Autor/a

Esther Vivas é ativista política e social dos movimentos a favor da soberania alimentar e consumo crítico. Participou dos movimentos altermundialistas, em várias edições do Fórum Social Mundial e nas campanhas contra as mudanças climáticas. É integrante da Izquierda Anticapitalista.

banner_consello_peq

Categorías

Esther Vivas: “O gran reto que temos por diante é levar a indignación aos centros de traballo”
Esther Vivas: “O gran reto que temos por diante é levar a indignación aos centros de traballo”

Marcos P. Pena-. Esther Vivas, activista, investigadora e membro de Izquierda Anticapitalista, presenta este xoves na Asociación Cultural Bou Eva o seu libro Planeta indignado. Ocupando el futuro. A obra, escrita xunto con Josep Maria Antentas, analiza a construción dos movementos de indignación en todo o mundo, dende o á resistencia en Grecia ou as revolucións árabes. O venres participa tamén en Vigo no Congreso Internacional de Agricultura Ecolóxica, onde presentará un relatorio sobre Crisis alimentaria: causas, consecuencias e perspectivas, como membro do Centro de Estudios sobre Movimientos Sociales da Universidad Pompeu Fabra.

 

Como analizas o que vén de suceder nas eleccións gregas?

O que vimos estes días coas eleccións en Grecia é a actitude neocolonial da troika, os mercados e o establishment coa vontade de interferir no resultado das eleccións gregas, mesmo dicíndolles aos gregos aquilo que tiñan que votar. E o resultado das eleccións pon en evidencia o peso que tivo o voto do medo, pero tamén vimos como en Grecia triunfou a esperanza, non senso de que Syriza non gañou as eleccións, pero si que podemos dicir que o resultado das urnas non ten lexitimidade social: hai un desgaste maioritario dos partidos maioritarios e o goberno saído das urnas, un goberno pro-memorándum é un goberno sen lexitimidade que se atopa un país en pé de loita e que reclama unha política moi distinta.

E en España, que papel cumpriu o 15M?

O que vemos é que as razóns da indignación e do malestar que deron lugar ao 15M se multiplicaron, a mobilización e a resposta social na rúa foi en aumento. O movemento 15M conseguiu romper co escepticismo, a resignación e a apatía que había antes e hoxe vemos que a mobilización vai a máis.

Que retos ten por diante?

O movemento do 15M levou a indignación á rúa, o que significou unha recuperación do espazo público, pero o gran reto que temos por diante é precisamente levar esta indignación aos centros de traballo, onde aínda pesa de maneira moi importante o medo e o escepticismo. Vemos como a xente se mobiliza, pero o luns volve ao traballo e agacha a cabeza, acepta unhas regras do xogo nos centros de traballo que implican unha alta precariedade laboral. O reto é levar a indignación aos centro de traballo, ao que é a sala de máquinas do sistema capitalista e por iso hai que avanzar na construción dun sindicalismo combativo, que teña o seu eixo de gravidade nas loitas na rúa e non nas negociacións por arriba, como se caracterizou o sindicalismo maioritario en España.

Dise que o 15M tivo o mérito de politizar sectores que antes non se preocupaban polos asuntos públicos, pero tamén muda os temas, leva as reivindicacións máis aló. Hai uns meses só algúns sectores minoritarios falaban de banca pública, por exemplo, e agora é un tema que está no debate de todos os partidos…

Si, a emerxencia do 15M implicou un reinterese dos asuntos colectivos por parte de amplos sectores da sociedade, fronte a unha saída da crise que ten consecuencias regresivas nos dereitos sociais, laborais e democráticos. Vimos este reinterese por participar, por decidir sobre cuestións que até hai pouco eran monopolio duns poucos profesionais da política. E á vez o movemento o que permitiu foi crear opinión pública en senso progresista. Fronte a un discurso único que nos culpabiliza da crise, que nos repite todos os días que vivimos por riba das nosas posibilidades, o movemento crea un novo discurso: explotáronnos por riba das nosas posibilidades, os que viviron por riba das súas posibilidades foron unhas determinadas elites económicas e financeiras, que nos conduciron á presente situación de crise: especularon coa vivenda e agora fannos pagar a súa mala xestión ao conxunto da sociedade.

En paralelo coa emerxencia do 15M foron instalándose algúns temas que antes ficaban recluídos en sectores máis minoritarios: agricultura ecolóxica, consumo responsable, decrecemento…

En moitas da asembleas creáronse alternativas concretas ao discurso único do sistema, que nos di que non hai alternativas, e apostouse por comezar a crear outro mundo aquí e agora. E neste senso, as experiencias de consumo ecolóxico ou de redes de intercambio xogaron un papel moi importante no 15M e vimos a aparición de iniciativas de hortos urbanos, de mercados de troco, de grupos de consumo agroecolóxico. Temos que comezar a levar á práctica estas alternativas, pero tamén temos que ter en conta que con estas iniciativas locais non abonda; son moi importantes pero é fundamental levar estas iniciativas ao conxunto da sociedade e xerar cambios nas políticas públicas e xerar cambios a nivel global.

A saída da crise está no crecemento? Ou no decrecemento? Hai que cambiar o chip?

A nosa axenda indignada está moi marcada pola loita contra a banca, contra a crise, contra a débeda e esta é só unha das facetas da crise de paradigma que enfrontamos. Hai unha faceta moi importante, que ten que ver coa crise medioambiental e ecolóxica, que hai que incorporar ás mobilizacións. Cando falamos de cambio de modelo, tamén falamos de cambio de modelo de produción que teña en conta os límites do planeta. Unha perspectiva anticapitalista, pero tamén unha perspectiva antiprodutivista. Non só se trata de acabar co capitalismo que antepón os intereses particulares aos intereses colectivos, senón de acabar coa lóxicas produtivistas.

Que debe facer en España a esquerda e os movementos de indignación para conformar unha alternativa real de goberno, como o é Syriza en Grecia?

O que está pasando en Grecia ten moito que ver co que pode suceder aquí nun tempo; de feito, Grecia é un laboratorio dos de arriba e dos de abaixo, é un laboratorio do capital e da resistencia. E nese senso as políticas que saian vitoriosas deste combate serán as que se reproduzan no resto da periferia da UE. É interesante ver como  se uniron os dous partidos maioritarios, os equivalentes a PP e PSOE, que levaron o país á bancarrota. E vimos como era plausible un goberno dunha opción de fóra do sistema. É interesante plantexar a relación entre movementos sociais e loita política. Polo tanto é necesario tamén construír alternativas políticas anticapitalistas, que desafíen o actual estado de cousas e que plantexen outra práctica e outra maneira de facer política, que sexa leal cos movementos sociais. Con isto non digo que o movemento indignado teña que converterse nun movemento político, iso sería un grande erro: a independencia dos movementos sociais con respecto aos partidos é fundamente. Pero iso non quita que para mudar as cousas hai que construír alternativas políticas consecuentes. E ese é un dos retos que temos por diante no Estado: construír unha fronte de organizacións da esquerda anticapitalista que sexa unha alternativa real.

Tirado de Praza Pública
Share
TAGS:  ,
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning