| Os límites ambientais e de recursos do planeta |
| Carlos Taibo | |||||
| Martes, 02 de Febreiro do 2010 | |||||
Carlos Taibo-. Cambio climático, encarecemento inevitábel do prezo das materias primas, sobrepoamento, ampliación da pegada ecolóxica… A solución máis lóxica parece pasar porque o Norte opulento asuma un programa de decrecemento. Inclúe entrevista con Carlos Taibo.
| |||||
![]() |
A multiplicación dos ambroíños nun estanque adóitase empregar como metáfora dos límites do crecemento |
La Décroissance, revista francesa sobre decrecemento |
As correntes principais están en Francia e Italia |
Faremos uso dunha puñada de metáforas para retratar un problema central que está no núcleo do proxecto que reclama un activo decrecemento. A primeira delas lémbranos que, se parece evidente que, no caso de que un individuo ou unha colectividade tiren do seu capital, e non dos seus ingresos, a meirande parte dos recursos que empregan, isto conducirá inevitabelmente á quebra, resulta sorprendente que non se bote man do mesmo razoamento á hora de sopesar o que as sociedades occidentais están a facer cos recursos naturais do planeta, amoreados no transcurso de millóns de anos e dilapidados nuns poucos decenios.
Velaí a segunda metáfora: se chegamos á casa e comprobamos que o baño está asolagado, o primeiro que faremos, por lóxica, é pechar a billa. Non parecería razoábel que –como nos lembra Miklos Persanyi, outrora ministro húngaro do Ambiente– a nosa resposta consistise en colocar toallas no chan. E, no entanto, o que estamos a facer coa natureza axústase moito máis a un estéril despregue de toallas, toda vez que, falando en propiedade, non tomamos a molestia de pechar ningunha billa.
A terceira metáfora suxire que estamos nun barco que, a 25 nós, vai cara un cantil. E unha resposta acaída a que preconiza reducir a velocidade nunha décima parte sen modificar de xeito algún o ritmo? Serviranos de algo, sen asumir ningún cambio nese ritmo, chocar un chisco máis tarde co cantil? (Michel Serres). O mesmo razoamento o expresa Latouche cando sinala que, se tomamos o tren equivocado, non abonda con pedirlle ao condutor que reduza a velocidade: haberá que baixar do tren e montar noutro diferente. Ou, por dicilo dunha última maneira: se estamos pechados nun cuarto na que a forza do aire acabará por faltar, salvarémonos reducindo o ritmo da nosa respiración, no canto de procurar directamente unha saída?
A cuarta metáfora ten como protagonista un ambroíño. Supoñamos que nun estanque hai un ambroíño que se multiplica ao ritmo de dous por un cada día: se o luns hai un ambroíño, o martes serán dous. Conforme a ese ritmo, sabemos que o estanque estará enchido de ambroíños logo de 30 días. En cal deses 30 días o estanque estará ocupado na súa metade por ambroíños? Malia que un razoamento precipitado invita a responder que no día 25, a resposta correcta é o 29: ese día a metade do estanque estará cuberto de ambroíños, de tal sorte que, ao se multiplicaren estes por dous, a xornada seguinte os ambroíños cubrirán toda a superficie. No día 28 os ambroíños ocuparán a cuarta parte do estanque, o 27 unha oitava parte e o 26 un dezaseisavo. Poñamos que estamos no día 26. Malia que se poida aducir que non é tan grave o que fixemos, pois só unha pequena parte do estanque está cuberta de ambroíños, alguén con mellor xuízo haberá de replicar – e isto é, ao cabo, o importante– que o ritmo frenético das agresións desencadeadas nos coloca a só catro días do final.
Rematemos cunha quinta metáfora, esta de cariz alternativo. Latouche reivindicou, en relación con isto, o saber do caracol: “O caracol constrúe a delicada arquitectura da súa cunha agregando espirais cada vez maiores; a continuación cesa de súpeto e comeza a practicar espirais decrecentes. Unha única espiral máis no sentido crecente daríalle á cunha unha dimensión 16 veces máis grande. En lugar de contribuír ao benestar do animal, o sobrecargaría.
Tentemos cuantificar algunhas das consecuencias que se derivan das metáforas achegadas, en plena conciencia da razón que asistía a Kenneth Boulding cando afirmou que “quen pense que un crecemento exponencial pode proseguir indefinidamente nun mundo finito ou é un tolo, ou ben un economista”. Para asegurar o benestar da humanidade, o Banco Mundial estima que a produción debería ser en 2050 catro veces superior á de hoxe, para o que abondaría un crecemento anual do 3% acompañado de prácticas de bo goberno. O problema é que os límites do planeta invitan a pensar que é inconcibíbel un PIB mundial de 172 billóns de dólares, que é o que se rexistraría en 2050 (fronte os 43 billóns de hoxe). Cun crecemento do 3% anual, o PIB francés multiplicaríase por 20 nun século, por 400 en dous e por 8.000 en tres. No caso da China, de manterse niveis de crecemento anual da orde do 10%, o produto nacional bruto multiplicaríase por 736 logo dun século. Parece que está de máis subliñar que semellantes situacións serían literalmente insustentábeis. Latouche lembra, citando a Ariès e con conciencia dos límites do argumento, que os cálculos que nos ocupan poden empregarse, tras percorrer un camiño diferente, en proveito da tese do decrecemento: un decrecemento do 1% anual permitiría economizar un 25% da produción en 19 anos e un 50% en 69. Un decrecemento, en troques, do 2% anual reduciría a produción nun 50% en 34 anos, un 64% en 50 e un 87% en 100.
Se asumimos, por outra banda, que a demanda de minerais medrará até 2060 para proporcionar as cantidades necesarias a 11.000 millóns de seres humanos que consumirán como o fai nestes intres o anaco rico da poboación planetaria, o 43% das existencias dos 36 minerais máis cobizados evaporaranse, co que será literalmente imposíbel garantir o subministro a todos eses seres humanos; petróleo, gas, carbón e uranio desaparecerán, polo demais, nuns poucos decenios. No mesmo sentido, e tomando como base que garantir a alimentación dunha persoa nun país rico reclama da orde de dous hectáreas de terra, en 2060, e para permitir que eses niveis de consumo alimentario se estendan a 11.000 millóns de persoas, serán precisos 22.000 millóns de hectáreas nun planeta que só conta con 13.000 millóns. Engadamos, en fin, que se o consumo anual per cápita de madeira en EUA esixe 1,3 hectáreas de bosque, a extensión dese consumo a 11.000 millóns de persoas reclamaría dispoñer de 14.300 millóns de hectáreas, tres veces e media máis das dispoñíbeis. En xeral, as expectativas de crecemento de factores como a produción mundial de carne, a superficie regábel, os fertilizantes, a oferta de peixe, as terras dispoñíbeis para o cultivo de cereais e a xeración destes últimos teñen demostrado ser en exceso optimistas, co que parece servida a conclusión de que a produtividade biolóxica da Terra estase reducindo visibelmente.
Ridoux subliñou como ao longo da súa historia (un 99% do tempo) a especie humana viviu de xeito sobrio, exercendo un impacto moi feble sobre o ecosistema. As circunstancias mudaron, pola contra, nos últimos decenios. Digamos polo pronto que o ser humano transforma os recursos en refugallos de xeito máis rápido que o que o planeta exhibe á hora de reconverter eses refugallos en recursos. A través do consumo de combustíbeis fósiles, a nosa especie engule cada ano o equivalente a catro séculos de enerxía solar do pasado, co que habería que realizar un inconmensurábel esforzo para regresar a un escenario máis austero; de feito, cos actuais niveis de consumo é probábel que en 365 días esgotemos os combustíbeis fósiles forxados ao longo dun millón de anos. En paralelo, os seres humanos apropiáronse xa de entre un 25 e un 40% da produción primaria líquida do planeta –a cantidade líquida de enerxía solar convertida en materia orgánica das plantas coa fotosíntese–, un nivel extraordinario para unha especie que non representa sequera o 0,5% da biomasa animal da Terra. Estamos lanzando á atmosfera, en suma, dióxido de carbono en cantidades que esta non pode absorber, da mesma sorte que estamos consumindo auga en cantidades que non poden ser dispensadas pola choiva.
O problema principal non o configuran, como a miúdo se apunta, a China e a India: nace, antes ben, do que fixeron até agora os países máis ricos, ao que se suma, ben é certo, o que pode acontecer nos dous lugares anteditos. A China, en particular, cunha clase media crecente que desexa imitar moitos dos hábitos de consumo do mundo occidental, leva camiño de se converter no país máis contaminante do planeta e iso por moito que até hoxe a pegada ecolóxica que xera sexa seis veces inferior á norteamericana. Non pode esquecerse que a China está a reproducir o modelo de industrialización estadounidense de 40 ou 50 anos atrás, con empresas que empregan motores antigos e nada eficientes, e cun sistema de transmisión de electricidade tamén moi anticuado. Por unidade de produto interior bruto, a China consume dúas veces e media máis enerxía que EUA e case nove veces máis que Xapón.
Por tras de moitos dos problemas salientados barrúntase –non esquivemos o debate– un risco nada desprezábel: a posibilidade do fin da especie humana. Se o 99% das especies animais desapareceron ao longo da historia do planeta, por que non tería que acontecer o mesmo coa nosa?, tal e como o toma en consideración un libro recente –O mundo sen nós, de Alan Weisman– que atopou notábel éxito. Non nos faltan os relatos de procesos que ben poden servirnos de guía no que respecta ao que acontecerá se non terzamos en serio no asunto. Joel Levy resume un deles que, contido na obra de Jared Diamond, refire a historia da illa de Pascua: “A illa de Pascua posuía orixinalmente unha abundancia de árbores que formaban a base dun rico ecosistema, capaz de manter a unha considerábel poboación humana e a unha sociedade complexa de competitivas tribos gobernadas por reis. Esa sociedade desenvolveu un modelo de reinado no que a autoridade real derivábase do tamaño das estatuas que se erguían, un proceso que consumía cantidades insostíbeis de madeira. Se un rei tentase conservar os recursos arbóreos e non erixir estatuas, sería deposto ou derrotado por outro rei. O sistema era en si mesmo insustentábel. Cara o século XVI, a illa estaba deforestada, e non moito despois o ecosistema caeu, acabando coa sociedade retratada. Cando os exploradores europeos chegaron, descubriron unha poboación escasa e dispersa”. Levy conclúe: “A Terra sería semellante á illa de Pascua nunha escala planetaria. Se chegasen extraterrestres dentro dalgúns séculos, marabillaríanse perante os restos monumentais dunha civilización poderosa e se preguntarían como poderían ter sido creados polos baleiros petos de seres humanos que vivían unha existencia miserábel nun lugar ermo, tóxico e practicamente carente de recursos”.
O texto reproduce en galego as páxinas 66 a 71 do libro En defensa del decrecimiento. Sobre capitalismo, crisis y barbarie, de Carlos Taibo, editado por ‘Los libros de la Catarata’, Madrid, 2009. +INFO: www.catarata.org
FALAMOS CON CARLOS TAIBO

—Além dos evidentes benefícios para o planeta, os defensores do decrescimento propugnan que o benestar social podería ser muito maior. Cual é a base desta afirmação?
Frente ao crescimento de setores económicos antisociais e agressivos com a natureza, desenvolveriam-se os vinculados com a atenção das necessidades sociais e com o respeito do meio. Além disso, trabalhariamos menos, disporiamos de muito mais tempo para um ócio criativo e ganhariamos claramente em matéria de vida social. Como dizia um dos clássicos gregos, não é mais feliz quem mais tem, senão quem menos necessidades arrasta.
—Que a maior parte da classe politica sega a perseverar na necessidade de continuar com o crescimento economico entra dentro da ignorância, da cegueira, do medo…?
Explica-se fundamentalmente sobre a base da submissão que a maioria dos dirigentes políticos, também os sindicais, mostram em relação com os interesses das grandes empresas ou, o que é de fato o mesmo, pela sua aceitação dramática da ordem própria do capitalismo. É verdade, mesmo assim, que também há algo de cegueira: ainda que todos sabemos que vivimos num planeta limitado, o discurso dominante, muito relacionado com as eleições e as suas misérias, parece teimar na ideia de que podemos manter um crescimento sem límites. Devo agregar, isso sim, que o conceito de ‘medo’ aplicado nestes cenários tem mais utilidade para descrever uma política interessada e consciente encaminhada a conseguir que renunciemos a direitos e liberdades básicas para desta forma preservar uma parte significada dos nossos privilégios. Esta é uma estratégia central nos aparelhos de poder que regem hoje o mundo.
—E como haveria que aplicar o decrescimento. Com projectos autogeridos, com um programa politico, com um “comité central” para o decrescimento?
Considero que o do decrescimento tem de ser um projeto descentralizado nascido na base das sociedades. Uma das suas propostas principais reivindica, aliás, um exercício de ‘descomplexização’ que permita recuperar o local frente às armadilhas do capitalismo global. Neste sentido, coloco o descrescimento numa matriz de caráter libertário que se vincula de maneira estreita com a autogestão e a democracia direta. Nunca se sublinhará de maneira suficiente que estas duas são incompatíveis com o discurso do capital.
—De não assumirmos, como bem parece –vejamos por exemplo a desfeita de Copenhagua–, o Norte desenvolvido o decrescimento nos próximos anos, a que panorama pensas que estariamos avocados en termos de “ordem social”?
Devemos considerar seriamente a possibilidade de que se manifeste uma espécie de ‘ecofascismo’: nos estamentos diretores das sociedades opulentas cada vez há uma maior consciência no que diz respeito a escassez geral que se acerca e cada vez é mais clara a intenção de defender fómulas de darwinismo social militarizado orientadas a preservar numas poucas mãos esses recursos escassos. A reflexão sobre o que defenderam os fascismos há oitenta anos é cada vez mais necessária num momento como o de hoje.
- Outros artigos deste autor ou desta autora:
- Belém fronte a Davos
Ver todos os artigos deste autor ou desta autora
| < Ant. | Seg. > |
|---|






























Xavier Vence-. A verdadeira solución da crise non pasa por salvar o actual sistema financeiro coa actual arquitectura socioeconómica. Ao contrario, será preciso que esta se afunda, de xeito controlado, que perda a súa exuberancia, a súa libérrima autonomía e o seu poder omnímodo para marcar as regras de xogo de toda a economía.
Esther Vivas-. Chega a 2ª edición do Fòrum Social Català coa organización de case un centenar de seminarios e obradoiros, que levarán a cabo os días 30 e 31 de xaneiro na Universidade de Barcelona (Pl. Universitat), organizados por un amplo abano de organizacións, desde ONGs, grupos de consumo, ecoloxistas, sindicatos, estudantes, feministas, inmigrantes..., que suman un total de 120 colectivos.