| Consume Xusto, tamén no Nadal |
| Amarante | |
| Luns, 04 de Xaneiro do 2010 | |
|
O Nadal son datas de consumismo e excesos por excelencia: mercamos regalos que non pasan de mediados de xaneiro, preparamos comidas custosas de produtos escasos, bebemos sen moderación e alumeamos a nosa casa até o exceso. A longa listaxe de artigos que adquirimos no Nadal e que non pasan de xaneiro é moi ampla. Ante isto, AMARANTE quere invitar a cidadanía a consumir de forma responsábel tamén no Nadal, a fin de conter os efectos nas economías familiares da crise financeira. Para iso propón unha serie de accións destinadas a concienciar a poboación de que é posible vivir con menos e mellor: Aforrar recursos como auga e enerxía axudará a aforrar cartos e evitará consumos innecesarios; Elixir produtos ecolóxicos e de comercio xusto. Respectuosos co medio ambiente e coa vida e o traballo de outras persoas; Mercar os teus agasallos no pequeno comercio a fin de dinamizar a economía local e crear emprego; Gardar os teus aforros na banca ética, seguros e alonxados dos riscos dos “activos tóxicos”; e Trocar, reparar, facer ti mesmo, reutilizar son formas distintas, orixinais e baratas de regalar e de vivir mellor con menos.. +INFO: Durante o Nadal a campaña “Consumo Responsable todo o ano” estará acompañada de diferentes actividades de concienciación que se poden consultar en: www.amaranteong.org | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

So o un por cento de todo o que mercamos habitualmente permane nas nosas casas pasados seis meses. Non ten sentido polo tanto seguir alimentando necesidades artificiais, é preciso buscar maneiras de vivir mellor con menos. Ante esta realidade AMARANTE deseñou este ano unha campaña de Nadal que se desmarca da mensaxe tradicional dirixida a comercialización e que pretende, por unha banda sensibilizar nun consumo responsábel e respectuoso coas persoas e co medio ambiente; e pola outra banda facer fincapé na denuncia dun modelo económico cimentado sobre o consumismo e a explotación dos recursos naturais do sur, que afonda na pobreza e na crise alimentaria dos pobos do mundo.