Autor/a

Licenciado en Estudios Internacionais pola Universidade Central de Venezuela e Magíster en Ciencia Política pola Universidade Simón Bolívar. Analista do IGADI. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Gadafi e a “Primavera” árabe
Gadafi e a “Primavera” árabe

O próximo domingo 23 de outubro levaranse a cabo as eleccións para a Asemblea Constituínte en , o país onde comezou a vaga de acontecementos que están mudando dramaticamente a faciana xeopolítica do Magreb e do mundo árabe. Compre observar que a consolidación dunha democrática e multipartidista debería servir de necesaria referencia para unha rexión actualmente convulsionada.

A caída da autocracia de Ben Alí en Tunisia, curiosamente un ditador que contou co tácito apoio occidental precisamente ante a necesidade de evitar ese espertar democrático no mundo árabe que agora Occidente apresurase en defender, deu paso á posterior caída do seu homólogo exipcio Hosni Mubarak, outro “baluarte” prooccidental caído en desgraza. Dentro dun mes, tamén irá a eleccións constituíntes para consolidar unha transición repleta de escenarios tan complexos como incertos, precisamente pola contraposición de intereses e demandas por parte dos actores implicados e a preservación dun clima de certa frustración social.

Non obstante, a escasa atención informativa e política cara as transicións en Tunisia e Exipto contrastan coa preponderancia outorgada polos medios de comunicación ao conflito libio. A determinación da OTAN e da ONU en acabar co réxime de Muammar al Gadafi finalmente cobrou a vida do excéntrico coronel libio, certificando así o final dun réxime tan surrealista como prolongado.

Coa total anuencia da OTAN e das potencias occidentais, as dramáticas escenas en vivo e directo do asasinato ante as cámaras de Gadafi por parte dos rebeldes libios confirman esas raíces de odio e revanchismo instaladas na actualmente controlada polo Consello Nacional de Transición (CNT), a entidade defendida por Occidente coa velada intención de tomar posesión e iniciativa dos cambios en curso no Magreb e no mundo árabe. Todo isto baixo a pretendida e vaga aplicación do principio da Responsabilidade de Protexer. Ninguén, por tanto, reclamará ante a xustiza internacional se existe violación algunha no asasinato de Gadafi.

En clara contrariedade co caso tunesino, a transición libia, manifestada nunha inusitada violencia de carácter sectario, servirá como perniciosa referencia para o mundo árabe, un aspecto do que Occidente mantén a responsabilidade principal pola súa directa implicación na caída e asasinato de Gadafi, un ditador cuxas relacións con exterior variaron de acordo ás circunstancias existentes no plano internacional. A máis que probable “iraquización” en Libia provocará, invariablemente, a inestabilidade no Magreb tanto como a transición post-Saddam en Iraq alterou dramaticamente o mapa en Oriente Próximo.

Tras Ben Alí e Mubarak, Gadafi é o terceiro líder que cae a raíz da actual Primavera árabe, sendo o libio o primeiro que pagou coa súa vida este final político. Na recámara parecen estar o sirio Bashar al Asad ou o iemenita Saleh, mentres Occidente perpetúa a súa tradicional dobre vara de medir, lastrada pola preponderancia dos seus intereses enerxéticos e xeopolíticos nun escenario tan esvaradizo como conflitivo. Ante tanta violencia larvada e provocada, só cabe desexar que a estabilidade na transición en Tunisia e Exipto sirvan, necesariamente, como lección para Occidente e o mundo árabe.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning