Autor/a

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Crise e problema nacional
Crise e problema nacional

"Se CIU vai cara a independencia terá ao PSOE en fronte", di Rubalcaba. Como se só iso supuxese xa unha solución a algo.

O seu partido, o PSOE, semella tan descolocado no asunto territorial como no resto de asuntos. Desde a Transición ese partido dereitizouse a marchas forzadas no socioeconómico. Algo que non lle causou grandes problemas mentres o existente producía excedentes abondos para manter satisfeita a unha parte da sociedade o suficientemente ampla como para termar o status quo. Pero esa xa non é a situación presente. Agora o reparto de fabas non dá para colmar ao número mínimo necesario e cada día que pasa son máis os que abren a boca anoxados reclamando o seu anaco.

Un partido que enfocou toda a súa existencia á tarefa de xestionar a abundancia vese collido co pé mudado neste novo tempo. De aí as dúbidas existenciais sobre como de oposta debe ser a oposición a opoñer. Ben difícil ha de ser, abofé, propor alternativas con credibilidade despois de décadas vendendo unicamente consensos e máis consensos, que é o outro xeito de chamarlle aos arranxos á baixa nos que as clases populares sempre ían perdendo, pouco a pouco, os seus dereitos. No territorial sucédelle algo semellante. A maquillaxe do franquismo que supuxo a Transición, coa súa aceptación da bandeira franquista, da monarquía e coa continuación das elites franquistas no aparato do estado fixeron que hoxe, corenta anos despois, o significante España siga a ser considerado por milleiros de persoas, especialmente na chamada periferia, como algo antipático, reseso, reaccionario e, sobre todo, alleo.

Este problema no territorial tamén o veu padecendo, en certa medida, IU. Eles tamén pagaron a bendición que deu o PCE á Transición e á falsa saída que esta supuxo. Por sorte algo de autocrítica xa fixeron, dun tempo a esta parte mesmo andan a retomar a reivindicación da bandeira republicana (haberá que ver con que contidos a enchen porque a un, chegado un momento, tanto lle ten que o exclúan dunha monarquía que dunha república), pero moitos deles seguen sen comprender que todos estes anos formando parte do consenso da Transición non poden ser sacados, dun plumazo, da, por así chamala, contabilidade política que levan os que nunca aceptaron a Transición/transacción; é dicir, que aquelas renuncias de antanto están a cobrar as súas facturas hoxe.

E é que foi tempo demais sen traballar un horizonte viable que solucionase o problema nacional español. Anos nos que a cuestión republicana e federal (ou confederal) estivo oculta tras o café para todos e a reconciliación nacional e nos que a dereita tivo todo o campo do simbólico para que España seguira a ser o que fora nos corenta anos do franquismo. Nas "periferias" todo este tempo non ficou suspendido no limbo. A lexitimidade rupturista continuou nestes territorios (nuns con máis fortuna que noutros) e os significantes das respectivas nacións sen estado redobraron a súa lexitimidade, toda vez que a súa mera existencia (e a existencia das súas linguas e culturas) representaban un vestixio vivo de todo o que Franco quixo exterminar. Así, nestes territorios, a nación sen estado ocupou o baleiro que a propia española deixou o día que renunciou a soñar unha España diferente.

Dito isto, compre tamén facer unha reflexión arredor das posturas dos distintos nacionalismos periféricos. O periodo de vacas gordas post-transición tivo tamén os seus efectos sobre eles. En tempos de baixa polarización socioeconómica é moito máis sinxelo centrar toda a dialéctica política no eixo centro-periferia. É así que, nestes pasados anos, maridaxes e alianzas entre nacionalistas de aquí e acolá, de esquerda e de dereita, foron posibles sen que as madeiras renxesen de máis.

Se o PSOE abandonou todo, federalismo e alternativa económica, e o PCE abandonou o primeiro, os nacionalismos das distintas nacións sen estado puideron concentrarse no simbólico-cultural deixando o socioeconómico nun segundo plano. Pero tamén aquí vivimos hoxe un cambio. A ambigüidade que deixa a gran mobilización pola independencia da Diada en Catalunya exprésao cunha nitidez absoluta. Nun tempo en que a soberanía popular non existe en ningún estado da UE, no que democracia non rexe e no que as consecuencias da crise se están a cargar de xeito desigual nas costas das clases populares e dos ricos, non é válido dar por boa a falsa saída independentista da burguesía catalá. Unha Catalunya que se limite a ser un nou estat de Europa non será unha Catalunya máis soberana (e polo tanto máis xusta) que España ou Portugal.

CIU, despois de converter a Catalunya no laboratorio neoliberal do Estado, soubo hexemonizar á perfección a manifestación da Diada para desviar o descontento social cara unha falsa saída. O reto da esquerda nacionalista catalá para contrarrestar iso é grande. Tamén o é o reto dos nacionalistas galegos ou vascos para non separaren, agora máis ca nunca, a liberación nacional da social. Unha alianza estratéxica, cuns novos mínimos compartidos, entre as esquerdas do centro e da periferia, que pulase de vez por unha solución ao problema nacional podería ser o único xeito de que, por unha banda, as esquerdas estatais (PSOE e IU) readquirisen a lexitimidade da que se desprenderon durante a Transición e de que as esquerdas da "periferia" non caesen nos cantos de serea das súas respectivas "burguesías nacionais" (alá onde as hai porque onde, como en Galiza, non a hai salvo na imaxinación de algúns, calquera saída deste tipo é tan absurda que custa pensar que haxa quen acredite nela) para as que limitar a saída da crise a un novo reparto de rexímenes fiscais suporía todo un triunfo sobre as clases populares das súas respectivas nacións.

Tirado de Praza Pública
Share

1 Comentario
  1. Nepf4, olha eu aqui de novo, te admirando.Concordo com Emanuella, muito bom.Temos de ser Relevantes!Melhor, temos que gerar ouorts Relevantes!Mas quanto a letras, creio que hoje devemos olha-le1s com ceticismo.Inclusive: Ved seus videos, muito bons, parabe9ns!Adorei o cabee7a quadrada Hahaha! Temos muitos por aed Acredita-se que hoje haja um grande preconceito com o livro,acredito que o preconceito existe quanto a educae7e3o, sendoo livro, somente um dos me9todos de aprendizado. Bruno Eduardo Goodma de Souza

 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning