| Economía, sindicatos e crise (ecolóxica) |
| Manoel Santos | |
| Domingo, 07 de Febreiro do 2010 | |
Manoel Santos-. O da innovación tecnolóxica pode ser explicábel se a UGT ten ansias de máis neoliberalismo. Porén, é pouco recomendábel dende a óptica ambiental.Atrancados os "axentes sociais" do Estado en leas sobre como saír da crise, entre o despedimento libre de Adolfo Domínguez, os xogos coa idade de xubilación de Zapatero e os máis de catro millóns de parados, chaman a miña atención as solucións dalgúns sindicatos para saírmos da congostra da destrución de emprego. Para CCOO, por exemplo, cómpre dinamizar a economía con iniciativas de consenso, cousa que está moi ben, pero que é como non dicir nada. Un "ánimo compañeiros!" sería máis esperanzador. Máis concretos son en UGT, que ven imprescindíbel baseármonos nun modelo de impulso á formación, modernización tecnolóxica e aumento da produtividade. O da formación é entendíbel, por canto cadaquén defende o seu, e todos sabemos que iso dos cursos -á parte doutras canles de financiamento, en 2009 o Goberno transferiu 2.800 millóns de euros ás comunidades autónomas para programas de formación e inserción laboral-, amais de reportar moitos beneficios a centros e empresas privadas e axudar ao Executivo a maquillar as cifras do paro, é hoxe a meirande fonte de ingresos dos sindicatos. E éo porque as taxas de afiliación andan por un ridículo 15%, das máis baixas da OCDE. Sen dúbida algo terá que ver a pouca conciencia de clase dos traballadores e o fomento do individualismo nesta sociedade de libre mercado; mais tamén a incapacidade dos aparatos sindicais -e a profesionalización dos cargos- para reverter a involución das condicións de traballo nos últimos anos: máis precariedade, máis paro, salarios reais máis baixos e máis asalariados pobres. Pola contra, as taxas de afiliación das empresas ás patronais superan o 72%. Quen vai gañando a batalla? O da innovación tecnolóxica pode ser explicábel se a UGT ten ansias de máis neoliberalismo. Porén, é pouco recomendábel dende a óptica ambiental. Fronte a quen postula que, grazas aos avances tecnolóxicos, unha meirande industrialización e crecemento (PIB) non teñen por que supor máis extracción de recursos -que son finitos- e destrución ambiental, están os que afirman que as tecnoloxías eficaces incitan ao aumento do consumo, que é directamente proporcional á crise ecolóxica. Os teóricos do decrecemento chámanlle a isto "efecto rebote". François Schneider explícao ben: "O tren de alta velocidade vai máis rápido, polo que nos desprazamos máis e consumimos máis enerxía. A casa está mellor illada, mais cos cartos que aforramos en calefacción mercamos un segundo coche?". Por último, a produtividade. Unha análise profana lévanos a concluír que neste mundo economicista unha maior produción por unidade de traballo só poder ter dous resultados: ou menos necesidade de empregos, ou unha sobreprodución enfermiza que redundaría nunha meirande crise ambiental. Un exemplo de Olivier Marchand: na Francia dos dous últimos séculos, mentres a produtividade horaria do traballo se multiplicou por 30 e a produción por 26, o emprego só por 1,75. Pouco rendemento para | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

Manoel Santos-. O da innovación tecnolóxica pode ser explicábel se a UGT ten ansias de máis neoliberalismo. Porén, é pouco recomendábel dende a óptica ambiental.