| Decrecementos, libro colectivo de alternativas |
| Altermundo | |
| Martes, 20 de Xullo do 2010 | |
Editado polos Libros de la Catarata e dirixido e excelentemente prologado por Carlos Taibo, unha das referencias da opción do decrecemento no Estado español que, asemade, achega no limiar dez observacións imprescindíbeis sobre o que nos di o devandito proxecto, a presente obra achega unha ducia de artigos orixinais sobre a incidencia práctica que tería a escolla do decrecemento en diferentes aspectos das sociedades e do planeta.Como indica o seu director: “Hoxe en día dispomos dunha teoría xeral sobre o decrecemento que foi adquirindo cada vez máis forza. Para completar este proxecto, con todo, urxe trasladar os conceptos teóricos xerais a ámbitos máis concretos. Isto é precisamente o que propoñen os autores: unha reflexión sobre o que debería cambiarse na vida cotiá a través do estudo de doce terreos relevantes do decrecemiento: o medio urbano e o medio rural, as mulleres e as migracións, a sanidade e a educación, o mundo sindical e o lecer, o transporte e os medios de comunicación, os indicadores económicos e os países do Sur. Deste xeito, a obra achega unha visión do decrecemento bastante novidosa e pouco tratada na literatura máis copiosa do tema, a das escolas francesa e italiana e que, sen ser aínda exhaustiva en moitos casos, quere dar un primeiro paso na aplicación e consecuencias prácticas do decrecemento. No libro participaron os seguintes autores, moitos activistas de movementos sociais: Iñaki Barcena, José Vicente Barcia Magaz, Chema Berro, Manuel Casal Lodeiro, Fernando Cembranos, Enrique Javier Díez Gutiérrez, José Luis de la Flor, Luis González Reyes, Yayo Herrero, Paco Puche, Eugenio Reyes, Manoel Santos e o propio Carlos Taibo. Os textos que compoñen o volume son os seguintes:
| |
| Seg. > |
|---|

Editado polos .jpg)