Autor/a

Investigador en Bakeaz e membro de Berdeak-Los Verdes e de Deshazkundea. Coordinador da revista Ecopolítica.

banner_consello_peq

Categorías

Emprego verde para superar a crise
Emprego verde para superar a crise

As sociedades industrializadas estamos a atravesar unha profunda crise. Moito máis ca unha crise financeira, trátase dunha crise do modelo baseado no crecemento infinito. Trátase dunha crise do sistema capitalista no seu conxunto, que fai augas tras chocar contra os límites físicos do planeta, contra a crecente escaseza de petróleo, contra a (case) imposibilidade de xerar novas burbullas (inmobiliarias, de consumo ou financeiras) ás que amarrarse para seguir á boia.

A ecoloxía política leva décadas advertindo do inevitábel da situación que agora nos toca afrontar. Non é posíbel seguir crecendo de forma indefinida, e seguir por esa senda tan só producirá máis miseria social e máis destrución ecolóxica. En contrapartida, tamén levamos moito tempo propondo solucións para endereitar o rumbo, alternativas válidas cuxa implantación require máis vontade política e social que esforzo. Unha delas é o eco-, que en Euskadi –segundo os nosos cálculos avalados pola Fundación Verde europea– podería xerar polo menos 45.000 novos postos de traballo.

Para iso, en primeiro lugar propomos reducir o noso consumo enerxético no sector residencial, a través dun plan que financie a rehabilitación integral duns 12.000 inmobles ao ano –cubertas, fachadas, cerramentos, novos sistemas enerxéticos. Segundo os nosos cálculos, un plan destas características podería crear entre 15.000 e 35.000 empregos estábeis no sector da construción e nos gremios asociados, amais diso dinamizar un novo sector dedicado á arquitectura bioclimática e enerxética. O aforro na factura enerxética de gas e electricidade a medio prazo podería ser do 10-20 por cento.

O noso segundo obxectivo sería remodelar a estrutura de subministración eléctrica do país. É preciso desenvolver un sistema descentralizado, eficiente e flexíbel, que priorice a enerxía renovábel producida en pequenas instalacións de autoxeneración. A infraestrutura asociada á fabricación, instalación e mantemento desta rede podería xerar entre 10.000 e 17.000 empregos. Outros 1.000 postos de traballo de alta cualificación deberían provir do impulso á investigación en novas tecnoloxías renovábeis –como a xeotermia–, así como ao desenvolvemento de sistemas intelixentes de control da rede eléctrica. Deste xeito en 2020 poderiamos ter unha subministración eléctrica de orixe renovábel ao 50 por cento.

Asemade necesitamos reducir a nosa dependencia do petróleo mudando a forma de nos mover e de transportar as mercadorías ao longo e ancho do país. Cómpre utilizar menos o vehículo privado. Poderiamos xerar entre 2.500 e 4.500 empregos implantando plans de mobilidade sustentábel nas grandes empresas e en todos os polígonos industriais do país, estendendo as redes de transporte público aos núcleos de poboación dispersos, acometendo a modernización do ferrocarril de proximidade ou rematando a integración das redes metropolitanas de transporte público.

Por outra banda consideramos necesario xestionar dunha forma sustentábel a nosa riqueza natural. Agricultura, gandería, pesca e explotación forestal son sectores que levan décadas en decadencia, afogados pola competencia desleal que impón o libre mercado. E, con todo, teñen un enorme potencial para crear máis eco-emprego. Poderíanse crear case 14.000 postos de traballo: apoiando a produción ecolóxica de alimentos, incentivando o consumo local de produtos agrícolas e gandeiros autóctonos, creando reservas costeiras sustentábeis para a nosa flota de baixura ou promovendo a conversión da actual industria forestal cara a explotacións que cultiven especies de maior valor engadido, ou que produzan de xeito sustentábel a biomasa que necesita o país para reducir a súa dependencia dos combustíbeis fósiles. En contrapartida, será necesario actuar sobre os mecanismos de formación de prezos e controlar de forma estrita que os produtos de importación cumpran todos os requisitos ambientais e legais exixíbeis.

Outro recurso autóctono que debemos aproveitar son os materiais contidos nos residuos. Para iso é imprescindíbel xeneralizar a recolleita selectiva en orixe, posibilitar a reutilización de aveños e obxectos útiles ou implantar sistemas de xestión de envases retornábeis. Isto permitiría crear ata 1.000 empregos, moitos deles procedentes da economía social e solidaria.

De igual xeito, podemos habilitar outros 1.000 empregos se reforzamos as políticas de aforro e xestión racional da auga. A certeza de que a auga é e será un recurso escaso, débenos impulsar a modernizar os sistemas de regadío agrícola e a reducir as perdas que se producen nas redes de abastecemento. Tamén debemos culminar os plans de depuración de augas residuais e financiar a implantación de redes separativas de saneamento, que eviten depurar a auga da choiva e facilitar a súa utilización para outros usos.

Para rematar tamén cómpre reorientar o noso modelo produtivo industrial cara á sustentabilidade. É factíbel crear 700 empregos cualificados deseñando estratexias para fabricar produtos máis ecolóxicos, fiábeis, sustentábeis e duradeiros, o que sen dúbida redundaría en vantaxes competitivas adicionais para a industria vasca que decida transitar por ese camiño.

En resumo, cremos que hogano a ecoloxía política é quen de achegar solucións para camiñar cara a un novo modelo económico e social. Aínda que pareza paradoxal no discurso dominante, sexa conservador ou progresista, loitar contra a crise ecolóxica tamén permite afrontar mellor a crise económica. Podemos crear emprego, mesmo nunha situación económica tan desfavorábel como a actual, mellorando ao mesmo tempo a situación ambiental. Atrevémonos?

Cedido polos autores para a súa publicación en galego. Publicado previamente en la Fundación Manu Robles-Arangiz Institutua.
Share

2 Comentarios
  1. […] Artículo publicado en la Fundación Manu Robles-Arangiz Institutua, 16-10-2012. Disponible en gallego en la web de Altermundo. […]

  2. O 85% das novas cooperativas que se constitúen fórmanse no País Vasco, Catalunya, Andalucía e Murcia. O País Vasco é a comunidade onde o movemento cooperativo é máis forte e conta con algunhas das cooperativas máis coñecidas e consolidadas. É o caso do grupo Mondragón, que agrega a decenas de cooperativas -entre as que están algunhas marcas coñecidas, como Eroski e Fagor- e que emprega a máis de 83.000 persoas. Durante a crise, o emprego cooperativo apenas sufriu variacións no País Vasco. En Murcia, as cooperativas de educación -máis de oitenta- representan o 50% da educación concertada da rexión.

 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning