| De São Paulo a Galicia, pasando por Palestina |
| Altermundo | |
| Mércores, 03 de Marzo do 2010 | |
|
O Foro Mundial de Educación Infantoxuvenil, recentemente celebrado en Osasco (São Paulo, Brasil), iniciou as tres actividades que terá o Foro Mundial de Educación en 2010, xusto cando se cumpren 10 anos da súa existencia. Palestina e a multiculturalidade, en outubro, e Galicia e a cultura de paz, en decembro, serán os vindeiros pasos.
Manoel Santos, representando ao Seminario Galego de Educación pola Paz (SGEP-Fundación Cultura de Paz), e ao Comité organizador do Foro 2010 en Compostela, que amais dunha serie de congresos académicos e xuntanzas de alto nivel xirará en torno a un Foro Mundial de Educación (FME) temático –por primeira vez en Europa– sobre educación, investigación e cultura de paz, estivo en São Paulo invitado pola prefeitura de Osasco e o Instituto Paulo Freire, para participar neste primeiro evento do ano, así como para transmitir o convite galego ao evento de Compostela en decembro e observar diversos aspectos da organización. En Osasco aconteceron consecutivamente dous multitudinarios eventos sobre educación. Primeiramente, entre os días 23 e 25 de febreiro, un Encontro Internacional de Educación organizado pola Secretaría de Educación da prefeitura de Osasco, ao que asistiron máis de 5.000 persoas entre profesionais da educación, representantes de autoridades do poder executivo, xudiciario, lexislativo, alumnos e alumnas, familiares e representantes de organizacións gobernamentais e non gobernamentais de máis de 15 países. Neste grande evento, a representación galega tomou parte no acto de abertura e mais na conferencia de peche do día 25, con 3.000 asistentes, que xirou ao redor da Educación como Dereito Humano. Na dita conferencia, Manoel Santos dou conta do traballo desenvolvido en Galicia polo Seminario Galego de Educación para a Paz, así como dos perigos que corre a educación pública en Europa por causa da súa mercantilización, e convidou a todos e todas as participantes a viaxar a Galicia en decembro, cando se desenvolverá o Foro 2010 de Compostela. O segundo evento de Osasco foi un Foro Mundial de Educación Infantoxuvenil, ao que asistiron máis de 3.500 persoas, entre eles 1.800 nenos e nenas das escolas paulistas, que participaron de decenas de actividades autoxestionadas e un bo número de presentacións de experiencias educativas de todo o mundo. O representante galego, xunto aos membros do Consello Internacional do FME, os organizadores dos foros de São Paulo e Palestina e diversas autoridades, participou do acto de abertura saudando aos presentes e convidándoos novamente ao Foro de Compostela. Entre outras actividades, Manoel Santos participou tamén nunha serie de xuntanzas informais do Consello Internacional do FME, do que forma parte o SGEP xunto a outras 50 organizacións planetarias, ao que se lle informou dos preparativos para o Foro galego e no que se trataron temas como o 10 aniversario do Foro Social Mundial e os preparativos do vindeiro, que será en Dakar (Senegal) no xaneiro próximo. Así mesmo, Santos acudiu convidado o día 26 á inauguración dun novo Centro Educacional Integrado (CEU, que tamén fai referencia ao ceo) nunha das moitas favelas de Osasco. Os CEU, son grandes instalacións divididas en tres módulos –educación, deporte e cultura– que tratan de substituír nos barrios máis pobres ás chamadas “escolas de lata” e que cambian non só a educación nestas comunidades, senón tamén a vida de todo o barrio. O CEU recén inaugurado recibiu o nome da Dra. Zilda Arns, en homenaxe á presidenta da Pastoral da Criança, morta o mes pasado vítima do terremoto no Haití. DE PALESTINA A GALICIAO segundo evento asumido polo FME este ano acontecerá en 6 cidades palestinas entre o 27 de outubro e o 1 de novembro. Tratarase dun FME temático sobre multiculturalidade. Seguidamente, entre o 3 e 15 de decembro de 2010, terá lugar o Foro 2010 de Compostela. Este contará, amais dunha xuntanza do Consello Internacional do FME, cos seguintes eventos,:
Durante o mes de marzo comezarase co proceso de inscrición e presentación de actividades autoxestionadas –para o Foro Mundial de Educación temático– e de comunicacións para os congresos. QUE É O FME?O Foro Mundial de Educación é un movemento moi novo. Está completando 10 anos de existencia dende que se constituía en Porto Alegre (2001), paralelamente ao Foro Social Mundial, como un espazo horizontal de aprendizaxe, un espazo aberto e autoorganizado que envolve tanto a educación non formal como a informal. Pretende congregar cada vez máis persoas, institucións, gobernos e organizacións ao redor dunha plataforma mundial de loita en defensa do dereito á educación emancipadora. Para os participantes do proceso do FME, o neoliberalismo concibe a educación como unha mercadoría, despreza o espazo público, reduce as nosas identidades á condición de consumidores e nega a dimensión humanista do proceso educacional. Opoñéndose a tal perspectiva, o FME defende unha concepción liberadora, que respecta e convive coa diferenza, promovendo a interculturalidade e recoñecendo a educación como dereito social universal ligado á condición humana. MÁIS INFORMACIÓN:Documento final do Foro Mundial de Educación Infantoxuvenil de Osasco (São Paulo)Contribucións do Encontro Internacional de Educación de Osasco á Plataforma Mundial de educación do FMEOsasco vira a capital mundial da Educação por cinco diasEducação como Direito Humano | |
Ver todos os artigos deste autor ou desta autora |
|
| < Ant. | Seg. > |
|---|

.jpg)