Autor/a

banner_consello_peq

Categorías

Dennis Meadows: “O desenvolvemento sustentábel xa non é factíbel”
Dennis Meadows: “O desenvolvemento sustentábel xa non é factíbel”

Vén de se celebrar o 40 aniversario do libro The Limits to Growth (Os límites do crecemento), obra de referencia da literatura ambiental. Utilizando a teoría da dinámica de sistemas e  a modelización informática, un grupo de investigadores do Massachusetts Institute of Technology (MIT) desenvolveron entre 1970 e 1972, por encargo do Clube de Roma, un proxecto para analisar as causas e as consecuencias a longo prazo do crecemento da poboación e da economía material no noso planeta. O resultado sería The Limits to Growth.

The Limits to Growth cuestiona o arraigadísimo mito do crecemento ilimitado. Cando se presentou recibiu unha chuvia de críticas e desde entón ten sido ridiculizado en innumerábeis ocasións por xente moi diversa, e mesmo esquecido por unha parte do movemento de defensa ambiental. Porén, o escenario do informe denominado business as usual, “facer máis do mesmo”, está a se cumprir. O acontecido no período 1970-2000 coincide moito co proxectado baixo os supostos considerados polo devandito escenario, segundo unha investigación do australiano Graham Turner. De proseguiren así as cousas, de continuar a vivir o conxunto da humanidade -que non toda ela- por riba das posibilidades ecolóxicas globais, sería inevitábel o colapso poboacional e económico por volta de 2030.

Para celebrar o 40 aniversario da publicación de The Limits to Growth, decorreu en Washington o seminario Perspectives on Limits to Growth: Challenges to Building a Sustainable Planet. Nel participou Dennis Meadows, un dos autores principais do informe, hoxe xubilado despois de traballar durante 35 anos como profesor do MIT e da Universidade de New Hampshire. Porque entendemos ten un interese moi especial, reproducimos integramente, traducida ao galego, unha entrevista a Dennis Meadows publicada na web da Smithsonian Institution. Nela explica porque é xa tarde de máis para o sustentábel. Agora é tempo de falarmos de resiliencia.

De 1970 a 1972, vostede e outras 15 persoas traballaron arreo en The Limits to Growth. Cais eran os seus obxectivos ao inicio do proxecto?

Jay Forrester, un profesor titular do MIT, creara un modelo teórico que amosaba a interrelación entre algúns dos factores chave do crecemento global: poboación, recursos, contaminación persistente, produción alimentaria e actividade industrial. O noso obxectivo era recoller datos empíricos para comprobar o seu modelo e traballar sobre el. Queriamos entender as causas e as consecuencias do crecemento físico no planeta durante un período de 200 anos, entre 1900 e 2100.

En función do escenario estandard ou bussiness-as-usual, predixo que sobordariamos a capacidade de carga do planeta e colapsariamos a mediados do século XXI. Que quería dicir con colapso?

No modelo mundial, se non realizabamos grandes cambios axiña -aló polos setenta ou oitenta- no período de 2020 a 2050, a poboación, a industria, a alimentación e outras variábeis terían chegado ao seu pico e comezarían a caer. É iso o que denominamos colapso.

Ben, na vida real que significa? Non está claro. De algún xeito, é como estarmos en San Francisco e sabermos que vai haber un terremoto que vai facer que caian edificios. Que edificios van caer e onde van caer? Non temos xeito de comprender iso. O que sabemos é que a enerxía, a comida e o consumo material caerán sen dúbida e que seguramente virá dado por todo tipo de problemas sociais que realmente non modelamos na nosa análise. Se os parámetros físicos do planeta están en declive, non hai ningunha posibilidade de que a liberdade, a democracia e un montón de cousas inmateriais que valoramos vaian medrar.

Como podemos entender o que significa a capacidade de carga do planeta?

O tema da capacidade de carga global está cheo de todo tipo de problemas técnicos, científicos e filosóficos. Mais o mellor intento de afrontar estes variados problemas e achegar cifras concretas é o desenvolvido polo divulgador da suízo Mathis Wackernagel e seus colegas. Mathis definiu o concepto “pegada ecolóxica global”. En esencia, converte toda a enerxía e os materiais que a humanidade emprega cada ano de fontes non renovábeis (como o petróleo) e asume que virán de fontes renovábeis como madeira ou o sol. Entón, compara o noso consumo actual co que a Terra podería xerar.

A razón pola que somos capaces de sobordar a capacidade de carga por períodos breves é a mesma razón pola que podes retirar máis diñeiro da túa conta bancaria do que esta che rende, tamén durante un período breve, se ves dun longo período de frugalidade. Mais vas acabar por deixar a túa conta a cero e ter problemas. Isto é exactamente o que está a pasar no planeta. Estamos a vivir dos aforros da biodiversidade, da acumulación de enerxía fósil, do solo agrícola e a acumulación de auga, e cando teñamos gastado todo, volveremos ao noso orzamento anual.

Tal como publicou o Washinton Post en 1972, vostede e os seus colegas foron “cualificados por un montón de xente como “fóra da realidade”. Cais eran as principais críticas?

Deixamos os mecanismos de prezo e por tanto o mercado fóra do modelo. Ou, subestimamos a taxa á que podían progresar os avanzos tecnolóxicos. Diría que estas foron as principais críticas. Tratabamos o mundo como un todo, e a xente sinalou acertadamente que o mundo non é homoxéneo. Ten un número enorme de diferentes rexións e culturas. Estes factores non estaban contemplados no modelo. Deixámolos fóra porque non críamos que ían ter incidencia na nosa conclusión central, mais os nosos críticos pensaban que si.

Os medios de comunicación centráronse no tráxico e negativo. Pero o informe tamén incluía escenarios optimistas que amosaban un futuro estábel e sustentábel. Que cambios asumían eses modelos?

Empregamos o modelo como maqueta do mesmo xeito que fas modelos de avións e próbalos no túnel de vento para ensaiar os distintos deseños. Experimentamos cunha variedade de mudanzas distintas para vermos cais poderían evitar o declive. Comezamos con mudanzas tecnolóxicas que incrementaban a produtividade agrícola, reducían a contaminación, aumentaban a dispoñibilidade de recursos naturais e continuamos na mesma liña. O que atopamos foi que os cambios tecnolóxicos por si mesmos non poderían evitar o colapso. Requiría tamén cambios sociais e culturais. Precisabamos estabilizar a poboación, e cumpría mudar as preferencias de consumo dos bens materiais aos inmateriais: amor, liberdade, amizade, comprensión e cousas semellantes.

Como fuches de optimista sobre o avanzo cara á sustentabilidade?

En 1972, e durante algún tempo máis, fun moi optimista. Era inxenuamente optimista. Acreditaba sinceramente no que denominei doorstep model of implementation (modelo de implementación do relanzo). É dicir, ti fas un traballo destacábel. Ti aprendes a “verdade”. Deixala diante da porta do decisor e cando sae pola mañá e a atopa muda o seu comportamento. O meu equipo traballou arduamente. Escribimos outros libros. Desenvolvemos materiais para a aprendizaxe. Moitos de nós dedicámonos ao ensino para contribuír a xerar as mudanzas que achabamos ían acontecer.

Chegados a este punto, xa non pensa que o desenvolvemento sustentábel é factíbel. Como o define?

Cando emprego o termo desenvolvemento sustentábel – que considero en realidade un oxímoron – fágoo tentando captar o significado que para a maioría de persoas semella ter. Coido que as persoas que o empregan cren que sería unha fase do desenvolvemento onde conseguirían manter o que teñen ao tempo que a xente pobre o podería atinxir. Ou na que poderían seguir facendo o mesmo que agora pero, grazas á maxia da tecnoloxía, causando menos dano ao ambiente e usando menos recursos. Sexa cal for a acepción, é unha fantasía. Ningunha delas será endexamais posíbel. Probabelmente tería sido posíbel nos setenta, mais agora non. Estamos usando un 150 por cento da capacidade de carga do planeta.

Cando mudou a súa visión sobre o desenvolvemento sustentábel?

Nos noventa xa comecei a revisala. Porén, só probabelmente nos últimos catro ou cinco anos tornouse claro para min que xa non é posíbel encararmos estes asuntos de xeito planificado e tranquilo. Acho que o exemplo do estoupido da burbulla punto com e máis tarde, en 2008, da inmobiliaria, ilustra sobre a nosa incribelmente limitada capacidade de enfrontar as burbullas. Limits to Growth aborda unha burbulla, unha burbulla de poboación e de consumo de enerxía e de materiais.

En lugar do crecemento que deberiamos identificar co progreso?

En todo o mundo estase a investigar para formular indicadores nacionais de benestar que sexan máis sofisticados que o Produto Nacional Bruto (PNB). Ironicamente, os creadores do PNB advertiron sobre o seu uso como indicador de éxito. Pero, por suposto, iso foi o que sucedeu. Precisamos ollar outros aspectos. Os Estados Unidos, por exemplo, posúen o número máis elevado de prisioneiros por habitante do mundo. Temos a maior débeda. A mobilidade social é menor que a da maioría dos demais países industrializados. A fenda entre ricos e pobres é máis grande. Temos moitos problemas, e un mellor indicador de suceso debería comezar por recollelos, cuantificalos e combinalos dalgún xeito.

Suliña a necesidade da resiliencia. Que quere dicir con iso?

A resiliencia é a capacidade dun sistema para enfrontar as adversidades e continuar funcionando. Que significa na práctica? Hai unha literatura ben desenvolvida sobre a resiliencia sicolóxica. A comunidade médica tentou entender como unha persoa pode reaccionar perante unha ruptura amorosa, unha doenza grave ou a perda do emprego e proseguir a súa vida. Comeza a haber un eido de investigación, particularmente desde o Katrina, verbo da resiliencia comunitaria, ou da capacidade dunha cidade ou dun grupo social de enfrontar os shocks e seguir a atender as necesidades dos seus membros. Estou a me referir a unha resiliencia a longo prazo. Estou falando de como abordarmos o fin do tempo da enerxía barata ou a mudanza climática e como facérmolo a nivel individual, comunitario e nacional para asegurarmos que -aínda que non sabemos exactamente o que vai acontecer- seremos capaces de satisfacer as nosas necesidades básicas.

Dos especialistas que abordan o crecemento hoxe e fan predicións sobre o futuro, quen cre que son os que merecen atención?

Lester Brown (analista ambiental e autor de World on the Edge) proporciona análises moi úteis sobre o que está acontecendo co sistema alimentario. Destaca que na maioría das rexións do mundo estanse a sobreexplotar as augas subterráneas. Algúns destes acuíferos xa non se recargan; son augas fóseis, e outros teñen taxas de recarga baixas. Polo tanto, chegaremos en pouco tempo a unha situación onde o noso uso destes acuíferos non poderá exceder a súa taxa de recarga anual. Isto significará que os alimentos que están a ser producidos grazas ao sobreconsumo de auga ou ben deixarán de se producir ou ben serán producidos con outros métodos.

Tirado de Un claro no bosque (Praza)
Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning