Autor/a

Jordi Calvo Rufanges (A Vall d'Uixó, 1975). Economista e investigador sobre movementos sociais, cultura de paz e armamentismo. Membro e investigador do Centro Delás de Estudos pola Paz de Justícia i Pau de Barcelona, do Centro de Estudos sobre Movementos Sociais da UPF e do Instituto Interuniversitario de Desenvolvemento Social e Paz da UJI. Tese doutoral: "O Foro Social Mundial e os movementos antisistémicos". Algunhas publicacións: "Globalización capitalista neoliberal e movementos antisistémicos", Bilbao, Universidade de Deusto, 2011; "O Foro Social Mundial e os movementos antisistémicos", Barcelona, Institut Català Internacional per a Pau, 2011; "Atlas do militarismo en España" Icaria, Barcelona. Contacto: jcalvo@centredelas.org Twitter: jordicalvo

Categorías

Dignidade contra medo
Dignidade contra medo

Un ano despois, o espírito do segue vivo. Parece evidente que ten que ser así. A situación económica non mellorou, senón que vai a peor. O marco político democrático, co recorte de dereitos e liberdades democráticas dos que teoricamente gozabamos está en fase terminal…Asemade , introducíronnos o medo, que é o mellor xeito de previr protestas, revoltas ou revolucións.

Temos medo a que nos boten de casa se non pagamos a hipoteca ou o aluguer -cando segundo a Constitución temos dereito a unha vivenda digna-, temos medo a que nos boten do traballo se enfermamos, a que nos reduzan o soldo arbitrariamente ou nosmuden  a xornada laboral sen consultarnos sobre a nosa vida persoal -cando segundo a Constitución temos dereito a un traballo digno-, temos medo a saír á rúa a protestar ou a organizar unha manifestación porque sabemos que a policía pode pór a nosa foto en internet, ou nos pode acusar de ser demasiado nonviolentos -cando segundo a Constitución temos dereito a manifestarnos, dignamente e sen violencia.

Perante o comprensíbel medo da xente normal e corrente non nos queda outra opción que indignarnos, para recuperar a que nos están a quitar, paseniñamente, decreto a decreto. Nunca en tan pouco tempose tomaron neste país tantas decisións políticas, económicas e sociais antidemocráticas. Porque a democracia non é só votar cada catro anos. A democracia é que todas as persoas vivamos con , traballemos con , nos manifestemos con ? Por iso é máis necesaria ca nunca a loita do 15M, que un ano despois demostrou que segue estando aí, canalizando a carraxe, a ira e o enfado contra políticos e banqueiros. Grazas ao 15M seguimos amosando a nosa indignación, por moito que teimen en facernos pensar que somos inferiories, que somos indignos de vivir como eles. Sen medo.

Tirado de Diario dun Altermundista
Share
TAGS:  ,