Autor/a

Biólogo, analista e produtor editorial. Director e fundador de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Decrecemento e 15M, un feed-back necesario
Decrecemento e 15M, un feed-back necesario

Entre as análises que xurdiron con motivo do primeiro, e despois do segundo, aniversario da explosión social que supuxo o Movemento do 15 de Maio –e todo o espírito que queda del, que non é pouco– podemos detectar, cando menos, dúas tendencias totalmente opostas. A primeira conclúe que, como tal, o movemento non conseguiu nada e que a súa influencia e prestixio social son pouco menos que irrelevantes.

A segunda tendencia, coido que máis atinada, afirma que o movemento logrou algunhas vitorias concretas, pero sobre todo dúas moi significativas e de longo alcance. Por unha banda, como escribiu Raimundo Viejo, “aquel 15 de Maio tivo lugar a mutación definitiva no repertorio de acción colectiva que inaugura unha fase alcista, sinérxica e empoderadora”. Efectivamente, o parece ter logrado o que os movementos antiglobalización, e especialmente parte da súa deriva altermundista, non conseguiron no seu día –claro que os escenarios e os actores son sensibelmente diferentes–, abrir o espectro mobilizador aos máis diversos estratos sociais, gran parte sen “cultura activista” previa, servindo de pegamento para toda unha amálgama de protestas sociais dispersas.

A segunda vitoria, tanto ou máis importante aínda, ten que ver co feito de que o que demos en chamar “pensamento único” comeza a esluírse na historia. Cada vez máis persoas ábrense a cuestionar o propio sistema e a tomar en consideración outras posibilidades de organización socioeconómica, outros horizontes posíbeis. Estamos quizais nun estadio incipiente da ansiada “descolonización do imaxinario”, defendida por Castoriadis ou Latouche como primeiro paso para a construción dunha sociedade alternativa?

Máis que as mobilizacións en si, intúo que é este asalto ideolóxico aos piares da orde capitalista o que mudou a percepción do 15M por parte do poder. Se na súa orixe foi lido como un movemento amábel e até “simpático”, hoxe converteuse nunha ameaza a combater como sempre se fixo, coa súa criminalización. Algo terá que ver isto co que nos di Santiago Alba: “O inesperado do 15M foi que xurdise; pero máis sorprendente aínda foi que se fixese as preguntas correctas e que atinara tamén, de xeito máis ou menos abstracto, coas respostas correctas”.

Parece un feito que ese “movemento amábel” evolucionou, radicalizouse, tanto nas súas accións como nas súas propostas, ao mesmo ritmo que as agresións do sistema contra as maiorías sociais. Se en esencia puido xurdir como unha reacción de certas “clases medias” contra a degradación do seu estatus potencial, hoxe parece estar achegándose á órbita do antisistémico, reclamando abertamente un cambio radical no xeito de organizarnos socialmente, algo constatábel se atendemos ás alternativas ás que o universo que orbita ao redor 15M prestou e presta atención. Interésame salientar unha delas, a proposta ou filosofía do no sentido no que o entende Paul Ariès, non só como unha ideoloxía ou un modelo económico de novo cuño, que tamén, senón sobre todo como unha “palabra-obus” para pulverizar o pensamento económico dominante.

É difícil atopar algunha acampada, asemblea de barrio ou grupo de activistas saídos do fenómeno do 15M que non se interesaran pola opción do decrecemento organizando charlas e xornadas nalgún momento durante os últimos dous anos. Entre as propostas rupturistas, que van gañando cada día máis espazo dentro destes movementos≠, a do decrecemento situouse entre as máis atractivas, se cadra porque no seu seo entran perfectamente moitas das vías alternativas que dentro do movemento se están a debuxar, imaxinar, soñar…

A isto contribuíu que organizacións decrecentistas preexistentes, como Decrece Madrid, Decrecimiento Aragón ou a Red Decrecimiento Sevilla, así como moitos activistas e pensadores de referencia nese campo, participaron e participan do 15M, ademais doutros colectivos multidisciplinares que dende hai tempo teñen o decrecemento entre as súas consignas, como Ecologistas en Acción.

Pero tamén dentro do propio 15M, das súas asembleas, formáronse grupos de traballo, case sempre ao redor das comisións de Medio Ambiente ou de Economía, para desenvolver propostas prácticas en torno ao decrecemento, como a Subcomisión de Decrecimiento da Acampada Barcelona, que segue a ter moita actividade. Noutras ocasións, as asembleas traballan en cuestións que sen ser vistas en principio como expresamente decrecentistas, si formarían parte do universo de accións que sería imperioso emprender para camiñar cara a unha sociedade en decrecemento: economía solidaria e informal, cooperativismo, autoxestión, bancos de tempo, redes de apoio mutuo, mercados de troco, banca ética e moedas sociais, grupos de consumo, agroecoloxía, re-ruralización, hortas urbanas, ecoaldeas e aldeas urbanas, educación non formal…

Até se deron casos, como o de Acampada Granada, agora descentralizada en barrios e pobos, nos que unha Asemblea Xeral situou o decrecemento como unha das súas prioridades: “Decrecemento Xa: Autoxestionado, equitativo e feliz. Sustitución dos modelos capitalista e consumista por un vivir mellor con menos, compartir en lugar de competir. A decisión sobre o uso do territorio para os cidadáns e cidadás e as súas asembleas. Non ás novas urbanizacións e ás infraestruturas especulativas. Reduzamos o consumo de forma radical e creativa apostando por produtos locais, ecolóxicos e artesanais”, plasmaron nos seus textos.
Que unha proposta que fai fincapé na necesidade de reducir drasticamente a nosa produción e o noso consumo, xunto con moitas medidas correctoras de mudanza social que tratarían de sacar á nosa civilización do capitalismo de forma serena, esperte o interese de parte do 15M, está en franca contradición con quen sostén que este movemento non camiña, conscientemente ou non, cara a posicións antisistémicas ou anticapitalistas.

Convén neste punto ser conscientes de que, no 15M, parecen estar dándose dúas liñas de traballo moitas veces diferenciadas nos seus obxectivos, prioridades e até actores, pero non por iso incompatíbeis. A primeira, máis visíbel e maioritaria, aquela que loita por resolver as urxencias, en termos de perda ou ausencia de dereitos sociais, até de sustento para moitas persoas, que se expresa cada día con máis forza nas mobilizacións, xa sexan xeralistas ou por cuestións concretas (educación, sanidade, vivenda, coidados, emprego), e en propostas de corte menos rupturista ou até reformista (auditoría da débeda, reforma fiscal, reforma da lei electoral, dación en pago). A segunda, máis de fondo, fala de ir construíndo paralelamente un gran movemento autoxestionario, con primacía do local, para responder a un máis que probábel colapso social futuro provocado pola insustentabilidade do sistema capitalista.

É nesta última onde propostas como a do decrecemento parecen atopar o seu sitio, non en competencia senón como agregado –pero importante– de moitas outras loitas que sempre, en maior ou menor medida, trataron de contestar á barbarie do capitalismo.

A risco de caer no excesivo optimismo, decrecemento e 15M parecen chamados a retroalimentarse. De feito, estamos en condicións de afirmar que grazas ao 15M os obxectores do crecemento avanzaron máis na visibilización da súa proposta nos últimos dous anos que en toda a década anterior.

Ao mesmo tempo, na medida en que o decrecemento –polo menos como filosofía– vaia callando no 15M, tanto máis o movemento estará en condicións de blindarse para desactivar o discurso desmobilizador, tan ilusorio como interesado, que sostén que en poucos anos todo volverá ser como antes, obviando entre outras cousas uns límites planetarios que pouco entenden de sermóns.

Podemos dicir que o decrecemento, no terreo do conceptual, hoxe constitúe unha teoría bastante sólida, digna de ser tomada en consideración, de como se podería abandonar esta barbarie baseada no consumismo patolóxico, na sobreproducción sen sentido, na obsolescencia planificada dos produtos, no crédito e o individualismo, na violencia, no modo de vida escravo e no dominio do imaxinario colectivo. Alguén está en condicións de afirmar que o 15M non está a loitar contra todo isto?

No práctico, o seu papel debería ser probabelmente o de constituírse en contedor dun sen fin de propostas que o movemento está xa practicando, construíndo ou asumindo todos os días na súa procura dunha sociedade alternativa, para darlles unha mínima orde e sentido, sen ter por iso que caer na tentación de constituír un comité central ou calquera outra nociva xerarquía para esa nova sociedade que cada vez máis persoas soñan con acadar.

Este artigo foi publicado en castelán no libro ¡Espabilemos! Argumentos desde el 15M (Catarata, 2012), coordinado por Carlos Taibo
Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning