Soberanía alimentar en Altermundo
Altermundo   
Martes, 02 de Marzo do 2010

A toma en consideración da Soberanía Alimentar podería dar resposta ás incontábeis crises dun mundo no que, de xeito totalmente irresponsábel, consumimos o que non producimos e producimos o que non consumimos. Xa está dispoñíbel o número 34 do suplemento Altermundo en pdf.


ESPECIAL SOBERANÍA ALIMENTAR : PRODUCINDO CON SENTIDIÑO

A pouco que leamos algúns dos documentos xurdidos da V Conferencia Internacional da Vía Campesina, celebrada en Maputo (Mozambique) en outubro de 2008, poderiamos concluír que de alí agromou a que se cadra é unha das declaracións [páxs. 2 e 3] máis lúcidas e realistas para combater as diferentes crises que asolan o planeta e maila humanidade. O desenvolvemento da soberanía alimentar dos pobos [páx. 5], que fala dunha produción de alimentos intimamente ligada á terra, ao local, e polo tanto á súa cultura e ás súas xentes, podería dar resposta non só a crise alimentar planetaria, senón tamén ás crises enerxética e ambiental –moito máis serias que a financeira– que están a pór en perigo a vida no planeta. Por mor da celebración na Galiza das Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar organizadas pola ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) en Compostela (27 e 28 de febreiro), ALTERMUNDO leva ás súas páxinas unha idea e un modelo que enfronta o campesiñado cos gurús das finanzas e intitucións como a OMC. A economía real e sustentábel fronte á virtual. As opcións locais [páxs. 6 a 9] fronte aos millonarios rescates económicos que só teiman na reprodución dun sistema tan fracasado como suicida.


PAX 2. SOBERANÍA ALIMENTAR.  A VÍA CAMPESINA E O TEMPO DUNHA IDEA, por Luís Hernández Navarro (Coordenador de opinión do xornal mexicano La Jornada) e Annette Aurélie Desmarais (Profesora de estudos xudiciais na Univ. de Regina)
PAX 3. SOBERANÍA ALIMENTAR. O MILLO E A COMUNALIDADE, por Melquíades Cruz e Rafael Xaneiro (construtores-tecedores de pontes interculturais)
PAX 4. PENSAMENTOS. COMO NOS IMOS ALIMENTAR? , por Gustavo Duch Guillot (Editor da revista "Soberanía Alimentaria, biodiversidad y culturas"; EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES, pola Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres.
PAX 5. MISCELÁNEA. Dicionario do Altermundo (SOBERANÍA ALIMENTAR); Quen é quen: DOT KEET ; O que ler: COCINANDO EL PLANETA, de V. Martínez e F. García; Rede de redes: OBSERVATORIO DA DÉBEDA NA GLOBALIZACIÓN; Imprescindíbel: QUEN SON OS NOVOS DONOS DA TERRA NO MUNDO?
PAXS 6-7. POLO MIÚDO. CONSTRUÍNDO SOBERANÍA ALIMENTAR DESDE GALIZA, por Xosé María García (Coordenador Técnico da Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos)
PAXS 8-9. QUE É O QUE DI... ENTREVISTA A CARME FREIRE (Secretaria Xeral do SLG), por Manoel Santos (Altermundo)
PAX. 10. CONVOCATORIAS. PODEN SER SUSTENTÁBEIS AS CIDADES DO MUNDO? V FORO URBANO MUNDIAL; DÍA DE ACCIÓN MUNDIAL POR PALESTINA; E SE ESTIVÉRAMOS 24 HORAQS SEN MIGRANTES?; III ACCIÓN GLOBAL DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES; DÍA DE ACCIÓN CONTRA A VIOLENCIA CARA AS MULLERES; CONFERENCIA INTERNACIONAL SOBRE DECRECEMENTO;CURSO SOBRE DECRECEMENTO NA CIDADE DE VIGO; XXV ENCONTROS DE EDUCACIÓN PARA A PAZ; CARAVANA DE CONCERTOS DA REDE GALIZA NON SE VENDE.
PAX. 11. POLÍTICO-SOCIAL. A ROLDA ABRE CANCELAS DE FUTURO, por Xurxo Martínez (Filólogo)
PAX 12. O REMATE. BOCATA DE CHOCOLATE, por Marga Tojo (Altermundo). Viñeta de Kalvellido. PENSA-M(i)ENTOS CONTRA O CULTIVO DAS MENTES, Sección de Gustavo Duch. DICCIONARIO DA NOVA ORDE MUNDIAL (Extractos) por Eduardo Galeano.

PREME NA IMAXE PARA BAIXAR O PDF (3,5 Mb):


Altermundo
Sobre o autor ou autora:
Artigo inserido ou creado por Altermundo.org
Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >