Autor/a

banner_consello_peq

Categorías

Crise alimentar, un feo costume
Crise alimentar, un feo costume

Estase a converter nunha inaceptábel rutina. Cada dous anos, máis menos, sacódenos unha pola forte subida do prezo dos cereais. Din os indicadores que novamente nos vén unha enriba e que promete ser tormentosa. O ollo do furacán sitúase esta vez nas malas colleitas dos Estados Unidos, en concreto apuntan que a súa colleita de millo pode caer un 17% sobre o previsto e un 8% a colleita de soia.

Lendo a información que se publica ao respecto diso, e desde a nosa inxenuidade, pensamos que serán moitas as toneladas que se deixarán de producir para que o prezo medio dos cereais, en pouco menos dun mes, suba máis dun 25%. Que teremos moitos mercados desabastecidos. Pero non, para nada, aínda tendo en conta que falamos de previsións, o factor que din provoca a subida de prezos é un descenso total de 23 millóns de toneladas de cereais, que situarán a colleita final en 2.396 millóns de toneladas. É dicir un 1% menos para o que será unha nova marca a escala mundial.

Pero, efectivamente, un pequeno tropezón das previsións –que desde unha sinxela análise de oferta e demanda non debería ser significativo– lévanos ao vendaval da subida do prezo dos alimentos, porque ese prezo decídese nas bolsas da especulación. Aí é onde con esmero se tecen falsos argumentos para xerar a escalada de prezos. É aí onde dunha picada faise un rebentón.

En realidade un fracaso máis a engadir á lista dos desatinos do sistema alimentar agroindustrial no marco de libre mercado que temos. Porque a agroindustria que tantos parabéns recibe, na súa andaina (1) despraza a millóns de persoas campesiñas dos seus medios de vida e así temos que a gran maioría de poboación mundial que pasa fame faino en zonas rurais; (2) no proceso de produción, transformación e distribución dos alimentos, o modelo sen parangón, perde a metade do producido; (3) mentres que xerou un cantidade tan enorme de gases de efecto invernadoiro que sumandos é responsábel do 50% do total que tan preocupantemente quecen o noso Planeta; (4) mudanza climática que se converterá, vaia por Deus, nun limitante para o propio modelo agroindustrial; e (5) igual que o é a súa dependencia do petróleo, dos fertilizantes sintéticos e da auga de rega, tres elementos que polo seu consumo abusivo e mala xestión xa escasean, converterano nun modelo inservíbel en poucos anos logo do seu nacemento.

E a súa suposta gran bondade, a gran capacidade de produción de alimentos, de nada nos serve se, como vimos, dos máis de dous millóns de cereais que nos dixeron se producirán este ano, só a metade se usarán directamente para o consumo humano. A outra metade dedícase, aproximadamente nun 70%, á alimentación da gandería estabulada e o outro 30% á alimentación dos motores que camiñan con agrocombustíbeis. Sen políticas regulatorias e sen a participación das comunidades nas decisións agrarias, as empresas que controlan a comercialización do gran só miran onde atopar máis beneficios.

Teremos os mercados con gran máis que dabondo para a alimentación da poboación pero a un prezo tal que [moita] poboación non poderá adquirir. Ese é o drama.•

Artigo asinado por Jerónimo Aguado e Gustavo Duch da Revista Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas
Share

1 Comentario
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning