista de Egunkaria Imanol Murua para Sustatu.
1- Onde ten a súa orixe o caso Egunkaria?O caso ten a súa orixe nun informe da Garda Civil. Case dous anos antes que o peche de Egunkaria, os Servizos de Información da Garda Civil realizaron un informe sobre máis de vinte empresas do ámbito da cultura vasca e o eúscaro, e presentaron ese informe ao xuíz Juan Del Olmo da Audiencia Nacional o 6 de xuño de 2001. O informe leva o número 09/2001 e titúlase: Sobre a presunta vinculación dun armazón empresarial con financiamento da banda terrorista ETA. No informe, os investigadores da Garda Civil alegaban que esas empresas eran parte do armazón económico de ETA, sen dar indicios ou probas diso, simpemente baseándose en sospeitas. Para investigar máis a esas empresas, solicitaron ao xuíz medidas de excepción a aplicar a esas empresas e a varias persoas vinculadas a elas. O xuíz deu ese permiso. Así empezou o caso, sen que ninguén o soubese, dous anos antes de que pechasen Egunkaria. Que pasou nesa investigación? Fixéronse escoitas telefónicas, vixiáronse contas de diñeiro, se acuiduise a Facenda e á Seguridade Social en busca de datos sospeitosos. Pero non acharon nada: a investigación non deu o froito que esperaban os investigadores dos Servizos de Información da Garda Civil. Nese punto, decidiron dar un xiro á investigación. Do conxunto de empresas, pasaron a fixarse nunha delas: Euskaldunon Egunkaria. 2- En que se basearon para pechar Egunkaria? Cando a investigación sobre unha vintena de empresas non deu resultados, a Garda Civil concentrou a súa atención en Euskaldunon Egunkaria. Sobre que base o fixeron? Quitaron o po a uns papeis vellos de entre 1990 e 1993. E presentáronllos ao xuíz Juan Del Olmo. Son papeis incautados supostamente a catro membros de ETA, aínda que os documentos son anónimos. A Garda Civil di que os escribiron membos de ETA e de KAS. Nos documentos cítase a Egunkaria varias veces: que se o nomeamento do director, a recollida de fondos, as peticións de subvencións... Fálase de Egunkaria e de moitas outras cousas. En todos os documentos, cítase a Egunkaria desde fóra, desde o punto de vista de alguén que ten información e interese, pero nunca desde un punto de vista interno ou decisorio. A ninguén de Egunkaria impútaselle o envío ou redacción destes papeis, nin tampouco a súa recepción ou que estivesen ao tanto do seu contido. Algúns deses papeis xa eran coñecidos para a opinión pública, xa que se filtraron nalgunhas reportaxes xornalísticas na década dos 90. Houbo discusión ao redor deles, ata no Parlamento Vasco. Os documentos tamén eran ben coñecidos na Audiencia Nacional. Polo que se soubo máis tarde, eses papeis pasaron pola mesa do xuíz Baltasar Garzón, pero este xuíz decidiu que non había neles base para imputar a ninguén. Pero parece que ao xuíz Del Olmo chegáronlle os papeis noutro momento. E cos papeis, a petición da Garda Civil: que ordenase o peche de Egunkaria, para que así puidesen achar o que intentaba atopar a investigación inicial, as probas da conexión con ETA. É dicir, pecharon Egunkaria para poder atopar esas probas, non porque se dispuxese delas. Os catro membros de ETA aos que se incautaron aqueles documentos, presos todos eles, declararán no xuízo a proposta dos avogados da defensa. Trátase de Jose Luís Alvarez Santacristina Txelis, Carmen Gisasola, Txomin Aizpurua e Jose Maria Dorronsoro. 3- Que di a fiscalía sobre os papeis da acusación? En opinión do fiscal da Audiencia Nacional Miguel Angel Carballo, os documentos que o xuíz Del Olmo usou como base para o peche de Egunkaria non proban nada. O seguinte baséase no escrito emitido polo fiscal en decembro de 2006, fai xa tres anos. O fiscal mantén que os documentos incautados poden probar a relación entre ETA e KAS, pero non entre ETA e Egunkaria, ou entre KAS e Egunkaria. Os documentos mostran que ETA tivo interese no proxecto Egunkaria, xa que ía ser un xornal só en eúscaro, e quiso quizais, estima o fiscal, telo baixo control. A causa xudicial trata de probar que os imputados foron parte activa nese interese. Pero o fiscal non ve indicios no sumario de que iso sexa así: e tampouco se lles incautou ningún documento onde se mencione que ETA tomou parte en ningún aspecto da vida de Egunkaria. Está claro, en opinión do fiscal, de que o candidato a director de Egunkaria que se menciona (Martxelo Otamendi) non o é por iniciativa de ETA, senón que se lle comunica iso a ETA. Ante iso, ETA respondeu (segundo a interpretación da Garda Civil) do seguinte xeito: "Esa opción non nos parece moi mala, aínda que non o coñecemos demasiado". É dicir, que o control do nomeamento do director non cabe imputarllo a ETA, cando parece que tampouco o coñecían a fondo. É dicir, nin impón ETA, nin ninguén pide permiso a ETA nin nomea ETA a ninguén. Ou eses documentos non proban iso polo menos, en opinión da fiscalía. O fiscal tamén cre que á interpretación feita pola Garda Civil fáltalle solidez e que hai máis argumentos a favor dos imputados. . 4- Por que se bifurcaron o sumario principal e o económico?Cando pecharon Egunkaria o 20 de febreiro de 2003, detiveron a 10 persoas, tivéronas incomunicadas durante cinco días nos que foron interrogados, a maioría deles baixo torturas. Primeiro prestaron declaración policial ante a Garda Civil, e logo a xudicial ante o xuíz Juan Del Olmo. Rexistraron a sede de Egunkaria, e os outros lugares de traballo dos detidos (as revistas Jakin e Argia, a radio Herri Irratia, e a empresa de servizos de Internet Plazagunea, onde de paso botaron o peche a Egunkaria.com). Levaron numerosos computadores e miles de documentos. Pero nin nos interrogatorios feitos baixo presión aos detidos, nin neses miles de documentos, non atoparon respostas ou indicios que conectasen a ETA con Egunkaria. A premisa da investigación, que había conexións monetarias entre Egunkaria e ETA, seguía sen poder ser probada. Entón, deuse outro paso. O 16 de outubro de 2003, de novo ao redor da sede de Egunkaria no Parque de empresas Martin Ugalde, apareceron outra chea de gardas civís: Esta vez rexistraron e selaron varias empresas que tiñan relación con Egunkaria. De novo, requisa masiva de computadores e documentos, particularmente relativos ás relacións económicas entre esas empresas. Pero, igual que antes, tampouco apareceron as respostas esperadas nos interrogatorios, nin entre os miles de papeis económicos incautados. Nin rastro de ETA. Con todo, polo visto, atoparon outra cousa: supostas irregularidades económicas, na contabilidade, a fiscalidade, relacións con Facenda ou temas de subvencións. En todo caso parecen movementos realizados por empresas na súa maior parte deficitarias, que sobreviven con moito traballo no mundo do eúscaro, e que, se merecen ser xulgadas, corresponde á xurisdición ordinaria o facelo. Xa que eses datos non validaban de ningunha maneira a tese principal da Garda Civil, non mostraban indicios de ningunha conexión con ETA, o xuíz Del Olmo decidiu comezar un sumario dividido. Pero como, na súa opinión, esas supostas irregularidades cometéronas empresas ás ordes de ETA, o caso económico seguiu na Audiencia Nacional. E alí segue: logo deste primeiro xuízo, chegará a quenda do sumario económico. En certo sentido, pódese dicir que o sumario económico é consecuencia directa do fracaso da investigación principal. 5- Como avanzou a investigación tras o peche?A Garda Civil entrou no parque empresarial Martin Ugalde, sede de Egunkaria, por terceira vez o 1 de decembro de 2003. Ata ese día, a sé do xornal estivo selada. Durante 9 meses ninguén entrou. Pero ese día o xuíz Juan Del Olmo ordenou un novo rexistro. O mesmo Del Olmo veu a Andoain, localidade onde está sito o parque empresarial, cun secretario xudicial e acompañado por gardas civís. Levaron máis documentos desta vez, dun modo máis selectivo, polo visto, outra vez centrándose nos movementos económicos. Pero, por terceira vez consecutiva, deron en óso: non había documentación sospeitosa. No entanto, os investigadores da Garda Civil e o xuíz Del Olmo non se renderon. Aínda sen documentos probatorios de lazos económicos, crían que poderían demostrar que ETA financiou a Egunkaria. Como? A esas alturas Del Olmo xa estaba proporcionando argumentos baseándose nos informes da Garda Civil. Por exemplo, sostiña Del Olmo nos autos xudiciais, que os accionistas de Egunkaria Sortzen (grupo impulsor do que xurdiu Egunkaria) non eran auténticos inversionistas empresariais, senón que daban diñeiro porque eran seguidores de ETA, e ETA e as súas organizacións pedíronlles que achegasen o seu diñeiro. Del Olmo tamén descartou que o monto de diñeiro obtido por Egunkaria Sortzen en peditorios pobo por pobo non era "críbel", e de aí extraeu a conclusión de que só unha parte dese diñeiro era dos peditorios (auto de 16 de xullo de 2003). Del Olmo entendía estas recadacións como "peditorios de ETA" nas que "seguidores de ETA" eran a maior parte dos doantes. E ademais desas doazóns, incluíanse no monto outros diñeiros extras para capitalizar Egunkaria SA. Ese diñeiro quedaría, teoricamente en mans de persoas e empresas da confianza de ETA, en nome de moitos individuos que a pesar de ser doantes non obtiñan dereitos de accionistas nin control sobre a empresa: ese control era de ETA, polo visto. A cantidade de diñeiro que nas contas aparece como ingresada en metálico (orixinada nos peditorios locais) parécelle inverosímil a Del Olmo e só se lle ocorre unha alternativa: que o puxo ETA (auto de 30 de outubro de 2003) 6- Por que din as acusacións que Egunkaria comparte os obxectivos de ETA?A medida que os supostos nexos económicos entre ETA e Egunkaria facíanse máis inverosímiis, os investigadores da Garda Civil e o xuíz Del Olmo comezaron dar un xiro aos seus argumentos, intentado demostrar, con razóns bastante peregrinas, que Egunkaria era unha ferramenta ao servizo de ETA. A nova liña argumentaria, descrita en varios autos sucesivos de Del Olmo, baséase en que Egunkaria axudaba aos obxectivos de ETA na medida en que axudaba o uso e a normalización do éuscaro, a lingua vasca. Del Olmo sostén no auto de 30 de outubro de 2003 que ETA estima que hai que tecer unha rede que axuda ao éuscaro e ao seu ensino, e que para que avance o éuscaro hai que constituír certas infraestruturas. Como queira que Egunkaria impulso infraestruturas como o Parque Empresarial Martin Ugalde, aí está, iso serve a ETA. Segundo o auto, o Parque Cultural Martín Ugalde «é un proxecto que serve aos fins para os que se creou a práctica da acumulación de forzas deseñada pola banda terrorista ETA para ir sumando apoios e argumentos que lle permitisen alcanzar os seus obxectivos estratéxicos». Seguindo os informes da Garda Civil que nese auto Del Olmo engadiu ao sumario, eses obxectivos serían «a expansión do éuscaro e a eliminación do castelán en Euskadi, Navarra e País Vasco francés, para a instauración do seu Estado Vasco Socialista Reunificado e Euskaldun». Tamén menciona Del Olmo uns documentos de ETA de 1998 nos que ETA di que o éuscaro dá "personalidade e unidade a Euskal Herria". Polo tanto, cre Del Olmo, un xornal unicamente en éuscaro é fundamental para un proxecto de construción nacional, e todo iso, pois iso, serve a ETA. 7- Que foi das acusacións de tortura?De entre os 10 detidos da operación contra Egunkaria de febreiro de 2003, cinco denunciaron torturas: Txema Auzmendi, Xabier Alegria, Xabier Oleaga, Martxelo Otamendi e Iñaki Uria. Velaquí parte dos seus relatos: Iñaki Uria: “Logo de probar a bolsa, puxéronme unha pistola na cabeza e clic, disparaban. Outra vez, nunha cela de castigo moi escura, apuntáronme cun raio de infravermellos ao ano, coma se fósenme meter un pau no cu... Ameazáronme con porme os electrodos... Dixéronme que Martin Ugalde morrera e como chorei...”. Martxelo Otamendi: “Exercicios físicos interminabeis, ata rebentar, ata caerme e perder o alento, flexións, ameazas, insultos... e a bolsa, dúas veces. Advertíronme que era como un tren: que tiña a oportunidade de baixarme na primeira estación, porque así sufriría menos, porque aquí todos acaban cantando”. Xabier Oleaga: “Espíronme e puxéronme a facer flexións, tamén boca abaixo, ata que non podía máis. Nesa posición simulaban empuxarme ou pegarme cun pau de papel, cargaban a pistola e disparábanme sen bala, ás veces presionándome co canón na cabeza. Na cela de ao lado escoitábanse simulacións de berros de torturas, e ameazábanme dicindo que me ían levar ante esoutros, que tivera sorte por que eles eran bos.” Xabier Alegria: “Eu estaba totalmente atemorizado, e como me negaba a responderlles, de contado puxéronme a facer flexións e pegáronme uns golpeciños nos testículos. (...) Tiñan bolsas de plástico nas mans e facían ruído con elas preto dos meus oídos, ameazándome con facerme a bolsa. Aplicáronma dúas veces, e sentinme asfixiado”. Txema Auzmendi: “En canto entramos ao cuartel leváronme ao soto coa cabeza agachada e os ollos vendados. Sempre os ollos pechados e a cabeza inclinada durante os 5 días seguintes (...). No meu caso foi tortura psicolóxica, non física.” Estas cinco denuncias foron arquivadas sen que cheguen a xuízo. Pero Martxelo Otamendi presentou o seu caso ante o Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos. Cando se denunciou este trato atroz, o ministro de Interior Angel Acebes presentou unha querela contra os cinco, argumentando que as torturas foron presentadas por "orde de ETA". Dita querela foi arquivada. Na segunda operación contra Egunkaria, en outubro de 2003, o trato foi diferente. Ningún detido de entón denunciou torturas. Tampouco as denunciou Xabier Alegria en dúas ocasións anteriores nas que foi detido por ser de Batasuna: recibiu un trato correcto nesas operacións. 8- Cantas persoas serán xulgadas de entre todas as detidas?Nas dúas operacións contra Egunkaria detiveron a 19 persoas, e tamén chamaron a declarar como imputados a outras cinco persoas. Dos 24 imputados, finalmente serán xulgadas 10 persoas, en dous xuízos, tres desas persoas en ambos os xuízos. Dos dez detidos da primeira operación policial de febreiro de 2003, son cinco os que empezarán a ser xulgados o 15 de decembro: Joan Mari Torrealdai, Txema Auzmendi, Iñaki Uria, Martxelo Otamendi e Xabier Oleaga. Tres de entre eles, Torrealdai, Auzmendi e Uria, haberán de enfrontarse outra vez a un tribunal no xuízo do sumario económico, e xunto a eles estarán no banco outras cinco persoas: Joxe Mari Sors e Mikel Sorozabal, que foron detidos na operación de outubro de 2003, e outras tres persoas que foron chamadas a declarar posteriormente: Ainhoa Albisu, Begoña Zubelzu e Fernando Furundarena. Polo tanto, 12 persoas que foron detidas e incomunicadas pola Garda Civil en 2003 non serán xulgadas: Pello Zubiria, Xabier Alegria, Inma Gomila, Fermin Lazkano e Luis Goia de entre os que foron detidos na primeira operación, e Mikel Arrizabalaga, Juan Mari Larrarte, Eneko Etxeberria, Mikel Azkune, Amando Hernandez, Xabier Legarda e Angel Ramon Diez dos incomunicados na segunda. Xabier Alegria e Pello Zubiria estiveron imputados e pendentes de xuízo durante seis anos, ata que en xullo de 2009 a Audiencia Nacional decidiu celebrar xuízo e, no mesmo auto, decretou o arquivo das dilixencias contra estas persoas. No caso de Alegria, porque xa foi xulgado polo mesmo delito e un segundo xuízo non é posíbel (está en prisión, condenado por que se lle considera membro de ETA polo caso 18/98); e no caso de Zubiria porque a acusación prescribiu: deixou o cargo de director en marzo de 1992 e para cando abriron o sumario de Egunkaria xa transcorreran 10 anos. Inma Gomila, Fermin Lazkano e Luis Goia nin sequera foron imputados. En novembro de 2004, cando Del Olmo emitiu o auto do sumario principal non achou para encausalos " indicios dabondo de criminalidade". Luis Goia morreu en setembro de 2006. 9- Como evolucionou a posición da fiscalía? A fiscalía da Audiencia Nacional aliñouse coas teses da Garda Civil e do xuíz Juan Del Olmo no momento das operacións policiais contra Egunkaria. Insistiu nesa postura durante catro anos, pero en decembro de 2006, nun auto emitido o día 14, pediu o arquivo do caso, argumentando que non existía base algunha para xulgar a ninguén. Cando pecharon Egunkaria, o PP detentaba o poder en España, José María Aznar era presidente do Goberno, Jesús Cardenal era o fiscal xeral do estado, Eduardo Fungairiño fiscal xefe da Audiencia Nacional, e Olga Sánchez a fiscal dese tribunal asignada ao caso Egunkaria. Para cando a fiscalía cambiou de parecer, o PSOE xa levaba dous anos no goberno, e eran (aínda o son) Cándido Conde-Pumpido fiscal xeneral do Estado, Javier Zaragoza fiscal xefe da Audiencia Nacional, e Miguel Angel Carballo fiscal do caso Egunkaria. O cambio de opinión de decembro de 2006 non se basea en ningún xiro acaecido na investigación que leva aos fiscais a cambiar de opinión. A investigación estaba no que estaba, no seu punto de inicio, e o que argumentou a fiscalía era que non había, visto o visto, ningunha base para xulgar a ninguén, que os argumentos usados para pechar Egunkaria non probaban nada. Cabe entender que, polo tanto, non había base nin para pechar Egunkaria en 2003 nin para encausar a ninguén. Carballo puxo patas arriba a investigación da Garda Civil, a instrución do xuíz Del Olmo, e a actitude mantida pola fiscalía ata entón. Vaian como mostra algúns dos parágrafos literais daquel escrito da fiscalía de fai 3 anos: “O primeiro que convén destacar é que o procedemento baséase en documentos datados nos primeiros anos dos 90 -ata o ano 1993-, xa que logo paralelos á xestación e primeiros pasos do xornal, documentos, na súa maioría, se non todos, que xa foron, no seu momento, publicados na prensa nacional e que deron lugar ata a debates públicos e accións xudiciais baseadas no quebranto da honra de determinadas persoas sen que, con todo, nese momento, levase a cabo actuación xudicial algunha como a presente”. “Iniciado o procedemento e desenvolvida a investigación durante varios anos, non se atopa documento algún de data posterior que sosteña as conclusións incriminatorias do procesamiento, o cal, xa de seu, fala da dificultade probatoria de soster que o xornal Egunkaria ao longo dos dez anos de publicación tería sido un artificio legal para lograr o cumprimento dos fins dunha banda terrorista como ETA e que, con todo, non se atopou documento algún que o reflicta ou se describa unha liña editorial que o testifique”. “Como máximo, pode dicirse que se ocupan documentos a membros de ETA nos que se deduce interese do grupo armado no xornal, o cal é lóxico, pois ETA nos últimos tempos centrouse en causas socio-políticas para captar adeptos ou como reza ao auto para aumentar a "poboación de referencia"; pero unha cousa é que, nos albores do xornal, a banda estea interesada e informada da xestación do xornal, o cal era un feito público e notorio entón, e algo moi diferente, é que iso implique que se lle poida atribuír a súa creación, o seu impulso ou o seu control, e menos aínda aos xestores do xornal procesados na presente causa”. “A análise destes documentos pon de manifesto que a interpretación do seu contido realizada pola “G.Civil carece de solidez, e que existen outras interpretacións máis razoabeis pero favorabeis ao reo, pois se deducen claramente as reticencias dos dirixentes do xornal a unha proposta supostamente proveniente de ETA na que “non se queren pringar”, sen que esta actitude sexa compatíbel con quen debería estar controlado pola banda terrorista”. “A pregunta é evidente pois, se Egunkaria non é instrumento de financiamento ou de branqueo de fondos provenientes do terrorismo, nin o xornal dá un apoio expreso ou tácito ao terrorismo de ETA, nin se fomenta nin se lexitima a violencia de que lle serve ou lle serviu aos fins de ETA a actividade do diario Egunkaria?" “No auto de procesamiento recóllese, literalmente, que se buscaría obter subvencións fraudulentas a través do xornal Egunkaria cando, ETA, precisamente, interpreta que quen cobra subvencións acaba "Delmesticado" polo Goberno Vasco. En efecto, na causa cítase o Zutabe 74 do ano 1995 (medio de comunicación interno de ETA) ocupado ao comando Donosti, no que se cita a Egunkaria, entre outras institucións ás que, o Goberno Vasco, propón beneficialos con axudas económicas (subvencións) e, precisamente, nese zutabe ETA critica o uso de subvencións en Egunkaria pois iso pode servir para "domesticarlos", é dicir, que o rexeita, cando contraditoriamente é o que se atribuiría a ETA”. “En ningún momento consta que os procesados, ao longo dos máis de dez anos de publicación, dean cobertura ou proporcionado xustificación á actuación da banda terrorista ETA con identificación dos seus métodos e obxectivos”. “Xa que logo, non estando acreditado que o xornal Egunkaria servise para financiar á banda terrorista ETA ou para branquear capitais procedentes da mesma; non constando que o diario Egunkaria, e tampouco os procesados, servisen aos fins da banda terrorista ETA; non constando que os procesados lexitimen as accións terroristas ou exculpen ou minimizado o significado antidemocrático e de violación de dereitos fundamentais que leva a actuación de devandita banda, o cal podería terse feito de modo ata implícito pero con actos concluíntes; non constando que os procesados presten algunha axuda nin específica nin xenérica dirixida a apoiar en concreto a colaboración co terrorismo: resulta improcedente abrir o xuízo oral”. 10- Como é que se celebrará xuízo sen acusación pública ou particular?Desde que a fiscalía cambiou de posición, non hai acusación pública no caso Egunkaria. E tampouco houbo nunca acusación particular, posto que non existe ningunha vítima directo dos supostos delitos. O único que hai é acusación popular, que exercen a Asociación de Vítimas do Terrorismo e a asociación Dignidade e Xustiza. En opinión dos avogados da defensa, a lei de enxuizamiento criminal e a xurisprudencia rexistrada ata o momento non permiten celebrar xuízo cando só hai acusación popular. Pero non, neste caso, haberá xuízo. En principio, o caso Egunkaria ten similitudes, no que a este punto se refire, co procedemento do caso Botín, a acusación contra o banqueiro Emilio Botín. Como no caso Egunkaria, o fiscal do caso decidiu non presentar cargos contra Botín, e tampouco había acusación particular, só a popular. En consecuencia, a sala do penal da Audiencia Nacional arquivou ese caso en decembro de 2006, e o Tribunal Supremo ratificou esa decisión un ano máis tarde, argumentando que non pode haber xuízo oral co único concurso da acusación popular. É esta Sala da Penal a que xulgará o caso Egunkaria, e isto son parte dos argumentos dados no auto do caso Botín de 20 de decembro de 2006: “Isto [celebrar xuízo só con acusación popular] equivalería a permitir que calquera cidadán non prexudicado ou ofendido polo delito poida, pola súa soa vontade, actuar ata en contra dos intereses do prexudicado ou ofendido polo feito ilícito e en contra do criterio do fiscal”. “Se só pide a apertura unha acusación popular e o Ministerio Fiscal instaron o sobresemento, haberá de buscarse ao acusador particular pois a petición daquela por si soa non pode dar lugar ao ditado do auto de apertura de xuízo oral”. Pero o caso Botín levouse mediante o procedemento abreviado e o caso Egunkaria, é un sumario ordinario. E vese que para este caso non vale o que si vale para un procedemento abreviado. 11- Que din a AVT e Dignidade e Xustiza nos seus escritos de acusación?A fiscalía non ten nada de que acusar tras oito anos de infrutuosa investigación. Pero a AVT e a asociación Dignidade e Xustiza non cederon na súa teima, e seguen cos mesmos argumentos do principio: os papeis incautados entre 1990 e 1993 a algúns membros de ETA e as curiosas teorías que a Garda Civil sostén sobre os obxectivos de Egunkaria: en definitiva, que para o proxecto de ETA a promoción do éuscaro é fundamental e que Egunkaria é unha ferramenta importante para iso. Ao final, os únicos que defenden as teses da Garda Civil e o xuíz Del Olmo son DyJ e AVT. Velaquí unha frase entresacada do escrito de acusación da asociación Dignidad y Justicia: «Tanto o xornal Egunkaria como todas as empresas que formaron parte do mesmo foron creados por ETA a principios dos anos 90 e incluiuse dentro da denominada Comisión de Proxectos Udaletxe, que ETA creou para o financiamento da banda e o seu armazón». Os escritos de acusación din, pois: que ETA creou Egunkaria, que era unha ferramenta ao servizo de ETA, que era unha empresa integrada na súa rede financeira, que os responsables de Egunkaria eran da confianza de ETA, que o director nomeouno ETA e que os cinco acusados deste sumario principal son membros de ETA. Para os cinco, Dignidad y Justicia pide 14 anos de cárcere, e o mesmo pide a AVT, salvo no caso de Xabier Oleaga, para o que só piden 12 anos. 12- Que alega a defensa dos acusados?Esta frase resume a conclusión principal do escrito de defensa presentado polos catro avogados da defensa, Félix Cañada, Jose Mari Elosua, Iñigo Iruin e Ignacio Peláez: "Nin ETA, nin ningunha organización externa controlou nunca Egunkaria. ETA non interveu de ningún xeito, nin na creación de Egunkaria, nin na súa evolución". Os avogados cren que as acusacións que sosteñen DyJ e a AVT non teñen fundamento. Tamén estiman, como o mesmo fiscal, que os documentos achegados como proba, en realidade non proban nada. Os avogados examinaron cada un deses documentos supostamente intervidos a membros de ETA entre 1990 e 1993. Nos seus escritos, analizan o contido de cada un deles, e que conclusións cabe extraer dos mesmos. Algunhas desas conclusións aplícanse a todos os documentos, a saber; - Os autores dos documentos non están identificados.
- Todas as citas sobre Egunkaria están escritas desde unha perspectiva externa, de alguén que non está en Egunkaria.
- Os datos que se mencionan sobre Egunkarian eran do dominio público
- Todos os documentos eran coñecidos pola Policía e a Audiencia Nacional desde varios anos antes que as operacións contra Egunkaria.
- Non consta que nas reunións mencionadas neses documentos, ninguén tomase decisións sobre Egunkaria
- Todos os documentos son posteriores á creación de Egunkaria
- A ninguén de Egunkaria intervéuselle ningún documento que fale da intervención de ETA
- Non se interveu ningún documento que ETA envíe a ninguén de Egunkaria
- A única interpretación fiábel é que ETA tiña interese en Egunkaria, e información sobre o proxecto.
- A interpretación que fai a Garda Civil é errónea, e hai explicacións máis plausibles e racionais que a presentada polo instituto armado.
Os avogados tamén explicarán en detalle como naceu Egunkaria. O debate e movemento social que houbo nos anos 80 ao redor da necesidade dun diario, o xurdimento da iniciativa Egunkaria Sortzen ao final desa década, a campaña concreta que lanzou ese grupo: quen tomaron parte, as iniciativas recadatorias, e, finalmente, o nacemento de Egunkaria, coa creación da empresa Egunkaria SA e o seu accionariado concreto, o seu consello de administración e as xestións que levaron á designación dunha dirección para o diario; a rotativa e outras infraestruturas, as relacións co Goberno Vasco e outras institucións, axudas recibidas... Os avogados tamén describirán o papel de cada acusado en Egunkaria, como entrou no diario, e tras examinar os cargos presentados, pedirán a libre absolución para todos eles. 13- Quen xulgarán o caso?Un tribunal formado por tres maxistrados xulgará aos cinco imputados neste xuízo: Javier Gómez Bermúdez será quen presida o tribunal, e xunto a el estarán Ramon Sáez Valcárcel e Manuela Fernández Prado. Este mesmo tribunal decidiu, en xullo deste ano, que o caso non se arquivaba e que se ía celebrar xuízo só co concurso da acusación popular. O xuíz instrutor Juan Del Olmo, o que ordenou o peche e inicio todo isto, xa está fóra do caso. Javier Gómez Bermúdez é o presidente da Sala do Penal da Audiencia Nacional. É coñecido por presidir o tribunal que xulgou o 11-M, pero hai máis datos interesantes na súa recente biografía xudicial: é membro da asociación APM, de tendencia conservadora. Tomou parte en varios casos relacionados co País Vasco. Por exemplo, nos casos 18/98, de Jarrai-Haika e o xuízo contra as Xestoras Pro-Amnistía, foi o redactor de varios informes que emitiu a Sala do Penal en resposta a recursos das defensas. Neses escritos, Gómez ratificou sistematicamente as teses da acusación. É tamén un dos impulsores da chamada doutrina Parot, que na práctica estende a unha cadea perpetua a pena dos membros de ETA, cando o que antes había en España era unha pena efectiva máxima no cárcere de vintetantos anos. Ramon Sáez Valcárcel pasa por ser un xuíz de tendencias progresistas. De 1989 a 2001 foi membro do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) a proposta de EU. É membro de Xuíces para a Democracia, asociación á que tamén pertence Manuela Fernández Prado. 14- Que penas cumpriron os acusados aínda antes de empezar este xuízo?Se no xuízo que ha de comezar absolvesen aos imputados, ou se no subseguinte xuízo do sumario económico tampouco condenasen a ninguén, o caso é que a Audiencia Nacional xa fixou unha dura pena a Egunkaria, os procesados e os accionistas, subscritores e lectores que tiña o xornal. Detencións. A Garda Civil detivo a 19 persoas. Dez na mañá do 20 de febreiro de 2033, cando se pechou o xornal, e nove na operación subseguinte de 16 de outubro de 2003. Todos estiveron incomunicados, a mans da Garda Civil, ata que os levaron a declarar ante o xuíz ao cabo duns días. Torturas. Dos 10 detidos en febreiro de 2003, sete denunciaron malos tratos: aplicar unha bolsa de plástico na cabeza causando afogo momentáneo, pór unha pistola na cabeza simulando o disparo, flexións ata desfalecer, golpes nos testículos, insultos de carácter sexual... Cinco destas persoas presentaron denuncia por torturas, e nos cinco casos arquivouse a denuncia. Encarceramento: seis persoas coñeceron o cárcere neste proceso. Iñaki Uria pasou 17 meses e medio no cárcere de Aranxuez. Xabier Alegria pasou 21 meses e medio en Soto del Real, e agora está no cárcere pola súa condena no caso 18/98 a pesar de quedar fóra deste caso Egunkaria. Xabier Oleaga cumpriu oito meses e medio en Navalcarnero, Pello Zubiria case un mes en Soto del Real, e tamén na mesma cárcere estiveron tres semanas presos Joan Mari Torrealdai e Txema Auzmendi. Fianzas. Sete procesados, e outros oito imputados tiveron que depositar fortes fianzas para que a Audiencia Nacional os deixara en liberdade baixo fianza. Iñaki Uria 450.000 euros; Xabier Alegria 50.000; Oleaga e Otamendi 18.000; 12.000 euros cada un Inma Gomila, Pello Zubiria, Joan Mari Torrealdai, Txema Auzmendi, Fermin Lazkano, Luis Goia, Joanmari Larrarte, Joxe Mari Sors, Mikel Sorozabal, Mikel Azkune e Xabier Legarra.En total, case 700.000 euros. A maior parte dos procesados deben acudir a sede policial ou xudicial quincenal ou mensualmente, para asinar os papeis do seu condicional, e teñen prohibido saír do estado español. Martin Ugalde, quen fose presidente de honra de Egunkaria SA, tivo bloqueadas as súas contas bancarias, e non foron desbloqueadas ata que morreu. Peche e liquidación. O único xornal en éuscaro foi pechado dun día para outro. A medida foi cualificada de "provisional" ao comezo da instrución xudicial. A Audiencia Nacional procedeu a pechar a empresa e a prohibir a impresión de Egunkaria ao principio, logo executaron a liquidación da mesma, con axuda dun administrador xudicial. Hoxe en día, están liquidadas Egunkaria SA e outras empresas coas que formaba grupo: Atez Ate, Tolosaldeko Komunikabideak, Ardatz e Herri Informazioa. Pechadas para sempre, pase o que pase no xuízo que empeza. Traballadores. O peche de Egunkaria deixou a 180 persoas na rúa, sen traballo, tanto de Egunkaria SA como desoutras empresas. Pero os traballadores organizáronse e sacaron á rúa un xornal provisional de nome Egunero, que se publicou durante catro meses, desde o mesmo día seguinte do peche, ata que xurdiu Berria, novo xornal en éuscaro. Os primeiros accionistas de EKT, unha empresa nova constituída para sacar adiante Berria, foron precisamente eses antigos traballadores de Egunkaria. Lectores e accionistas. 15.000 compradores do diario e preto de 50.000 lectores quedaron sen o seu xornal de referencia polo peche ordenado polo xuíz Del Olmo. Moitos deles eran accionistas da empresa. Preto de mil accionistas achegaron capital para que Egunkaria xurdise en 1990, e outros centenares de persoas sumáranselles no accionariado para cando se pechou en 2003. Capital para o novo xornal. Habéndose pérdido todo o material, bens e arquivos do anterior xornal, o burato deixado por Egunkaria foi enchido pola iniciativa impulsora do novo diario Berria. O 21 de xuño de 2003 Berria naceu cun capital de 4.595.900 euros, achegados por miles de particulares e organizacións. 24.404 accións foron subscritas por eses cidadáns e organizacións. Custo económico do caso xudicial. Os imputados cren que o proceso xudicial, incluído o xuízo, vailles a supor un gasto duns 500.000 euros. De momento están facendo fronte a este gasto inxente con múltiples achegas dos comités de apoio. |