Autor/a

Creado en 1991, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) é unha entidade independente e sen fins de lucro que ten por obxecto principal a investigación dos problemas internacionais e a activación de estratexias que favorezan unha maior proxección de Galicia no mundo en tódolos dominios.

banner_consello_peq

Categorías

Eleccións en Grecia: un revés político para a “troika” europea
Eleccións en Grecia: un revés político para a “troika” europea

As eleccións lexislativas celebradas o pasado domingo 6 de maio en confirmaron o anunciado escenario de fragmentación política nun país sumido na súa máis grave crise socioeconómica desde que en 2010 fora obxecto do rescate financeiro propiciado pola “troika” conformada pola Comisión Europea, o Banco Central Europeo (BCE) e o Fondo Monetario Internacional (FMI). Os comicios gregos expresaron unha forte contestación social non só cara a súa clase política tradicional senón contra os programas de austeridade económica impulsados dende Bruxelas e Berlín.

O novo mapa político grego da conta dun escenario absolutamente atomizado, tendo en conta a participación electoral de 32 partidos políticos e a caída de votos por parte do conservador Nova Democracia, ND (18,88% dos votos, obtendo 108 escanos) e do socialista PASOK (13,19% dos votos, 41 deputados), incapaces de alcanzar a maioría lexislativa de 151 dos 300 escanos. A práctica imposibilidade dun goberno de coalición ND-PASOK quedou en evidencia ante o espectacular avance de opcións alternativas como a Coalición da Esquerda (16,76%, 52 deputados), unha formación que cuadriplicou os seus votos con respecto aos anteriores comicios de 2009 e que amosase radicalmente contraria aos programas de austeridade propiciados pola “troika”.

Outras formacións con peso parlamentario que afianzan a volatilidade política son o nacionalista e dereitista Gregos Independentes, (10,6%, 33 deputados), o Partido Comunista de Grecia, KKE (8,47%, 26 escanos), a Esquerda Democrática, DIMAS (6,1%, 19 deputados) e, dun xeito mais preocupante, a ultradereita xenófoba e antiinmigración de Amencer Dourado (6,97%, 21 deputados), movemento que sae repentinamente da súa marxinalidade política a raíz da crise socioeconómica -nas eleccións de 2009 só alcanzara o 0,29% dos sufraxios-. A abstención, cifrada no 38%, igualmente certificou a sensación de desencanto no electorado grego.

Estes comicios lexislativos confirmaron un retroceso para as opcións de dereita gobernante en varios países europeos e defensores da austeridade financeira, no marco dunha conxuntura electoral clave á vista da celebración paralela da segunda volta dos comicios presidenciais franceses, gañada polo socialista François Hollande; dos comicios presidenciais de Serbia, que dirimirán nunha segunda volta o próximo 20 de maio entre o mandatario europeísta Boris Tadic e o ultranacionalista Tomislav Nikolic; dos comicios no länder alemá de Schleswig-Holstein, que coa vitoria dos socialdemócratas do SPD asestaron un duro revés político para a chanceler demócrata-cristiá Ánxela Merkel; e, con menos atención informativa, dos comicios municipais británicos, onde os nacionalistas do SNP en Escocia obtiveron un relevante triunfo electoral.

O ascenso dunha nova esquerda grega

Sen dúbida, o factor que altera o novo mapa político grego é o avance dunha nova opción dende a esquerda, a Coalición da Esquerda Radical, SYRIZA, liderada por Alexis Tsipras (39 anos), un novo liderado político dentro dunha plataforma que engloba a diversos partidos e movementos na tradicionalmente militante esquerda grega, algúns deles de afiliación anarquista, trotskista, maoísta e de moitos desencantados co socialista PASOK. Tralas eleccións, o SYRIZA afiánzase como o segundo partido político en Grecia, tras a Nova Democracia e superando ao PASOK.

Como visible triunfador da contenda electoral, Tsipras fixo un inmediato chamamento para formar un goberno de esquerdas con clara vocación de suspender os draconianos programas de austeridade financeira impulsados dende a “troika” e aceptados tacitamente por Nova Democracia e o PASOK. Aínda que con certos claroscuros, o SYRIZA amosa unha actitude relativamente favorable á permanencia grega dentro do Euro e da Unión Europea, obviamente premendo por unha relación mais equitativa que remate co visible “protectorado económico grego” dende o exterior, particularmente polo peso de decisións tomado por Berlín desde a aplicación dos rescates en 2010.

No novo contexto parlamentario, todo apunto a que SYRIZA conformaría eventualmente unha coalición co Partido Comunista, KKE e a Esquerda Democrática (DIMAS). O líder desta formación, Fotis Kuvelis, está considerado como o político grego mais popular e mellor valorado pola cidadanía.

Tras coñecerse os resultados e verificarse o fracaso electoral de ND e PASOK, o actual primeiro ministro grego, o socialista Evangelos Venizelos, fixo un infrutuoso chamado a conformar un incerto goberno de coalición, pouco probable tendo en conta a actual atomización parlamentaria, onde SYRIZA terá un peso político clave. Este chamamento só tivo eco no líder de ND, Antonis Samaras, quen instou publicamente a “renegociar” con Bruxelas un novo programa de rescate financeiro.

Por tanto, as incertezas dominan o actual escenario político grego. O ascenso de SYRIZA, o fracaso do bipartidismo ND-PASOK dominante dende a década de 1980 e, máis preocupante aínda, o ingreso parlamentario de opcións neonazis e xenófobas como Amencer Dourado, verifican unha sensación de urxencia por parte da cidadanía grega á hora de atopar novas alternativas nun escenario social abertamente conflitivo e agravado pola austeridade impulsada pola “troika”. Dende os sectores de esquerda se vaticina que a “troika” e as elites políticas están tentando configurar en Grecia unha especie de laboratorio da “nova economía post-crise”, fraguada na austeridade, na imposición de salarios paupérrimos e no progresivo desmantelamento do estado social de benestar.  

Resulta palpable en Grecia a sensación cidadá de estar practicamente “hipotecados” aos designios económicos de Bruxelas e Berlín durante as próximas décadas. A grave crise ameaza constantemente con activar unha explosión social motivada pola alarmante situación socioeconómica derivada do aumento da pobreza, dun proceso de pauperización económica definido en torno á precariedade salarial e laboral e do aumento do desemprego (calculado nun 21% da poboación economicamente activa), factores que están potenciando a emigración e un aumento na taxa de suicidios.

Paralelamente, o escenario postelectoral aprecia o avance das opcións nacionalistas e ultranacionalistas, con especial énfase en Gregos Independentes, formación de tendencia dereitista e nacionalista conformada por deputados expulsados do ND opostos  aos acordos de rescate da UE. Obviamente, a entrada ao Parlamento grego de Amencer Dourado fortalecerá un discurso xenófobo e antiinmigración que aumenta nas capas populares, incrementando unha sensación de posible violencia social a tenor da afiliación neonazi deste movemento que pide a expulsión dos estranxeiros ilegais e a saída grega da UE.

Aínda que non entrou no Parlamento grego ao non poder superar o limiar do 3% dos votos, outra formación a ter en conta é a Alerta Popular Ortodoxa (LAOS), outro partido ultradereitista cun discurso antiinmigración. Curiosamente, LAOS non puido consolidar o seu peso tras caer na votación unha vez formara parte do goberno de coalición de Giorgios Papademos en 2011.

A opción da “troika”

Así, a volatilidade e atomización parlamentaria abre un escenario de sensación de ingobernabilidade en Grecia, que pode levar a unha posible repetición dos comicios lexislativos, moi seguramente ante a presión política por parte da “troika”. Esta implicación exterior preelectoral foi evidente trala inédita declaración do ministro alemá de Finanzas, Wolfgang Schaeuble, premendo ao electorado grego a favor das medidas de austeridade (en clave de votos favorables ao ND e PASOK), e advertindo de que, no caso contrario, Grecia sufriría dramáticas consecuencias económicas, como a súa saída do Euro.

En caso de repetición electoral, os próximos comicios celebraríanse en cinco semanas. Pero o actual escenario postelectoral abre unha paréntese no que a “troika” ten en perspectiva novas iniciativas para preservar a súa política. Cunha visita a Grecia nos próximos días, definirase o impulso dun novo plan económico de austeridade que contempla a redución no gasto público doutros 11.500 millóns de euros. Este plan erixiríase como a principal válvula de presión da “troika” cara Atenas dentro do actual mapa de atomización e incerteza postelectoral.

Tendo en conta este novo escenario, onde SYRIZA posúe un peso político clave á hora de rexeitar estes programas de axuste, é probable que se produza unha maior presión por parte da “troika” a favor dunha repetición electoral que, eventualmente, poida configurar un goberno de coalición ND-PASOK favorable aos programas de axuste económico. Pero todo apunta a que a atomización política augura un novo Parlamento de escasa duración así como a reactivación nas próximas semanas da conflitividade social, expresada en folgas e mobilizacións populares, moitas delas de cariz violento, e onde bandas afiliadas á ultradereita de Amencer Dourado poden erixirse como perniciosos protagonistas.

Un novo contexto político europeo

Se ben diversas enquisas amosan que unha maioría dos gregos é favorable á permanencia na UE e no Euro, aínda que instando a unha reconsideración dos programas de axuste, a suma dos votos das pasadas eleccións lexislativas ofrece unha lectura radicalmente distinta.

As formacións “proeuropeístas” defensoras dos programas de axuste e conformadas en torno a ND e PASOK, alcanzaron un 34% dos votos, equivalente a 149 deputados. Pola contra, as formacións contrarias aos plans de austeridade da “troika”, mobilizadas nun amplo espectro político e ideolóxico que abarca dende a esquerda ata a ultradereita, sumaron o 51% dos votos, cun total de 152 deputados. Sumando o factor que supón un 38% de abstención electoral, a mensaxe política do electorado grego certifica o descontento cara as súas elites e un notorio aviso a Europa sobre as perniciosas consecuencias socioeconómicas dos programas de austeridade.

Paralelamente, esta contestación electoral grega intensifica unha sensación de freo ao avance electoral da dereita europea. A vitoria do socialista François Hollande na segunda volta electoral francesa e a perspectiva de que o novo goberno en París alterará os cálculos políticos da chanceler alemá Ánxela Merkel á hora de configurar os novos eixes xeopolíticos na UE conforman novas variables. Precisamente, Merkel sufriu o pasado domingo un relevante revés político coa vitoria socialdemócrata nas eleccións no länder alemá de Schleswig-Holstein.

A perspectiva dunha maior conflitividade política e social en Grecia así como a eventual presión de Hollande para revisar os programas de austeridade económica impulsados por Merkel no seno da UE, condiciona subitamente un novo mapa político para Europa. Un escenario igualmente explicado ante outros contextos electorais celebrados de forma paralela o pasado domingo en países “periféricos” da UE, tales como os comicios presidenciais en Serbia, que celebrarán unha segunda volta tralo avance do ultranacionalista Tomislav Nikolic; e as eleccións municipais británicas, que evidenciaron o avance dos nacionalistas do SNP en Escocia.

Este novo contexto político en Europa identifica igualmente unha necesaria revisión do proxecto europeísta con vistas a impulsar unha visión mais plural por parte das elites da UE á hora de encarar o ascenso doutras alternativas políticas de saída á crise, algunhas delas de carácter contestatario e rupturista, e a satisfacción de novos equilibrios que satisfagan as arelas das maiorías sociais en detrimento das desmedidas ambicións das novas e vellas oligarquías.

Igadi Paper / nº 084 – 08/05/2012
Share

1 Comentario
  1. Ralf Nader respondeu sem qeruer ao abalo da cultura de garantia e qualidade da Goldman Sachs, que Greg Smith denunciou nas colunas do NY Times, e o conduziu e0 demisse3o de uma das mais poderosas trades do Mundo com 137 anos de leais e bons servie7os. Ora vejamos: ” Traders making speculative money from speculative money, traded in trillions de dollars, now hold hostage the real economy wherein people make money from providing needed or wanted goods and services. The fate of Americain workers, their pensions and the real businesses that employ them, rests on the globalized dominoes that a teetering Greece could set in motion. This is the craven logic of a global casino economy, driven by split-second computerized algorithms and common flaged by the phony theory of ” free trade ” which is really corporate-managed trade “. Como diz G. Debord, ” na sociedade da economia super-desenvolvida tudo entrou na esfera dos bens econf3micos, mesma a e1gua das nascentes e o ar das cidades, isto e9, tudo se transformou em mal econf3mico, ” negae7e3o acabada da humanidade ” que atinge agora a sua perfeita realizae7e3o material “. E Craig, que descobrimos e0s 7,30 da matina de ontem, parece que este1 a dar e2nimo a uma nova onda de revolta e contestae7e3o de O.W.Street,foco descentralizado de luta contra as hierarquias de todos os tamanhos e feitos,espiritos secte1rios e escravos da corrupe7e3o. Salut! Niet

 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning