Autor/a

Trespés Sociedade Cooperativa Galega

banner_consello_peq

Categorías

En todas as mans, visibilizar un territorio
En todas as mans, visibilizar un territorio

A man nun duplo valor; como elemento de traballo, como símbolo do traballo comunitario e a man como elemento de decisión nas asembleas, como símbolo do asemblearismo. Este é o sentido do título do noso proxecto de documental “En todas as mans”. Porque é sobre isto do que queremos tratar. De comunitarismo, de participación directa, de xestión do territorio, de patrimonio cultural, de monte veciñal.

700.000 has. de territorio, o que representa o 25 por cento da superficie do país, baixo a titularidade comunitaria, xestionadas a través de 3.000 entidades que involucran na volta de 150.000 persoas. A realidade do monte veciñal en cifras déixanos abaneando. Son números que debuxan un contexto, o do monte veciñal en Galiza, que exceptuando o norte de Portugal, adquire unha relevancia sen igual en todo o ámbito europeo. O noso proxecto de documental nace dun sentir, dunha pregunta. Ocupa o monte veciñal o lugar que lle corresponde na realidade galega? 

O monte veciñal permanece invisibilizado na realidade do país, existindo un alargado descoñecemento a súa volta. Este descoñecemento percíbese, mesmo, entre a poboación do rural.  Ao tempo, pululan discursos sobre o monte veciñal que describen unha  realidade marcada polo inmobilismo, exceso da visión produtivista, e unha má xestión. 

Si que é verdade que o proceso de devolución dos montes á veciñanza das parroquias e aldeas, encetado hai máis de trinta anos, abriu un novo período onde o monte veciñal readaptou o papel que xogaba na sociedade rural. O abandono agrario repercutiu nun distanciamento con respecto ao monte, debido entre outros factores a que se rompeu o vínculo de necesidade, porque xa non tiñan o monte como recurso directo. Algo que se acentuou na xente máis nova, pois os raparigos e raparigas ven o monte, que terán que xestionar no futuro, como algo distante e non o recoñecen como propio. Este distanciamento da veciñanza, manifestase nun baixo grao de participación dos comuneiros/as, a xeneralización de modelos privados de xestión nas comunidades (externalización) en detrimento da xestión directa.  Aínda así a devolución dos montes propiciou, en parte, que a toma de decisións, a democracia participativa, se incorporase ao rural. 

Nestas tres décadas, lonxe do inmobilismo, o monte veciñal non deixou de mudar. Así na xestión dos montes vanse, aos poucos, incorporando visións mais alá do produtivismo, con discursos como a multifuncionalidade que ten nas cuestións ambiental e social, dous dos seus alicerces. Nese aspecto, o proceso de pre-produción do documental está permitíndonos coñecer o  traballo que desenvolven moitas

En determinadas comarcas, o monte veciñal é xerador de emprego, sendo evidente o papel que xogan como fixadoras de poboación no medio rural. Existen comunidades, como a de Teis en Vigo, que saben da loita contra especies invasoras como as acacias, facendo unha aposta clara pola protección do bosque autóctono. E cada vez son mais as comunidades de montes que están desenvolvendo proxectos propios de recuperación do patrimonio arqueolóxico e cultural, ou realizando programas de protección de certos hábitats naturais. Xa no plano da xestión, estase producindo un proceso de renovación xeracional, coa  incorporación de mulleres e xente nova ás xuntas reitoras. En ocasións son estes procesos os que determinan a incorporación de novos discursos á visión do monte. Por iso o noso interese en que o documental se constrúa como discurso colectivo a partir das voces da xente das diferentes comunidades, dando visibilidade ás realidades presentes no monte veciñal. 

Xunto a estes factores, tamén pretendemos que o documental permita sinalar o valor cultural que a figura do monte veciñal ten. Esta forma de xestionar o territorio ten a orixe na chegada dos pobos xermánicos hai máis de mil anos. Perdurou no tempo malia os múltiples intentos de usurpación, os mais deles na época moderna da man dos poderes estatais. É unha forma xenuína de nós e cómpre a súa consideración como patrimonio cultural inmaterial. Como ferramenta para xerir o territorio, os montes veciñais sitúanse próximos das políticas ambientais que inciden na necesidade de involucrar os cidadáns na xestión e na custodia dos seus territorios. Por isto, cremos que tan importante como valorizar a figura do monte veciñal, é valorar o traballo das comunidades, dos comuneiros e comuneiras. Facer valer o monte veciñal e o orgullo de sermos comuneiras e comuneiros. 

Fronte a visión que teima en ver os montes veciñais como un problema, nós consideramos que son unha oportunidade para o país. Cremos que este proxecto “En todas as mans” é necesario, que este é un momento axeitado para avaliar o que está a acontecer no monte veciñal, e que esta reflexión debe servir tamén para analizar o papel que debe ter no futuro na xestión do territorio. 

Lonxe de ser unha ollada sobre o pasado do monte veciñal, o noso proxecto encara o seu futuro e o seu lugar nas políticas do territorio das que tanto estamos necesitadas.

O proxecto documental ‘En todas as mans’

'En todas as mans' é un proxecto documental producido por Trespés Soc. Coop. Galega, que a través de espazos colaborativos e novas ferramentas de comunicación pretende construír un relato sobre o mancomún. No país do minifundismo permanece unha realidade que é de todos, e ao tempo de ninguén. Así é o mundo dos montes en mancomún. Esta forma de titularidade asenta as súas raíces nunha concepción colectiva do territorio, e fai parte do patrimonio cultural galego. Hai trinta anos os seus lexítimos titulares, a veciñanza dos lugares, comezaron a recuperar a xestión dos montes en mancomún, é tempo pois de realizar unha achega á situación actual deste réxime de titularidade. Pretendemos construír un relato tecido coas voces das xentes das comunidades e do ámbito académico. Construiremos, así, unha ollada diversa, unha reflexión colectiva sobre o monte en mancomún e o seu futuro.

Os montes en mancomún

Os montes en mancomún son formas de titularidade de orixe xurídica xermánica. Fronte a propiedade pública ou privada, que teñen orixe xurídica romana, este xeito de xestionar o territorio non supón ser propietario, senón usufrutuario, dereito de uso e xestión. O monte ne mancomún non se pode vender, nen parcelar. Na actualidade, a forma do mancomún existe no territorio galego e no norte de Portugal. Galiza conta con aproximadamente 3.000 comunidades de montes en mancomún, que xestionan perto de 700.000 has. de territorio galego, un 29,85% da superficie forestal. A titularidade comunitaria implica na xestión do territorio uns 150.000 comuneiros e comuneiras.

Que fai necesario este traballo?

Este documental pretende mostrar o mundo do mancomún, unha realidade próxima, escasamente coñecida e pouco valorada pola sociedade galega. Ao tempo, queremos sinalar as potencialidades que ten como ferramenta válida para a xestión e custodia do territorio próximo. Pretendemos sinalar a titularidade en mancomún como un elemento que fai parte do patrimonio cultural galego. Queremos que este proxecto sirva como recoñecemento para as persoas que conforman as moitas comunidades de montes, os comuneiros e comuneiras. Desexamos estimular a súa participación e o orgullo por poder participar dun xeito de xestión do territorio propia, ao tempo que esa apreciación se expande ao conxunto da cidadanía galega.

A produtora: Trespés

Trespés é unha sociedade cooperativa galega de recente criación. Facemos parte dela, Tania Martínez, Paulo Jablonski e Alberte Román. Somos unha equipa multidisciplinar con ampla experiencia na materialización de ideas. Manexamos a versatilidade como ferramenta. Modelamos coa imaxinación. Construímos coa criatividade. Ofrecemos unha visión integral e multidisciplinar baseada nunha ampla experiencia nos sectores social, cultural e ambiental. Combinamos e complementamos diferentes ámbitos de traballo aplicando unha perspectiva cualitativa e fomentando a participación da cidadanía mediante metodoloxías flexíbeis a cada contexto.

Como colaborar?

Trespés conta para este proxecto co apoio dalgunhas administracións e ten en marcha mecanismos de crowdfunding para completar o financiamento.

+INFO: www.entodasasmans.com | Contacto: info@entodasasmans.com | Facebook: www.facebook.com/entodasasmans
Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning