Autor/a

Prehistoriador, escritor e colaborador xornalístico. Membro do Consello do Foro Social Galego. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Dentro do capitalismo non hai solución* (I). A barbarie capitalista
Dentro do capitalismo non hai solución* (I). A barbarie capitalista
“O histórico é un sistema patentemente absurdo. Acumúlase capital a fin de acumular máis capital. Os capitalistas son como ratos nunha roda, que corren cada vez máis a présa. No proceso, sen dúbida, algunhas persoas viven ben, pero outras habitan na miseria; e, como de ben e durante canto tempo viven os que viven ben?”.
El capitalismo histórico (Siglo XXI, 2010),
de Inmanuel Wallerstein

O capitalismo é un sistema bárbaro e atroz que tivo, ten e terá dramáticas consecuencias humanas, sociais, políticas e ecolóxicas.

Neste sentido, cómpre ter presente, cando falamos do capitalismo como dun sistema que garante a libre competencia e a promoción individual, así como o progreso e o benestar humanos nun contexto de igualdade e liberdade, que o capitalismo é o sistema que provoca, na actualidade, as pésimas condicións de supervivencia de millóns de persoas no mundo que non teñen acceso a alimentos básicos, a auga potable, a medicamentos…; que viven sen teito ou que malviven en infravivendas sen electricidade e sen calefacción, situadas en rúas sen sumidoiros… en poboados ou vilas marxinais das grandes cidades mundiais; que son analfabetas e non teñen acceso nin á educación nin á cultura e viven completamente desasistidas. En fin, o capitalismo –e non a fatalidade-, é o responsable da situación miserable de millóns de persoas en todo o planeta e da morte por malnutrición ou enfermidades curables de millóns de persoas en todo o mundo.

O capitalismo é un sistema baseado na explotación social, de xénero e na desigualdades entre nacións, velaí a razón polo que non é posible unha solucións ás tremendas desigualdades sociais, ao desemprego, á feminización da pobreza, á dependencia das nacións periféricas no marco do sistema capitalista. Os soldos de miseria de milleiros de persoas en todo o mundo, as condicións de precariedade laboral en que traballan milleiros de persoas en diferentes partes do planeta, o desemprego que afecta a millóns de persoas en todo o mundo, o traballo infantil en tarefas perigosas ou degradantes relacionadas coa prostitución, o servizo doméstico, a agricultura, a construción, a industria téxtil ou o exército… son elementos necesarios da estrutura da economía capitalista.

En canto ás consecuencias políticas, non podemos esquecer a responsabilidades da burguesía e os seus aliados de clase en infinidade de guerras que asolan –e asolaron- o mundo para defender os seus intereses de clase (control dos recursos enerxéticos, minerais…, control estratéxico de determinados territorios…); no apoio a violentas ditaduras, militares ou civís, que garanten –ou garantiron-, a paz social para asegurar os seus privilexios de clase, como as ditaduras de hogano (Guinea Ecuatorial…) e de antano (fascismo e nazismo europeos, ditaduras militares latinoamericanas…); na desestabilización de gobernos populares, como a que sufriu e sofre o goberno cubano, o venezolano ou o boliviano; na violenta represión do movemento obreiro, tanto no pasado como no presente –desaparición de sindicalistas en Colombia…-; na violenta represión de pobos enteiros, como a que sofren o pobo saharauí ou palestino ou sufriu o xudeu durante o III Reich… Politicamente, en fin, o capitalismo unicamente coexistiu coa democracia cando esta serviu aos seus intereses de clase; lembremos, neste sentido, a disxuntiva que se lle presentou a Henry Kissinger en 1973 a respecto do goberno de Unidad Popular presidido po Salvador Allende: se hai que escoller entre democracia e capitalismo, sen o dubidar cómpre escoller capitalismo.

Por último, cómpre non esquecer que as actividades económicas ao servizo dos intereses da burguesía son responsables da contaminación ambiental en todas as súas variantes, do proceso de urbanización –e destrución- da paisaxe natural, da deforestación e desertización…

(*) Este texto é o primeiro dunha serie de 5 que teñen por ánimo animar o debate anticapitalista na Galiza durante estas semanas anteriores ás eleccións nacionais do 21 de outubro de 2012.
Share

1 Comentario
  1. […] Dentro do capitalismo nom hai soluçom* (I). A barbárie capitalista (Alfredo Iglesias Diéguez. Alt… http://www.altermundo.org/dentro-do-capitalismo-non-hai-solucion-i-…  por Carvalho hai 2 segundos […]

 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning