Autor/a

banner_consello_peq

Categorías

Economía verde ou economía fúnebre
Economía verde ou economía fúnebre

Sumidos nunha múltiple crise global, financeira, económica, alimentar e de devastación ambiental e caos climático, oímos desde os gobernos e as empresas que a “solución” será unha nova “economía verde”. Ou como dixo Obama parafraseando a Franklin Roosevelt fronte á crise de 1929, trátase dun “green new deal” (un novo acordo verde), onde todos serán escenarios de gañar-gañar.

Segundo isto, poderanse recuperar os investidores do capital financeiro, grazas á creación de novos mercados financeiros coa natureza –ampliando a venda de servizos ambientais e os mercados de carbono–, e poderanse recuperar os capitalistas da produción grazas ao uso de novas tecnoloxías que servirán para producir en xeito máis “verde”, o que tamén remediará os problemas ambientais. Con máis tecnoloxía, dinnos, poderase aumentar a produción agrícola e dar de comer á poboación mundial. Que se agacha nisto?

A aposta pola “economía verde”

Ningún dos escenarios descritos trata de revisar as causas das crises, nin de cuestionar os patróns de produción e consumo que están nas súas raiceiras. E as “ganancias-ganancias” ás que se refiren, son para os mesmos que provocaron as crises e se lucraron con elas. Son as mesmas vellas empresas transnacionais contaminantes, as que agora tamén controlan as tecnoloxías e os novos mercados, as que abren esta chamada “economía verde” procurando novas fontes de negocio cos desastres.

Con todo, para moitas persoas e organizacións, “economía verde” ten un significado positivo, asociado a produción agrícola orgánica, enerxías renovábeis, tecnoloxías limpas. Existe unha diversidade de propostas de economías alternativas, socialmente xustas, culturalmente apropiadas e ecoloxicamente sustentábeis. Pero esta nova noción de “economía verde” que se está a manexar desde os gobernos e empresas, vai por outro camiño. Trátase basicamente de renovar o capitalismo fronte ás crises, aumentando as bases de explotación e privatización da natureza.

Para iso, integra ao discurso parte das reivindicacións dos movementos sociais, pero reapropiadas polas corporacións. Por exemplo, é verdade que, como unha opción máis, promove a orgánica –que é mellor que a química, sen dúbida– pero baixo o suposto de que para facelo “masivamente” necesitaríanse grandes extensións ou até monocultivos “orgánicos”, certificados e controlados por transnacionais que poidan abastecer grandes cadeas de distribución e mercados centralizados. Paradoxalmente, así se fará moito máis insegura a soberanía alimentar. Ao depender de transnacionais, hoxe poderán producir orgánico pero mañá producirán, coma sempre, o que lles dea máis cartos, sexan orgánicos, transxénicos ou químicos. Xa sen opcións locais, sen soberanía nas sementes, sen labregas e labregos que defendan os seus dereitos en cada localidade, o seu monopolio está asegurado.

De todos os xeitos, a formulación da “economía verde” é moito máis ampla e inclúe un grande empuxe a novas tecnoloxías arriscadas –como a nanotecnoloxía, bioloxía sintética, xeoenxeñería–, unha apropiación aínda maior da natureza –rebautizada como “biomasa” cando en moitos casos é “agromasa”–, e unha nova forma de facer que a xente do común e o diñeiro público volvan financiar ás grandes empresas en crise.

Os negocios do negocio verde

Basicamente, esta nova onda de “economía verde” baséase en tres alicerces: unha meirande mercantilización e privatización da natureza e os ecosistemas, integrando as súas funcións –redefinidas como “servizos”– aos mercados financeiros; a promoción de novas tecnoloxías e a vasta expansión do uso de biomasa; e un marco de políticas que permitan e subsidien con recursos públicos eses desenvolvementos privatizadores. Como se pode ler en moitos informes que apostan pola “economía verde”, a preséntase como un “novo mercado multibillonario”, ao que as empresas deben pór atención; e para economías emerxentes, como Brasil, India, China que posúen unha enorme , supón novas oportunidades de negocio comerciando coa .

A mercantilización/financiarización da natureza é unha táboa de salvación para os investidores especulativos, porque abre novos mercados financeiros –carbono, servizos ambientais–, moi necesarios para banqueiros, fronte ao naufraxio doutros mercados especulativos. Os esquemas de pagos por servizos ambientais e de comercio de carbono, aos que nos referimos, non serviron en ningún caso para aliviar a crise climática ou a erosión da biodiversidade. Pola contra, significaron un empeoramento, xa que as comunidades que entran nestes esquemas perderon o control das súas terras e territorios, que pasan a estar suxeitos ás esixencias e regras dos investidores que “pagan” polos “servizos” que brindan. Funcións básicas da natureza mudan en mercadorías.

Son mercados moi atractivos para as empresas contaminantes e os investidores de risco, porque ademais de abrir novas ganancias coa revenda de bonos de carbono en mercados secundarios, permítelles seguir coas mesmas actividades contaminantes e aparecer coma se cumprisen coas regulamentacións sobre mudanza climática, os teitos de emisións de gases, etc. Os mercados de carbono e de servizos ambientais, en lugar de ser un recoñecemento ao campesiñado –como se queren presentar–, son en realidade unha forma de substituír políticas públicas de apoio á agricultura diversa, campesiña, descentralizada, ecolóxica, por mecanismos de mercado a mercede de empresas contaminantes que queiran pagalo, a quen cumpra as súas condicións.

A milagre tecnolóxica e a biomasa

O segundo alicerce, a proposta tecnolóxica, é complementaria e clave fronte ás crises, porque revitaliza a industria produtiva con fontes de ganancias extraordinarias, mentres afonda na ilusión de que non é necesario revisar as causas das crises: todo se pode resolver con máis tecnoloxía. Tecnoloxías que asemade están patentadas por grandes empresas –até as de enerxías consideradas limpas, como solar ou eólica.

Ademais, moitas das tecnoloxías consideradas para facer a produción máis “eficiente”, implican o uso de nanotecnoloxía, unha industria que a pesar de centos de estudos que mostran a toxicidade das nanopartículas e nanocompostos sobre a saúde e o ambiente, non está regulamentada en ningures no mundo. Tampouco se considera o seu custo enerxético real, tomando todo o ciclo de vida dos produtos nanotecnolóxicos, nin como manexar o novo lixo tóxico que xeran, entre outros factores.

Outra nova tecnoloxía subxacente ás propostas de economía verde é a enxeñería xenética, que implica desde máis cultivos transxénicos para agrocombustíbeis e resistentes ao clima, até bioloxía sintética –construción en laboratorio de xenes, pasos metabólicos ou microbios sintéticos enteiros, para producir novas sustancias industriais. Os usos máis inmediatos baséanse no procesamiento de celulosa, unha materia prima que antes non era “viábel” por ineficiente e custosa. Con microbios produto da bioloxía sintética é posíbel procesar calquera fonte de carbohidratos –a celulosa– para facer polímeros que se poden converter logo en combustíbeis, produtos farmacéuticos, plásticos ou outras sustancias industriais. Así, toda a natureza, todo o que estea vivo ou o estivese nalgún intre, é visto como “biomasa”, a nova materia prima universal para procesar con bioloxía sintética.

A disputa industrial por acaparar calquera fonte de biomasa natural ou cultivada –agromasa– xa está en marcha e é unha das maiores ameazas novas á natureza, aos pobos, ás fontes de auga e á alimentación. Hogano, o 24% da biomasa planetaria está mercantilizada –e a bioloxía sintética quere apropiarse do resto–, o que significa unha apropiación da biomasa que supera o ritmo e capacidade de rexeneración. Aínda por riba, a maioría da chamada “biomasa” está nos trópicos e en termos xeopolíticos, nos países do Sur global. Esta tecnoloxía, que se basea nunha fonte de recursos ilusoriamente renovábel, vén exacerbar os acaparamentos de terra e a disputa polo chan, auga e nutrientes que xa se agudizou coa promoción e subsidio de agrocombustíbeis. Ora ben, se calquera forma de cultivo, de plantación ou de natureza, pode ser a materia prima de combustíbeis, fármacos, forraxes e moitas sustancias industriais, a disputa coas terras indíxenas e campesiñas e áreas naturais medrará exponencialmente.

Conclusión

En xeral, estas propostas de “economía verde”, funcionan como un paraugas de moitas tecnoloxías e propostas que se basean ou usan recursos biolóxicos, querendo crear a ilusión de que serán unha transición dunha economía baseada en combustíbeis fósiles a outra máis ambientalmente amigábel e que as tecnoloxías permitirán superar calquera problema, sen mudar as causas nin os patróns de consumo e produción. Isto non acontecerá endexamais, porque son as mesmas empresas globais, coas mesmas intencións. As petroleiras non deixarán, por vontade propia, de explotar petróleo até que se acabe a última pinga. Só agregarán outras fontes de enerxía aos negocios que xa teñen en marcha, e cobrarán ademais créditos de carbono por iso.

A bioloxía sintética está viabilizando novas configuracións corporativas: 6 das 10 maiores petroleiras do mundo –incluíndo BP, Chevron, Exxon–, 6 das 10 maiores químicas –como BASF, Dow, Bayer, Total, DuPont–, 6 das maiores empresas de agronegocios –como Cargill, ADM, Bunge, Louis Dreyfuss–; e todas as transnacionais de transxénicos –como Monsanto, Syngenta, Dow, Bayer–, están por detrás e en acordos con empresas novas como Amyris, Butamax, Codexis, que son quen están desenvolvendo a tecnoloxía. A pesar de que a maioría da biomasa e os recursos dos que se pretenden apropiar sexan efectivamente de cor verde, estas propostas empeorarán gravemente os problemas sociais, ambientais e da biodiversidade, co avance corporativo sobre a natureza e os cultivos.

Pola contra, os millóns de labregos, labregas, indíxenas, pastores e pescadores artesanais, as comunidades locais e forestais, por milenios souberon relacionarse coa natureza e a biodiversidade, en formas diversas e ecoloxicamente sustentábeis. Non é un proceso pasado, senón presente e imprescindíbel. Se queremos realmente saír das crises, temos que cuestionar as súas causas e apoiar os dereitos integrais destas persoas actores da biodiversidade, que son quen actualmente alimentan a máis do 70 por cento do planeta.

Manipular o clima?

O extremo en termos de riscos en novas tecnoloxías expono a xeoenxeñería. En lugar de frear as causas da crise climática, a proposta é manipular o clima planetario para arrefriar a terra. Propón crear nubes volcánicas artificiais que actúen como antuca para os raios solares, usar masivamente biomasa para queimar e fertilizar o chan como sumidoiro de carbono –biochar–, moitas máis plantacións de monocultivos de árbores e cultivos transxénicos reflectores, a fertilización dos mares con ferro ou urea para absorber carbono, etc. Todas as propostas son a mega-escala, porque pola contra non afectarían o clima global –aínda que terían graves impactos locais. Os efectos de manipular un sistema global, pouco coñecido e de alta complexidade como o clima, poderían ser devastadores para moitos países que nunca saberán que aconteceu. Daría a quen tivese os recursos e a tecnoloxía para desenvolver xeoenxeñería a posibilidade de apropiarse do termostato global.

Artigo cedido para a súa publicación en galego polo colaborador de Altermundo Gustavo Duch, coordinador e editor da revista ‘Soberanía alimentaria, biodiversidad y culturas’, na que foi publicada unha versión do mesmo.
Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning