| Entrevista a Vandana Shiva |
| Tommaso Rondinella e Duccio Zola | |
| Luns, 02 de Outubro do 2006 | |
|
“As patentes están destruíndo os recursos naturais e os saberes locais. A única vía para resistir é a desobediencia civil”.
[Sen Permiso. Traducido por altermundo.org] Vandana Shiva acaba de publicar Os bens comúns da Terra. Do milagre económico hindú ao “suicidio das sementes”, análise dun planeta crecentemente convertido en refén das grandes corporacións transnacionais. Sementes e saberes patentados, privatización –expropiación– de bens comúns son as armas fundamentais das que se serven os álfiles do capitalismo remundializado e contrareformado en nome da globalización neoliberal, que para Vandana Shiva son as trasnacionais dos sectores agroalimentario e farmacéutico, sobre todo, xunto coa OMC, o Banco Mundial e o FMI. Entrevistáronlle para Il Manifesto Tommaso Rondinella e Duccio Zola. Cando arrinca a falar Vandana Shiva, as súas palabras teñen o ton sereno da argumentación. Mais cando chega ao núcleo da súa reflexión, o timbre de voz faise imperioso, coma se, a tal punto segura do que está sostendo, tivese que expresalo enérxica e fogosamente. Diplomada en física cuántica e en economía, veterana investigadora, Vandana Shiva é desas “científicas descalzas” que en certo momento da súa vida deixaron os laboratorios para estudar os “efectos colateralis”, é dicir, as consecuencias das súas investigacións e descubrimentos. Para esta hindú nacida nun estado do norte da India, o punto de inflexión chegou cando se viu envolvida nun proxecto do Banco Mundial que destruíra a economía local dunha rexión hindú. Desde entón abandonou a investigación científica para fundar en 1982, xunto con outros investigadores, o Centro de Ciencia, Tecnoloxía e Política dos Recursos Naturais. O primeiro resultado da súa nova actividade de estudiosa quedou condensado no libro Sobrevivir ao desenvolvemento. Desde entón publicou moitos ensaios, todos extremadamente críticos coa “globalización neoliberal”. Entre eles, paga a pena lembrar os seguintes: Biodiversidade, biotecnoloxías e agricultura científica ; tamén: Biopiratería. O saqueo da natureza e dos saberes locais; así como: Vacas sagradas e vacas tolas; tamén: O mundo baixo as patentes; e finalmente: As guerras da auga. De paso por Italia para dar unha conferencia –foi invitada polo foro da campaña Sbilianciamoci e participou na xuntanza Torino Spiritualità–, tivemos oportunidade de falar con Vandana Shiva sobre o seu último libro, Os bens comúns da Terra, que acaba de publicarse en Italia. O que trato de poñer de relevo son os procesos que xeran unha cultura de “explotabilidade”, fundada na capacidade de dispor de todo e de todos porque a todo e a todos se lles asigna un prezo. Esa condición, económica e cultural a un tempo, altera a forma en que nos pensamos os uns aos outros e o xeito en que nos relacionamos reciprocamente, e está nas raiceiras dun sennúmero de conflitos. Favorece a afirmación de “identidades en negativo”, baseadas nunha actitude excluínte, de rexeitamento do outro. Ese modelo de desenvolvemento, que nega dereitos, marxina e expropia está na cerna do fundamentalismo e o terrorismo. Dispara un proceso que non está inserido en cultura algunha, pero que se nutre da creación de persoas de “usar e tirar”. Por dar un exemplo, o crecemento da India do que informan os xornais de todo o mundo oculta expropiacións de terra nunca antes vistas. E a terra secuestrada é a dos pequenos campesiños, os máis pobres. As terras son logo adquiridas a prezos irrisorios polas grandes compañías transnacionis, que poden así producir a prezos rebentados. Iso está causando migracións masivas cara ás cidades, provocando o hacinamiento conurbano e causando un aumento da inestabilidade. En relación coa miña idea de democracia, o modelo neoliberal de globalización non é senón a dominación exercida por institucións supranacionais non democráticas, reféns dunhas poucas, poderosísimas, trasnacionais. A distancia é un factor illante. Por iso a práctica da localización, de poñer no centro os intereses e as lexislacións locais, reviste unha importancia fundamental. A localización permite asegurar a xustiza e a sostenibilidade. Iso non significa que toda decisión teña que tomarse a nivel local, senón que debe ser discutida e aprobada tamén a nivel local: as mellores decisións tómanse alí onde o seu efecto pode ser máis claramente percibido. É importante destacar que ese principio constitúe un imperativo ecolóxico. As crises medioambientais que aflixen ao noso planeta derivan dun descoñecemento do papel desempregado polos recursos naturais. Para resolver esas crises é necesario que as comunidades locais recuperen o control dos seus propios recursos, a fin de construír unha economía sostíbel. Reconquistar os bens comúns trae, pois, consigo a necesidade de poder exercer un control sobre a xestión estatal dos recursos, das decisións e das políticas de desenvolvemento económico. Pero ao propio tempo é necesario volver tomar posesión dos recursos privatizados polas transnacionais mediante os acordos da OMC e os programas de axustamento estrutural do Banco Mundial e do FMI. Na India, 36 millóns de mulleres causan baixa laboral por mor do aborto selectivo practicado nos fetos femininos. No mundo enteiro, a cifra chega aos sesenta millóns. O feticidio é a consecuencia directa da exclusión das mulleres dun sistema produtivo baseado na agricultura industrial, no consumismo, na mercantilización de todos os aspectos da vida humana. Sucede isto nas rexións agrícolas, pero sobre todo nas zonas urbanas e suburbanas. En Delhi achamos a taxa máis alta de alfabetización e os ingresos máis elevados de toda a India, e ao mesmo tempo, o maior número de actos de violencia sobre as mulleres, desde estupro, ata acosos sexual e asasinato por dote. O censo de 2001 rexistra en Delhi un oco demográfico de 140 mil nenas menores de seis anos. Paralelamente, o desenvolvemento da agricultura industrial, fundada en tecnoloxías costosísimas, no emprego masivo de fertilizantes e pesticidas químicos e na imposición das sementes xeneticamente modificadas, causa a bancarrota dos pequenos agricultores, incapaces de soster os custes e a concorrencia deses métodos. Só en 2004, 16.000 campesiños quitáronse a vida na India. Os suicidios dos campesiños pobres derivan do endebedamento provocado polo aumento dos custes de produción e do esborralle dos prezos dos produtos agrícolas. Os suicidios son o resultado inevitábel dunha política agrícola que protexe os intereses do capitalismo global e ignora os dos pequenos agricultores. Por iso non falo de suicidios, senón de xenocidio. Navdanya significa “novas sementes”, un nome que evoca a riqueza da diversidade e o deber de defendela fronte á invasión das biotecnoloxías e dos monocultivos da agricultura industrial. Xunto coas patentes que monopolizan os dereitos de propiedade intelectual introducidos pola OMC, pola convención para a biodiversidade e por outros acordos comerciais, as biotecnoloxías reducen a diversidade das formas de vida ao papel de materia prima para a industria e os beneficios. As sementes xeneticamente modificadas encerran aos pequenos agricultores nunha gaiola de débedas e mentiras. Por iso chámoas “sementes do suicidio”. Fanas estériles, a fin de que non poidan reproducirse e teñan que ser adquiridas cada ans polos campesiños a prezos elevados. As patentes das sementes son propiedade de transnacionais como Monsanto, que deste xeito se apropia das fontes de vida e dos dereitos de dúas terceiras partes da humanidade. Para facer fronte a esta situación Navdanya , que conta agora mesmo con 300 mil agricultores afiliados, creou economías locais alternativas que controlan os procesos de produción e distribución dos alimentos e asesoran aos productores locais. Os campesiños da rede adoptan cultivos biolóxicos diferenciados que protexen a fertilidade dos terreos e a biodiversidade, evitando o uso de fertilizantes químicos e de pesticidas. Deste xeito mellórase a productividade e o achegamento nutritivo das colleitas, chegando a recuperar ata o 90% dos custes de produción. As entradas son tres veces superiores ás dos agricultores que se serven de produtos químicos, non se xeran subproductos tóxicos nin danos á biodiversidade. Polo demais, o sistema de comercio equitativo que regula a distribución dos produtos protexe da inseguridade inherente aos mercados e das especulacións financeiras. Cultivo orgánico e comercio equitativo, en troques, ofrecen seguridade no plano das opcións alimentarias, da saúde e da estabilidade. De xeito que todos, agricultores, medio ambiente e consumidores, obteñen gran proveito. Fronte a unha situación tan grave, arriscaríasche a ofrecer unha posíbel vía de saída? Hai agora cen anos, en Sudáfrica, Gandhi rexeitou a segregación racial, afirmando o dereito de non obedecer a leis inxustas. A desobediencia civil implica a opción pola non-violencia e pola non-cooperación pacífica. Eu penso que tamén hoxe esta é a vía a seguir, comezando pola resistencia ao patentamento das sementes hindús. Na India está en discusión unha lei que podería traer consigo a prohibición do uso de sementes propias por parte dos campesiños. Sementes que durante miles de anos foron conservadas e transmitidas de xeración en xeración e de colleita en colleita, quedarían así desprazadas para dar lugar á comercialización de sementes carísimas producidas nos laboratorios de transnacionais como Monsanto. Nós sabemos que a variedade das sementes indíxenas, conservadas e seleccionadas localmente, representa a nosa garantía ecolóxica e económica, porque esas sementes variadas están en condicións de adaptarse perfectamente ás condicións climáticas e xeológicas das diversas rexións da India. Non se pode criminalizar a centenares de millóns de de pequenos agricultores que non están dispostos a someterse ao modelo agrícola imposto polas transnacionais. Para conquistar a nosa liberdade económica e política é necesario volver a outra vez a mirada a Gandhi, ás súas ideas de autogoberno e de autoproducción local. Nas túas intervencións non deixas de facer fincapé, a través de exemplos concretos, na posibilidade de reapropiarse dos bens comúns. Exemplos como o da mobilización contra a Coca Cola en Kerala… Un exemplo que demostra a posibilidade de vitoria por parte do movemento democrático global. A loita comezou en 2000 por parte das mulleres do Plachimada, unha pequena aldea de Kerala, sede dun establecemento da Coca Cola. Unha fábrica que chegou a consumir un millón e medio de litros de auga diarios, xerando seca en toda a contorna, que sempre fora rica en recursos acuíferos. Ao que hai que engadir o encono xerado polos refugallos produtivos e a contaminación dos terreos. As mulleres comezaron a poñer sitio aos muros do establecemento, a organizar manifestacións e sentadas, implicando a toda a comunidade da rexión. Decidiuse entón recorrer á Alta Corte de Xustiza de Kerala, que deu a razón ás mulleres do Plachimada, cunha sentenza histórica que afirma o carácter de ben público da auga: en 2004, o goberno rexional foi obrigado a pechar a fábrica. Iso produciu unha multiplicación das loitas en toda a India, e a formación dunha campaña nacional de boicot a Coca Cola e a Pepsi. A día de hoxe, máis de cincocentas entidades, entre aldeas, escolas e universidades, declaráronse “libres de Coca Cola e Pepsi”. Iso proba os ensinos de Gandhi: só tomando consciencia da nosa responsabilidade pódense conseguir os dereitos; só comezando a vivir libremente pódese conseguir a liberdade. *Vandana Shiva é directora da Fundación de Investigación pola Ciencia, a Tecnoloxía e a Ecología en Nova Delhi. Tradución do inglés para www.sinpermiso.info: Leonor Març |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

Libros