Autor/a

Ana Miranda é avogada, especialista en dereito internacional e comunitario. Voceira do BNG en Bruxelas, forma parte do Consello Editorial de Altermundo.

banner_consello_peq

Categorías

Galiza, nazón pesqueira
Galiza, nazón pesqueira
 Ana Miranda-. "As sardiñas voltarían se os Gobernos quixesen", escribiu Castelao. Nesta frase hai un verdadeiro conceito de soberanía, o da soberanía pesqueira.

Galiza, cunha situación estratéxica de porta atlántica entre Europa e América, cunha costa e uns portos excepcionais, un saber facer e unha experiencia en materia pesqueira que vén de lonxe, non ten malia isto un peso cuantitativo e estratéxico, un peso soberano na defensa da súa propria política pesqueira na UE. A integración comunitaria do Estado español en 1986 non contemplou un status específico de defensa proactiva da galega. O pacote de entrada incluía un tratamento conxunto da do Estado sen especificidades para a nazón pesqueira por excelencia.

 A Política Pesqueira Común (PPC) iniciouse en 1983, antes da entrada de Galiza na UE. Ao amparo da Zona Económica Exclusiva estableceu o conceito de estabilidade relativa, en virtude do cal os barcos galegos non poden acceder en igualdade de condicións aos caladoiros comunitarios, e tamén a nova política de medidas de conservación da frota baseadas no total admisíbel de capturas (TACs) e as cotas de pesca. Unhas decisións que nos afectaron nos trinta anos posteriores, sen que a nosa nazón tivera a posibilidade de poder reformalas ou incidir nelas.

O ano 1992 marcou a segunda reforma, que durou até 2002 e que supuxo un forte impacto económico, de xestión e de capacidade para a pesca galega, coa aposta europea de reducir o desequilibrio entre as capacidades da frota europea e as capturas, prevendo unha serie de fondos e medidas estruturais para reducir o impacto socioeconómico desas medidas. Daquela comezouse a falar do "esforzo pesqueiro", unha
nova noción que trataba de restablecer o equilibrio entre os recursos dispoñíbeis e as actividades de pesca. A reforma foi un fracaso para a pesca nosa, que sufriu unha redución salvaxe de buques e de capacidade legal de pesca. Mentres, os datos biolóxicos dos stocks existentes eran un feito, o sobreexceso de pesca, a contaminación, o cambio climático incidían de xeito acelerado sobre os recursos, provocando a desaparición de certas especies. Unha redución de stocks e de posibilidades pesqueiras que tivo graves consecuencias na nosa frota de altura e costeira, e perda de empregos no mar e na terra.

A terceira reforma, en 2002, pretendía acomodarse ao conceito de desenvolvemento sustentábel, tratando de integrar na PPC a confluencia de elementos ambientais, sociais e económicos. O principio de precaución levou a elaborar plans plurianuais de xestión e a reorientar as axudas públicas, que tiveron como obxectivo fundamental a parada da actividade e o desguace de frota, o que agrandou os desequilibrios existentes. Non houbo nestas reformas efectos evidentes sobre o exceso de capacidade da frota, a sobrepesca ou a baixada dos volumes das capturas.

A nova proposta de reforma da PPC, presentado pola Comisión Europea o ano pasado e agora a debate no Parlamento e co sector pesqueiro, segundo o propio goberno europeo, tenta corrixir "o carácter fragmentario e gradual das reformas anteriores". Sobre Galiza, as consecuencias foron devastadoras, porque o elemento ambiental, ao cabo, foi só unha escusa para a redución da nosa frota, pois non foi aplicada para outras. Non se tivo en conta esa redución en base á sobrepesca, nin houbo un equilibrio segundo os dereitos de pesca, que son discriminatorios por mor dese inxusto principio da estabilidade relativa. Nin sequera se valorou acaidamente o impacto socieconómico da dita redución.

Asemade, Galiza aínda non foi designada como "Zona Altamente Dependente da Pesca", polo que partimos xa dunha posición de desvantaxe. Non pode, por exemplo, exercer a súa soberanía política nos consellos de ministros de Pesca, onde participa a ministra ou ministro español de quenda negociando un pacote global de cotas e TACs. Partimos ademais, de que a aplicación da PPC naceu sen contar co noso Mar e capacidade pesqueira. Na práctica, fomos o país con maior frota pesqueira de Europa e un dos máis importantes do mundo, posición que xa non ocupamos na actualidade. A diferenza doutras nazóns pesqueiras como Escocia, onde a primacía desta fisheries nation é unha das grandes bandeiras políticas e identificadoras das negociacións que lle afectan nos corredores comunitarios, nós non tivemos unha política posicionadora dos nosos intereses. E por iso necesario que Galiza sexa considerada como "Zona Altamente Dependente da Pesca" para darlle ao país mariñeiro un estatus que derivaría en "axudas directas" ao sector e ás poboacións costeiras, tanto en materia socioeconómica como de infraestruturas.

Tampouco temos unha posición pesqueira propria neste intre no que se está a negociar unha
reforma tan vital para nós. Por iso dende o nacionalismo galego defendemos unha política propria, que se deba aos nosos mariñeiros, ás nosas redeiras e mariscadoras, aos nosos mareantes e emprendedores. Apostamos pola soberanía pesqueira en todos os eidos: no político da paradiplomacia e a negociación en materia de pesca; no social, na aposta por dignificar as profesións dependentes do mar e as condicións laborais e de seguridade; e no ambiental, para combinar a conservación dos recursos e os ecosistemas, cunha visión integral que alén da pesca inclúa a loita contra todo tipo de contaminación. É prioritaria a conservación e protección do litoral galego co exercicio dunha pesca sustentábel, que garanta o equilibrio socioeconómico e a cohesión territorial. Emporiso rexeitamos os proxectos de colisión no territorio auspiciados polo actual Goberno galego, como acontece co cabo Touriñán e a aposta por unha acuicultura industrial desequilibrada co ambiente e con pouco impacto na creación de emprego, ou coa política de recheos indiscriminados nas nosas rías.

Do mesmo xeito, é rechamante que en todos estes anos a pesca artesanal de baixura e o marisqueo non tiveran un tratamento diferenciado na PPC. Por iso abrimos o debate para que a pesca galega por excelencia, a máis sustentábel e selectiva e a que máis impacto laboral crea no litoral, sexa considerada á parte. Mais non serve que se defina que é pesca e frota artesanal e costeira dende Bruxelas. Debemos definilo na Galiza, para trasladarllo aló, porque a especificidade e a realidade debe ser
primeiramente nosa.

A negociación política tórnase agora máis ca nunca o instrumento para garantir a nosa voz, voto e veto nunha política que, igual que as rías de noso, é produto do traballo de moitos homes e mulleres que non deben ser abandonados. De cando en vez, lémbramo un mariñeiro da Coruña, que me envía vídeos sobre os descartes que se ven na obriga de tirar á ría por mor da normativa comunitaria. É iso sustentábel e realista? Xosé, que así se chama, sempre me di: "Lémbralle ao Parlamento e á Comisión que somos xente de mar, que vivimos disto, que é o noso sustento e forma de vida". Repenican as súas verbas en cada iniciativa política en materia de pesca. O Parlamento Europeo, coa entrada en vigor do novo Tratado, ten agora unha capacidade colexislativa na materia, e dende o BNG non imos perder a capacidade de incidencia ante a ausencia de defensa da nosa pesca pola Xunta, que en lugar de pular pola pesca tradicional insiste na construción de plantas acuícolas industrais baixo a cualificación de "pesca sustentábel". Neste intre en Bruxelas estase tamén discutindo sobre a acuicultura e tócanos defender tamén unha posición equilibrada co ambiente e o impacto socioeconómico.

A nosa nazón mariñeira sae a marear, pesca e logo vende o peixe e o marisco. Mais compite en inferioridade, porque a mundialización económica da desigualdade e da explotación, cos axentes da comercialización e da distribución, afectan de cheo ao noso peixe e a quen o pesca. As importacións e o abuso das prácticas comerciais agravaron as condicións do mercado, como aconteceu co mexillón. Cómpre apostar pola excelencia do produto galego e por políticas de trazabilidade. Porén, tamén polo control das condicións sanitarias e de traballo das frotas extracomunitarias. Porque desgraciadamente as poboacións costeiras locais deses países tampouco se ven favorecidas, senón que en moitos casos son explotadas.

Na Galiza temos a capacidade e a experiencia. Debemos pór en valor un sector estratéxico para nós, pois esta reforma vai marcar o futuro de moitas vilas costeiras e o equilibrio ambiental do noso litoral. Ou apostamos por un modelo baseado na soberanía pesqueira, debatido cos axentes implicados na pesca, ou estamos condenados a que o sector esmoreza, como xa se viu nas últimas reformas. Bruxelas debe escoitar os nosos mariñeiros e mariscadoras, a ese Xosé representativo de toda unha nazón pesqueira, que vive do mar e para o mar. Soberanía pesqueira do mar, da xestión dos recursos, e soberanía para negociar e decidir.

Share
TAGS:  
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning