| Movementos sociais contra o proxecto europeo |
| Altermundo | |
| Martes, 02 de Febreiro do 2010 | |
Por mor da presidencia española da UE, decenas de organizacións deciden unir forzas para expresar a súa repulsa ante o proxecto capitalista e neoliberal europeo.
A UE demostrou ser un armazón institucional antidemocrático ao servizo dos intereses das multinacionais e das elites dos estados membros. Sirva de exemplo a orientación econonomicista e contraria aos dereitos sociais básicos do Tratado de Lisboa , aprobado sen consultar á cidadanía (salvo en Irlanda, por imperativo legal). Para servir a eses intereses, a UE non dubida en rebaixar as condicións laborais e en facilitar os despedimentos e a destrución de emprego, como demostra a doutrina da “flexiseguridade”. Igualmente, defende con todo o seu aparello diplomático as estratexias comerciais e empresariais abusivas das empresas europeas en países do Sur. Non son poucas as organizacións que se opoñen a esta visión de Europa, rexeitando os mal chamados “Acordos de Asociación” –unha nova forma de “neocolonialismo” e de espolio da natureza e das poboacións do Sur–, o desmantelamento e a privatización dos servizos públicos, a política sobre as fronteiras ou o falso discurso ambientalista da UE. Case un cento de organizacións incidirán nestes e outros aspectos ao longo do semestre da Presidencia española da UE. Entre as accións de resposta: •6 de xaneiro. Foro Alternativo á xuntanza de ministros/as de enerxía e medio ambiente na cidade de Sevilla. •27-28 de xaneiro. Foro Alternativo á xuntanza sobre traballo de Barcelona. •17-19 de maio. Actos en paralelo á xuntanza da UE, e América Latina e O Caribe. •25 de maio. Mobilizacións contra a presenza de tropas da UE e EUA en Afganistán coincidindo co cume UE-UA de Madrid. •30 de maio ao 1 de xuño. Mobilizacións centradas na reforma da PAC e contra os transxénicos na reunión de ministros/as de agricultura en Mérida. •6-7 de xuño. Foro Alternativo e mobilizacións á xuntanza da Rexión Euromediterránea. Tamén haberá mobilizacións centradas no dereito á autodeterminacion do Sahara, coincidindo co cume UE-Marrocos de Granada. +INFO: www.enlazandoalternativas.org | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

NOVAS / CONVOCATORIAS 
.jpg)