Axenda global para febreiro de 2010
Altermundo   
Martes, 02 de Febreiro do 2010

Convocatorias publicadas no Suplemento Horizontal Altermundo de xaneiro de 2010.


CONSULTAR TAMÉN:


ASEMBLEA DE MOVEMENTOS SOCIAIS CONTRA ESTA UE

O 13 de febreiro. Madrid. Para a coordinación de actividades de resposta á presidencia española da UE e para preparar o Cumio Alternativo do Pobos (Enlazando Alternativas IV, 14-16 maio) en paralelo á xuntanza UE-América Latina-Caribe.

+ INFO: www.enlazandoalternativas.org

XUNTANZA INFORMAL DE TRANSPORTE NA CORUÑA

O 12 de febreiro no Pazo de Congresos da Coruña. Consello Informal de Ministros de Transporte da UE co tema: Transporte Urbano Sustentábel; mobilidade urbana. Anúncianse tamén mobilizacións de contestación social.

+ INFO: Axenda da Presidencia: www.eu2010.es

JORNADAS CONTRAINFORMATIVAS 2.0

 No C. S. Atreu! (A Corunha). Jornada contrainformativa (5/02-20:30h). Jornada redes sociais, web 2.0 (6/02-18:00h). O objectivo é analisar o estado actual da contrainfomaçom na infosfera galega e o uso das ferramentas que favoreçem a interacçom entre as comunidades e pessoas. Colectivos: Vieiros, Galiza livre, Altermundo, Indymedia, GzVideos, Kalimera, Galiza rebelde, Galiza libertaria, Olholivre, Chuza!, Blogaliza, Universidade Invisíbel, Ergosfera, Saramaganta, Casa das Atochas, Própolis, Gómes Gaioso, Atreu!, Fervesteiro, Trebelab, Hacktreu, Causaencantada....

+ INFO: atreu.info

NOVA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE

 Galiza Non Se Vende sae de novo á rua coa II Caravana de concertos e actividades. O concerto de presentación da Caravana será en Vigo, o Sábado 30 de Xaneiro ás 22:30 na Sala Farándula (Prza. de Portugal). A Caravana rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación nacional en Compostela.

+ INFO: galizanonsevende.org

CURSOS DA ESCOLA POPULAR GALEGA

 A Escola Popular Galega (Rua Real, 12. Vigo) quer ser um instrumento à disposiçom da comunidade nacional galega para exercer a soberania educativa a partir de um ensino solidário e crítico. Em centros sociais da Galiza. Próximos cursos: Introduçom ao género (Vigo, 6/02); A influência dos médios de comunicaçom na psicologia e no corpo da mulher (Vigo, 27/02); Aproximaçom a alguns aspectos da história da Galiza (Noia e Boiro, 13-14/02); Introduçom à história da Galiza para imigrantes (Ourense, 27/02); Propaganda, desenho gráfico e maquetaçom (Ames, 20/02). Aulas de reforço em galego para crianças imigrantes (Vigo, duas vezes por semana); Aulas de galego e lazer em galego para pré-adolescentes (Vigo, todas as segundas feiras às 19:00h).

+INFO: agal-gz.org/blogues/index.php/EPG/

CAMBIO CLIMÁTICO E NUCLEARES NA CORUÑA

Na Domus da Coruña o 1 de febreiro: Conferencia sobre cambio climático ou cambio de modelo de sociedade, por Emilio Fernández, profesor titular de Ecoloxía da Univ. de Vigo. O 8/02: Mesa Redonda sobre as evidencias do cambio climático en Galicia, coa participación de Juan José Taboada, meteorólogo de Meteogalicia e Antonio Bode do Centro Oceanográfico da Coruña. O 22/02: Conferencia “Nucleares, non grazas?”, por Josep Puig, profesor na Autónoma de Barcelona.

+ INFO: www.socialia.org

SANTIAGO DE COMPOSTELA, O NOSO PAN DE CADA DÍA

 Amarante e Verdegaia organizan o ciclo de cine “Coñecer para cambiar”, entre o 21 de xaneiro e o 11 de marzo. O 4 de febreiro proxectarase “Nuestro pan de cada día” de Nikolaus Geyrhalter. Aborda o día a día do proceso de industrialización e mecanización ao que se someten gandaría e agricultura. Ás 20.30 h. na sede conxunta (Romero Donallo, 17, Santiago) 

+INFO: www.verdegaia.org

Altermundo
Sobre o autor ou autora:
Artigo inserido ou creado por Altermundo.org
Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >