Autor/a

Filósofo político. Investigador no Centro de Estudos Sociais da Universidade de Coímbra e en DECIDe

banner_consello_peq

Categorías

(Des)aprender a democracia
(Des)aprender a democracia

Lonxe de ser neutral, calquera forma de coñecemento –filosófico, científico, social, etc.– é portadora dunha “concepción do mundo que se manifesta implicitamente na arte, no dereito, na actividade económica, en todas as manifestacións da vida individual e colectiva” [1]. Detrás de todo coñecemento subxacen determinados valores, crenzas e representacións que se materializan en prácticas sociais, políticas e económicas. Hai, pois, economías egoístas e economías solidarias, xustizas inxustas e xustizas xustas, psicoloxías que reprimen e psicoloxías que liberan, pedagoxías conformistas e pedagoxías rebeldes. Do mesmo xeito, hai democracias ao servizo da liberación e “democracias” ao servizo da dominación.

Herdamos unha marcada polo selo da dominación das clases dominantes sobre as subalternas. A historia da representativa é a historia da apropiación da popular polas clases propietarias, orixinariamente partidarias dun réxime constitucional favorábel aos intereses da economía capitalista, con dereitos civís e políticos restrinxidos ás minorías adiñeiradas, con garantías para a iniciativa privada, sen redistribución de riqueza e sen dereitos sociais. O burgués liberal do século XVIII non era un demócrata, senón un defensor do goberno representativo baseado na propiedade privada e o rango social. Durante o século XX a de partidos e o sufraxio universal limaron o carácter antidemocrático do parlamentarismo burgués, pero non serviron para sobardar a oligárquica na que minorías privilexiadas teñen poder de veto sobre a maioría, e menos para diminuír a desafección que tantas persoas senten pola política convencional. O actual secuestro da polas elites neoliberais é a proba máis evidente da persistencia desta de dominación, que en Europa mostra a súa faciana máis desapiadada coa confiscación de dereitos e rendas aos cidadáns, o rescate do capital financeiro, a mercantilización da vida e os experimentos de austeridade que fan medrar o desemprego, a pobreza e a exclusión.

O efecto da dominación é tan forte que no plano intelectual xera o que Marx e Engels chaman “falsa conciencia” [2], a naturalización das ideas da clase dominante coma se fosen as ideas dos dominados. Deste xeito, naturalizamos a monocultura da democracia liberal, a idea de que existe unha soa concepción, unha soa práctica e un só discurso democrático lexítimo e viábel: o da democracia electoral baseada nos valores do liberalismo político –individualismo, igualdade formal, representación parlamentar, sufraxio individual, competencia entre partidos, etc.–, con todo o que isto implica. Trátase dunha monocultura política tan poderosa que é capaz de: 1) trazar as liñas que separan a “democracia” do que non é, descualificando concepcións e prácticas democráticas alternativas que se afastan da ortodoxia liberal. 2) Establecer unha orde social e política que fai pasar por xerais os intereses particulares das clases dominantes e lexitima, por medios políticos, a existencia dun modelo de sociedade que reproduce a súa posición de dominación social e económica. 3) Mudar en canónica a experiencia política de catro países occidentais: Inglaterra (o parlamentarismo, Locke, a revolución Gloriosa de 1688, entre outros fenómenos), Francia (a Ilustración e a revolución de 1789), Holanda (a República de Batavia e os traballos de Grocio sobre o dereito de xentes) e Estados Unidos (a declaración de dereitos de Virginia de 1776 e a Constitución Federal de 1787). E 4) presentar a democracia liberal como un produto natural, insuperábel e definitivamente acabado. Inculcáronnos que esta monocultura non é ideolóxica, senón sentido común, pero sobre todo aprendéronnos a non saír dela. E coidado, porque quen o tente corre o risco de ser declarado inimigo da democracia ou tratado de soñador iluso.

Atravesamos unha época convulsa na que non podemos permitirnos seguir condicionados por “normas ríxidas, por hábitos mentais inmodificábeis, por imposibilidades de pensar dun outro xeito” [3] que nos levaron á calella na que nos atopamos. Para recuperar o exercicio da soberanía popular cómpre tomar conciencia do reduccionismo do pensamento democrático-liberal naturalizado e reaprender a democracia dende outras perspectivas. Se pensamos coma sempre, nunca (re)inventaremos nada. Construír mellores xeitos de articulación e decisión política esixe desaprender a monocultura da democracia liberal, que reproduce a dominación das élites e empobrece o noso horizonte de experiencia democrática. A desaprendizaxe desta monocultura permitiría valorar prácticas sociopolíticas invisibilizadas polos dictames canónicos, como o mandato imperativo, a asemblea, a rotación e revogación de cargos, a democracia directa, a participación popular nos procesos de deliberación e decisión, a rendición de contas e o control social da corrupción. Considero que este labor de desaprendizaxe pode apoiarse nas tres palabras que segundo Boaventura Santos [4] deben orientar as loitas emancipadoras do século XXI: descolonizar, desmercantilizar e democratizar.

Descolonizar a democracia significa desaprender a súa matriz eurocéntrica fundada na perspectiva do varón branco adulto, burgués, propietario, cristián e heterosexual. Significa denunciar os sesgos ideolóxicos dunha democracia que finxe que opresores e oprimidos son iguais ao depositar o seu voto nas urnas. É crear espazos e formas de sociabilidade que loiten contra a “democracia” elitista, clasista, machista e racista globalizada. As mulleres, as persoas con discapacidade, as minorías étnicas e sexuais seguen a ser os grandes ausentes da democracia liberal. Ademais, na Europa actual cada vez hai máis colectivos subrepresentados –traballadores, desempleados precarizados, desafiuzados, pensionistas, estudantes, entre outros– nas institucións democráticas.

Desmercantilizar a democracia quere dicir deixar de concibila como un mercado político onde se mercan e venden votos en forma de beneficios electorais polos que compiten os partidos. Significa evitar que os esquemas de libre mercado e os seus valores transformen a democracia nunha mercadoría, como en Europa, onde a austeridade serviu de pretexto para privatizar a democracia, para mudala nun coto de intereses privados encubertos por un simulacro no que os votantes acoden ás urnas para referendar políticas impostas por unha minoría e no seu beneficio.

Democratizar a democracia significa liberala da camisa de forza que a acoiraza, sobardar os límites que a reducen a unha democracia política baleira de contido social e económico, afastala da mera representación e da igualdade xurídica e apostar pola democracia como radicalidade e desmesura (Rancière), o que implica crear formas de participación que debiliten os privilexios da monocultura electoral.

Walt Whitman [5] escribiu: “A democracia é unha gran palabra cuxa historia non se escribiu aínda, porque esa historia está aínda por vivirse”. Descolonizar, desmercantilizar e democratizar, tres palabras crave para (des)aprender e coas que escribir a historia non vivida da democracia.

NOTAS:
[1] Gramsci, A. (1971), El materialismo histórico y la filosofía de Benedetto Croce, Nueva Visión, Bos Aires, páx. 12.
[2] Engels, F. (1893), “Carta a Franz Mehring (14/07/1893)”, Marxists Internet Archive, ler en: www.marxists.org/espanol/m-e/cartas/14-vii-93.htm [Consulta: 06-01-2013].
[3] Machado, A. (1986), Juan de Mairena. Sentencias, donaires, apuntes y recuerdos de un profesor apócrifo (1936), Alianza Editorial, Madrid, páx. 180.
[4] Aguiló, A. J. (2010), “La democracia revolucionaria, un proyecto para el siglo XXI. Entrevista a Boaventura de Sousa Santos”, Revista Internacional de Filosofía Política, 35, páx. 138 y ss.
[5] Whitman, W. (2007), Democratic vistas, Holloway Press, Nova York, páx. 37.
Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning