Autor/a

Xornalista. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Eric Toussaint: “A crise durará dez ou vinte anos máis”
Eric Toussaint: “A crise durará dez ou vinte anos máis”

A actual situación dos cidadáns dos estados europeos é o resultado de tres décadas dun estudado comportamento piramidal. E, aínda que ás veces se esqueza, ten moito que ver coa débeda pública, froito dunha política deliberada, social e fiscalmente inxusta, consistente en privilexiar aos que máis ingresos e benestar posúen. Pero hai solución: "Rexeitala como ilexítima". Polo menos iso é o que defendeu en Pontevedra Éric Toussaint, presidente de CADTM (Comité de Abolición da Débeda do terceiro Mundo) e membro do Foro Social Mundial e de Attac na primeira xornada da Semana Galega de Filosofía, que este ano a Aula castelao dedica a repensar Europa.

As políticas neoliberais racharon nos anos 80 con máis de trinta anos de pacto social –non no Estado español, que viviu o franquismo, senón nos países liberados despois da Segunda Guerra Mundial-. A de hoxe é unha morte que se viña anunciando desde a caída do Muro de Berlín e a clausura da Guerra Fría. Con este contrasinal conságrase a reedición do liberalismo político e económico cando Margaret Thatcher asume o goberno en Inglaterra e Ronald Reagan nos Estados Unidos. A utopía do mercado vólvese pensamento único como xa urdira o que logo foi Nóbel de economía, Milton Friedman, nun tecido de intelectuais favorábeis á esta doutrina: a doutrina do shock, tal como a denominaría Naomi Klein.

Toussaint explica que a partir do 2007-2008, co grande estourido da crise, os gobernos víronse na encrucillada de retomar políticas keynesianas ou seguir enfocados ao . “Naquela altura, non sei se a xente lembra que Jose Manuel Barroso dicía que era importante establecer amortiguadores sociais. E é que había conciencia de que se trataba dun fallo do sistema. Temían unha rebelión contra o capitalismo. E non a houbo. Así que puxeron en marcha políticas moito máis duras que pretenden lograr unha precariedade laboral superior. Para eles relanzar a economía mediante pactos sociais dotaría de forza ao movemento obreiro, e o que queren a todas luces é unha derrota histórica deste”.

A CHAMADA DÉBEDA ODIOSA

“Os gobernos dinnos que o único debate posíbel é como se van distribuír os sacrificios a nivel da maioría da poboación, porque xa non se discute que os máis poderosos e os que ocasionarion os maiores problemas non teñen que participar no saneamento. Pero hai unha parte ilexítima da débeda pública. Kant dicía que unha persoa podía tomar parte legal en actos ilexítimos. Un goberno elixido legalmente emite títulos de débeda legal, pero esa débeda convírtese en ilexítima porque non respecta principios básicos de equidade nin de xustiza. Contratan débedas para rescatar banqueiros e sociedades inmobiliarias que tomaron posicións arriscadas e causaron crise. Este aumento dá débeda pública é ilexítimo, non serve aos deberes do Estado sobre a súa poboación xeral. Por iso afirmo que hai débedas odiosas na UE”.

A débeda odiosa é unha doutrina do dereito internacional elaborada por Alexander Sack, antigo ministro do Zar, emigrado en Francia logo da Revolución de 1917, profesor de Dereito en París, en 1927, que di exactamente: “Se un poder despótico contrae unha débeda, non para as súas necesidades ou as necesidades do Estado, senón para fortalecer o seu réxime despótico, para reprimir á poboación que lle combate, esta débeda é odiosa para a poboación do Estado enteiro. Esta débeda non é obligatoria para a nación: é unha débeda de réxime, débeda persoal do poder que a contraeu; en consecuencia, desaparece coa caída dese poder” 

Curiosamente, despois de décadas reclamando a eliminación da débeda do Terceiro Mundo, aqueles que se opuxeron, as grandes potencias, que ao mesmo tempo son os acreedores, introduciron de supeto no seu discurso o termo. Foi en abril do 2003, cando a Administración de Bush lle solicitou a Francia, Alemania e Rusia -contrarios á guerra contra Irak- que renunciasen ao reintegro da débeda que Irak tiña con eles. 

O EXEMPLO DE LATINOAMÉRICA

Un exemplo significativo de oposición "á dictadura mercantil" é o de Arxentina. Despois da sublevación popular de decembro de 2001 decidiu suspender o pagamento da débeda de 89 mil millóns de dólares en formas de bonos vendidos a bancos norteamericanos até marzo de 2005, ano en que logrou un acordo de troco ventaxoso. En canto á débeda co Club de París -foro informal de acredores oficiais e países debedores, entro os que se atopa España-, decidiu unilateralmente non pagar. “Arxentina non lle paga a súa débeda con España desde decembro de 2001 pero ninguén di nada, nin o Club de París, para evitar o efecto contaxio”, comenta Toussaint. “Hai un país que non paga a súa débeda e ten unha taxa de crecemento magnífico. Creceu a exportación, é certo, pero sen eliminación da débeda isto non tería pasado. Para min Arxentina non é un modelo revolucionario, pero demostra que se pode ser insubordinado aos mercados. Arxentina éo e forma parte do G20. España non”. 

A NEGATIVA DE RAFAEL CORREA

“Queridos Compatriotas ecuatorianas e ecuatorianos, buscaremos non só sancionar aos culpábeis senón tamén non pagar a débeda ilexítima, a débeda corrupta, a débeda ilegal; o seu peso debe ser trasladado por partes iguais aos responsábeis de adquirila con títulos espureos, con malas artes, con chantaxe, con traizón. Cada cal ten que asumir a súa responsabilidade, pagar cos seus bens o que corresponde. Os prestamistas non son menos culpábeis, os que induciron compulsivamente, amarraron e coimaron con xugosas comisións, a como dese lugar, para colocar os seus empréstitos. Xa basta de tanto saqueo, xa basta de tanto latrocinio xa basta de tanta inequidade! A dignidade e a xustiza inauguráronse o 15 de xaneiro do 2007 e demostraremos que somos un país soberano”. Pronunciaba este discurso en Quito, o presidente Rafael Correa, un 20 de novembro do 2008, despois de recibir o Informe de Auditoría da CAIC, encargado por primeira vez na historia por un goberno, na que participou Toussaint canda outros dezaoito expertos. 

“Eu traballei catorce meses nesa auditoría integral da débeda pública de Ecuador –relata o conferenciante-. E dous meses despois de entregarlle o texto, Correa decidiu suspender o pago da débeda en forma de bonos. O positivo é que o país tiña o diñeiro e tiña ingresos petroleiros, pero decidiu destinalos á sociedade. Provocou un escándalo, pero o goberno mantivo a súa posición até xuño de 2009. Nese momento manifestou que non faría un troco de bonos: ‘Recompraremos os bonos, non teremos máis débeda con vostedes’. E recomprou un 91% dos seus bonos cun desconto do 61%”. 

Islandia era un modelo como Irlanda, neoliberal e cun sistema bancario sobredimensionado. Pero cara a finais do 2008, mentres os mercados financeiros globais sumíanse no pánico tras o colapso de Lehman Brothers, Islandia decretaba a nacionalización das principais institucións financeiras do país, cuxos activos, tras un periodo de desregulamento e rápida expansión, chegaron a alcanzar un tamaño equivalente a 10 veces o total da economía nacional. As medidas adoptadas partían do entendemento de que os bancos “foran un pouco descoidados”, en palabras do seu primeiro ministro e que, polo tanto, non había intención nin obriga de pagar a débeda.

“Por todo isto –anota o experto-, paréceme fundamental que a cidadanía se conciencie de que a débeda pública é un tema medular na crise. O pretexto da ofensiva de austeridade é a débeda pública. Non teremos Rafael Corea europeo nun futuro próximo, por iso os cidadáns debemos actuar. Como cidadáns debemos facer unha auditoría cidadá da débeda: como se contratou, para que serve… para cambiar a correlación de forzas, e obrigar aos gobernantes a repudiar a débeda pública ilexítima e reembolsar a débeda social que teñen os gobernos e os estados coa súa cidadanía”.

FRACASO DA AMNISTÍA FISCAL

Os primeiros meses do 2012 despexan calquera dúbida sobre a incapacidade dos gobernos europeos de facer fronte de xeito efectivo á crise da débeda. A situación adóptase en pretexto para unha dura ofensiva de austeridade unidireccional. No Estado, a última medida do goberno de Mariano Rajoy, a da amnistía fiscal, é tamén cuestionada dede Attac. Juan Hernández Vigueras, do consello científico de ATTAC España, facía hai uns días un repaso histórico do fracaso recaudador das políticas benevolentes cos delincuentes fiscais: “En setembro de 2001, o goberno de Berlusconi decretaba un mecanismo de amnistía fiscal para despenalizar a afloración de diñeiro negro, permitindo a repatriación de miles de millóns de liras ‘investidas’ fóra de Italia nos anos previos á entrada en vigor do euro. E desde comezos de 2004, os alemáns puideron repatriar os capitais colocados ilegalmente no estranxeiro desde 1993 a 2001, exonerando do pago de impostos aos contribuyentes e aos seus cómplices; unha medida que non alcanzou moito éxito recaudatorio. E en Bélxica, unha lei de amnistía fiscal adoptada a finais de 2003 autorizaba a repatriación durante o seguinte ano de capitais ou valores mobiliarios colocados no estranxeiro durante os anos precedentes, cunha rebaixa substancial das penalizacións. Pero todos os casos os datos acumulados revelaron a incapacidade de tales mecanismos legais para a recuperación polos países dos fondos ocultos nos paraísos fiscais”.

Para Eric Toussaint, a crise dobregará tamén as economías fortes de Europa que teñen entre os seus importadores gobernos economicamente debilitados: “Alemaña, o campión das exportacións, terá pronto problemas, porque non hai mercados”. “Ou a sociedade se levanta e rexeita a débeda ilegal dos seus gobernos ou viviremos dez ou vinte anos de crise”.

Os planos europeos dirixidos a Grecia, Portugal e Irlanda teñen un perverso propósito, segundo Toussaint: “apenas son quen de pedir préstamos aos mercados financeiros a curto prazo, a tres ou seis meses. Se quixesen a cinco ou dez anos, e é o caso de Grecia, deberían pagar un tipo de interese de ao redor do 17%. Polo tanto, Grecia ten préstamos concedidos polo mercado financeiro só a tres ou seis meses. E quen lle presta a longo prazo? Pois a Troica, ou sexa, o FMI, a Comisión Europea e o Banco Central Europeo. Son eles os que prestan a prazos máis longos e benefícianse do estado de desamparo destes países para dicirlles: nós, os bos gardiáns da orde, non vos pedimos tipos de interese do 17%, ou do 14%, pedímosvos máis nada que o 3,5% ou o 4,5%, pero cunha condición, aplicar drásticos plans de austeridade, constituídos por medidas neoliberales extremadamente duras para o mantemento dun sistema”.

A un ritmo diferente pero pola mesma senda camiña o Estado español cunha política iniciada no último mandato de Zapatero e radicalizada no goberno do PP. A austeridade e a parada da actividade económica dos ingresos modestos ou vítimas do desemprego producirán, ao entender do experto, unha ralentización da recuperación ecoómica. “A débeda pública seguirá aumentando e estes países deberán continuar emitindo débeda para poder reembolsar. Polo tanto, teñen un horizonte de dez, quince ou vinte anos de austeridade e de aumento da débeda. O que pode producir, nos próximos anos, cesación de pagos, froito de situacións insostíbeis”.

“ESPAÑA DÉIXASE CHANTAXEAR”

A Unión Europea e a zona euro segue a dinámica dos centros e das periferias, concepto que en economía defínese a través d Escola da dependencia. “É aguda”, di Toussaint, “pensemos que se das zonas máis pobres de América, Bolivia e Paraguay, ás máis ricas, como Arxentina, o salario promedio é de un a tres, a relación dentro da zona euro é de un a seis, entre Bulgaria, Romania, e Alemania, Bélgica, Holanda, Francia”. Por que? Pois porque na construción europea decidiron non favorecer o nivelamiento salarial cara a un promedio común. Por exemplo, é práctica habitual que empresas de camioneros ou autobuses que actúan en España contraten traballadores de Bulgaria ou Romanía con salario e dereitos deses países. “Cando se definiu o euro houbo decisión de revaluar as moedas dos países menos ricos e industrializados. A ninguén nos importaba cantas pesetas eran necesarias respecto ao Deutsche Mark, pero agora si vemos as consecuencias.  O Deutsche Mark devaluouse e agora están en condicións de ser moito máis competitivos que Grecia, España, Porugal… Por non falar dos páises do ex bloque soviético, que teñen un déficit comercial con Alemania. E como se financia o déficit? Con débeda. As empresas contratan débeda en euros cos bancos da zona forte do euro”.

Para financiar a burbulla inmobiliaria española pasou isto. Antes da crise España tiña unha débeda pública do PIB do 62%, Alemania do 83%, Francia 82% e Bélxica do 92%. “España era un Estado exemplar en baixo endebedamendo, e non tiña déficit fiscal. O endebedamento de España é froito da crise estalada en 2007-2008 e da explosión da burbulla inmobiliaria que explotou tamén en Irlanda, Gran Bretaña e, en primeiro lugar en EEUU. En comparación, Gran Bretaña ten unha débeda pública peor e un sistema financeiro case crebado, pero ten libra exterlina, que logra devaluar, non ten euro”.

Outro tema é a prohibición dentro da Eurozona ao Banco Central Europeo e aos bancos centrais dos países membros da eurozona de outorgar crédito aos poderes públicos, aos seus gobernos e aos seus estados respectivos. Isto non sucede en EEUU, nin en Gran Bretaña, nin en Polonia. Para estes gobernos a débeda pública é manexábel. “Isto inventouno Valery Ciscard antes de ser electo presidente de Francia, e así destruíu a política de De Gaulle. O banco Central europeo outorga créditos e compra débeda nos mercados secundarios aos bancos privados –que son os que compran débeda e que teñen o monopolio para outorgar crédito aos países da eurozona, coa capacidade de chantaxear a estes gobernos, esixir taxas, especular-. Hai un mercado de ocasión das débedas, como hai un mercado de ocasión dos coches e de calquera mercancía. Os países periféricos como España, Portugal, Grecia, Italia, países do ex bloque, están sometidos ao chantaxe dos mercados financeiros. E se deixan, cando hai exemplos de que isto se pode frear”.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning