| Amayuelas |
| Gustavo Duch Guillot | |
| Xoves, 28 de Xaneiro do 2010 | |
|
Gustavo Duch-. Tres anos despois volvín a Amayuelas, como din os seus poboadores, unha vila normal e corrente, coma as de antes. Ó cruzar a Canle de Castela, xa en plena Terra de Campos, onde todo é cebada e trigo, sabes que che quedan poucos minutos para divisar as primeiras casas da vila. Un instante para saberte sorprendido. Porque Amayuelas de Abajo é o resultado cambiante das xenialidades dun grupo de persoas que decidiron nos anos 90 recuperar e repoboar a súa vila? que lles morría. Como tantas outras vilas Amayuelas sufriu cos cambios culturais da "modernización". As súas xentes cóntanme que de rapaces lles pedían ás súas nais que o bocadillo fora de chourizo Revilla -o que saía pola tele- feito en procesos industriais dunha calidade e sabor lonxe sempre do chourizo de matanza caseira. E, os que desde as cidades viamos entón o mundo rural, tamén pola tele, riámonos con algunhas películas de cine de Martínez Soria ou Alfredo Landa, verdadeiros exercicios de desprezo cara ó campesiño. A excesiva tecnificación agraria, o desmantelamento dos servizos municipais, etc, foron outros elementos clave que provocaron a marcha de moitas persoas e o declive da vila, que perdeu a principios dos anos 70, entre outras cousas a escola e o concello propio. O Amayuelas de hoxe é un municipio normal e corrente onde conviven as antigas casas de adobe con novas vivendas -en réxime de cooperativa- construídas rescatando as mesmas fórmulas de arquitectura popular: con auga, palla e terra, calquera pode levantar unha vivenda ecolóxica e bioclimática, como as de antes. No Albergue, un antigo casarón do século XVII sérvenche a comida producida toda polas familias da localidade: verduras da María José, polos de Jeromo, pan de Cristina, lentellas de Belén e viño de Melitón, todos eles produtos sen agrotóxicos, sen antibióticos na súa crianza? vaia, alimentos normais coma os de antes. Todo resultado de iniciativas individuais ou colectivas que xeran unha economía rica e diversificada no pobo. Normal, como era antes. E eu chegaba para as festas patronais. E entre as súas xentes, escoitando as charlas que organizan, os soños que teñen por diante, rindo, algo sucede, que non te sentes nin normal nin corrente. E atópaste mellor que antes. | |
Ver todos os artigos deste autor ou desta autora |
|
| < Ant. | Seg. > |
|---|

