Autor/a

banner_consello_peq

Categorías

Fame e transxénicos
Fame e transxénicos

 Silvia Ribeiro-. As agroempresas transnacionais, as que máis se lucraron coa crise alimentaria e están entre os principais causantes do cambio climático, aproveitan a conxuntura para promover agresivamente cultivos e árbores transxénicas como solución das crises.

[Grain]

O espectro de argumentos, falsos pero recollidos por varios gobernos e institucións internacionais, inclúe que os transxénicos aumentarían a produción; que os agrocombustibles serían máis eficientes; que farán cultivos resistentes aos efectos do cambio climático e que as árbores transxénicas producirán celulosa (para agrocombustibles ou papel) sen competir con alimentos. Pero estes argumentos son falsos e implican novos perigos.

O problema non é a produción de alimentos, senón o acceso inxusto aos medios para producilos. Ademais, os transxénicos producen menos que as variedades convencionais. Varios estudos de organizacións da sociedade civil e investigadores independentes (Amigos da Terra, Charles Benbrook), ou universitarios e oficiais (Universidade de Kansas, Universidade de Nebraska, Departamento de Agricultura dos Estados Unidos) mostran que a soia transxénica, principal cultivo transxénico plantado no mundo, produce en media até o 11% menos, e que o millo, o algodón e a cana –que xunto á soia son o 99% da produción mundial de transxénicos– producen igual ou menos. A semente transxénica é máis cara e coa resistencia que xeran en malezas e insectos, requiren moitos máis agrotóxicos.

A promoción de cultivos "resistentes ao clima", segundo un informe do Grupo ETC, oculta que as empresas de transxénicos (Monsanto, Syngenta, DuPont, BASF…) acumularon máis de 530 patentes en trámite ou aprobadas, sobre caracteres xenéticos de cultivos, resistentes á seca, asolagamento, salinidade, etcétera, para producir plantas transxénicas e monopolizar o mercado. É un roubo do enxeño labrego (eses carácteres dos cultivos foron desenvolvidos por campesiños e campesiñas en todo o mundo), e trata de impedir que fronte ao cambio climático florezan as solucións locais, descentralizadas e non comerciais.

A promoción de novas xeracións de agrocombustíbeis (até árbores) para producir etanol celulósico, seguirá competindo en terra, auga e nutrientes cos cultivos alimentarios, porque é un zumento negocio e está subvencionada con diñeiro no Norte e contorna e man de obra barata no Sur. Pero será peor que a primeira xeración: non se pode procesar a celulosa con certa eficiencia enerxética sen usar microorganismos transxénicos, ou máis aló: microbios produto da bioloxía sintética, construíndo desde cero parte ou todo o organismo artificialmente, con riscos novos e impredicíbeis.

As árbores transxénicas virán aumentar os devastadores monocultivos que crean desertos verdes, resecan e esgotan os chans en pouco anos, desprazan agricultores, destrúen fauna e flora local. Ademais, provocarían a peor contaminación transxénica xamais vista, ao estar contaminando con pole transxénico centos de quilómetros, durante toda a vida da árbore.

As transnacionais "ofertan" que para conter a contaminación e os novos riscos desas árbores e cultivos manipulados, pódese aplicar a tecnoloxía Terminator, que os volve estériles. Terminator nunca funcionará totalmente, como mostraron científicos. Sumará o problema da esterilidade á contaminación, e fará que haxa que comprar todos os anos sementes novas ás empresas.

O que queren lograr realmente cos transxénicos é profundar a dependencia coas transnacionais, invadindo espazos do mundo onde non lograron entrar (como África e as áreas campesiñas de todos os continentes) para destruír as súas formas de vida e sustento, pasando así a controlar as bases da alimentación mundiais.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning