| Xenófobos de todo signo |
| Jordi Calvo Rufanges | |
| Mércores, 20 de Xaneiro do 2010 | |
|
Jordi Calvo-. A intención de non empadroar ás persoas en situación irregular de Vic, é dicir, de non considerar que teñan dereito todo o máis básico, por non ter os papeis en regra, está chegando máis lonxe do que parecía.
Alégrome, porque así debe ser, que logo dunha decisión política xenófoba e insolidaria reaccione a sociedade e se sitúen uns e outros a favor e en contra. Así sabemos de que pé anda coxo cadaquén. Quen o fan a favor poida que o fagan por réditos electorais, o que diría moi pouco da sociedade española actual. Aínda que me temo que esta é unha das razóns ás que se debe o comentario do líder do PP e é algo que sen dúbida "debemos facernos mirar". A inmigración é un dos poucos indicadores políticos que aínda serven para diferenciar á dereita da esquerda, se é que aínda está vixente esta distinción na política actual. O que non ten ningunha lóxica é que un goberno municipal como o de Vic non se foi ao traste, ao atoparse na coalición que o conforma partidos en teoría defensores dos dereitos e a igualdade (lembremos quen son, para evitar confusións: PSC e ERC). Seica esperan o PSC ou ERC que ao aceptar que o alcalde de CIU firme semellante proposta van conseguir máis votos nas vindeiras eleccións? Non se trabuquen, quen sairá beneficiado finalmente será o actual alcalde e ademais reforzará a súa posición o partido xenófobo por definición aínda na oposición. Ou falta moita coherencia na política deste país ou hai estatísticas en mans destes señores que din que a sociedade española que vota á esquerda non é o que parece. Se o PSC e ERC non toman medidas e non se desmarcan con rotundidade dos seus compañeiros de partido de Vic, deberían ir cambiando algunha das siglas dos seus nomes. | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|


