| O poder popular e a loita pola hexemonía antiimperialista |
| Iván Padilla Bravo | |
| Xoves, 30 de Novembro do 2006 | |
|
[Rebelión] Todo imperialismo é cultural. Imos estar claros. Todo imperialismo é cultural. Pero tamén todo tipo de resistencia antiimperialista é cultural. Por empezar deste xeito a miña reflexión introdutoria, estou no compromiso de enunciar que estamos ante unha loita entre culturas. As loitas entre culturas adoitan ser loitas pola hexemonía. O camarada Antonio Gramsci reflexionouno nuns términos ben interesantes, especialmente cando se referiu ao desenvolvemento da guerra de posicións. O capitalismo, cando alcanzou o seu nivel de "fase superior" mediante o desenvolvemento dun rol imperialista apegouse a un xeito de organizar a súa concepción do mundo na que non abondaba a esencial explotación entre seres humanos, convertidos en mercadorías cun valor determinado para o intercambio. Nesta fase tratábase de facer dominante a un Estado fronte a outros, subordinando estes últimos a unha categoría de inferiores reducidos ao achegamento de materias primas e de man de obra a moi baixo custe. Toda esa realidade, todo ese complexo mundo de relacións que forzamos reducionistamente á explicación anterior, conforma unha cultura. É a cultura para a destrución do xénero humano, da súa contorna de relacións coa natureza e, por suposto, entre os individuos, entre as persoas (que non son tidas por tales). É, digámolo nunha palabra, a cultura para a morte. Pero a cultura para a morte non é un sumatoria de actos, propósitos ou intencionalidades que terminan dándonos unha imaxe ou un produto dela. É moito máis. É un movemento de apropiacións conceptuais, paradigmáticas, estéticas, emocionais, lúdicas, afectivas, relixiosas e éticas que se impoñen de xeito molecular e dificilmente cuantificábel pero hexemónica. É iso que Gramsci chamou hexemonía do capital e que está moitísimo máis aló que a simple relación entre factores que explican unha forma de producir os bens na sociedade capitalista. Cultura do capital sería o mellor concepto para nomear as múltiples e complexas determinacións que contribúen na definición. Unha nova hexemoníaPensar unha nova hexemonía, que non un dominio novo, é pensar na vida fronte á morte. É pensar non na simple "volta da tortilla" pola que os dominados baixo as relacións capitalistas de produción, comezan a ser dominadores nunha nova sociedade. Trátase de pensar en relacións afastadas de todo tipo de dominio. Non é uunha simple virada, senón a asunción da condición humana como parámetro de medida para todos os proxectos. Unha cosmovisión na que estea presente o ser humano como verdadeira e íntegra resistencia ante todo o que mata, oprime, soxuzga, explota, cosifica e anula. Por onde comezar?Ben, elemental? polo principio. Tautolóxico. Non. Marx tiña razón cando aludía ao xerme de autodestrución que aniña no capitalismo, baixo o protagonismo do proletariado nas relacións de produción das que participa. Agora, a "autodestrución" puidera levar uns séculos máis de espera, a non ser que contribuamos a construír unha verdadeira resistencia ou loita contra a hexemonía do capital, que tería que atopar espazos de expresión en todos os campos de relación, incluíndo ata as máis básicas, cotiás e aparentemente intrascendentes. Hoxe, dende o goberno bolivariano e revolucionario, o líder destes cambios vén facendo unha serie de propostas encamiñadas cara á construción do socialismo do século XXI. O desenvolvemento endóxeno, o fortalecemiento da coxestión, das xestións cooperativas, dos gobernos comunitarios, das estruturas de poder popular, das misións como plataformas para a inclusión, veñen ser partes desa mesma liña de construción de solucións prácticas fronte ao dominio e hexemonía do capital á vez que se crea un piso de fortaleza para un pensamento, unha moralidade e unha conciencia novas, cónsonos co novo xeito de relacionarse nunha nova sociedade. Agora, a guerra de posicións colócanos hoxe nunha trincheira na que o inimigo imperial atópase fortemente debilitado, mentres que o movemento popular e as súas distintas expresións de resistencia, medran, intégranse e golpean coa sabedoría de clase que lle é propia. Por iso, Encontros como este, destinados á reflexión político-ideolóxica que fortaleza ao pensamento antiimperialista, deben multiplicarse ata se converter en verdadeiras guías para a acción. Velaí o gran reto.• |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

Libros