Autor/a

Licenciado en Estudios Internacionais pola Universidade Central de Venezuela e Magíster en Ciencia Política pola Universidade Simón Bolívar. Analista do IGADI. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Hamlet en Lima
Hamlet en Lima

De cara á segunda volta electoral a celebrarse o próximo domingo 5 en Perú, a única certeza que se albisca no escenario post-electoral oriéntase na atomización política do próximo Congreso peruano, un aspecto que influirá decisivamente na labor de goberno dos contrincantes, o nacionalista de esquerdas Ollanta Humala (Gaña Perú) e a dereitista Keiko Fujimori (Perú 2011).

As diversas enquisas ilustran practicamente un empate técnico entre Humala e Keiko, aínda que nos derradeiros días apréciase unha lixeira vantaxe para a candidata “fujimorista”. En todo caso, a balanza concentrarase na porción de indecisos (aproximadamente o 15%), así como nun espazo electoral próximo ao 45% dos peruanos, que votaron por outras opcións na primeira volta celebrada en abril pasado.

Intensificándose a polarización dentro do país, ambos candidatos non espertan grandes expectativas de cambio fóra do Perú, principalmente ante a evolución do panorama político hemisférico. Non obstante, a atención segue concentrándose na opción de Humala, unha alternativa antisistema que xa estivo a piques de gañar a presidencia nunha segunda volta electoral en 2006. Cos actuais comicios, a opción de Humala semella ir consolidándose dentro do panorama político peruano.

Moito se ten falado nos últimos meses sobre a conversión política de Humala dunha candidatura nacionalista de esquerdas, admiradora do “socialismo bolivariano” do presidente venezolano Hugo Chávez, cara unha versión máis centrista, con referencia no modelo de Lula en Brasil, moi seguramente coa intención de gañar os votos dunha clase media polarizada ante a incerteza electoral e, principalmente, ante a perspectiva de afastar a controvertida imaxe de Chávez, moi presente nas eleccións de 2006.

A campaña electoral de Humala en 2011 estivo fortemente influída por asesores do “lulismo” e do Partido dos Traballadores (PT) gobernante en Brasil, a tal punto que o candidato peruano reuniuse co propio Lula e a actual mandataria brasileira Dilma Roussef. En perspectiva, a implicación brasileira e “lulista” na campaña de Humala pode reflectir o evidente peso e interese de Brasilia nos asuntos peruanos, en especial ante o sólido desenvolvemento económico do país andino (con espectaculares crecementos no último lustro) e especialmente ante o interese que ofrece o mercado mineiro peruano para as multinacionais estranxeiras, aspecto que xunto ao espiñento tema do Amazonas constitúe unha baza fundamental clave nas relacións entre Lima e Brasilia.

Non obstante, unha considerable porción dos peruanos dubida das intencións reais de Humala. Polo contrario, Keiko preséntase como a referencia dun “fujimorismo” edulcorado pero que aínda conserva importantes cotas de apoio electoral no Perú, especialmente nas clases medias. Un aspecto relevante de Keiko sería o tema da inseguridade cidadá, onde incluso recibiu a asesores do ex alcalde neoyorquino Rudolph Giuliani.

Modelos aparte, Humala e Keiko cargan cun importante peso do pasado: no caso do candidato nacionalista, a súa implicación en sendos intentos de golpe militar en 2004 e 2005, que levaron á detención do seu irmán Antauro. No caso de Keiko é moito mais evidente, ante a prisión do seu pai e ex presidente Alberto Fujimori, condenado a 25 anos de prisión por violación de dereitos humanos. Este peso do legado familiar reviste unha confrontación que se intensifica coa campaña electoral, incluso implicando ao Premio Nobel, o escritor Mario Vargas Llosa, quen implicouse esta semana na campaña electoral rompendo co xornal peruano El Comercio por considerar que presuntamente “favorecía” á candidata Keiko. Existe a presunción na opinión pública peruana de que, sexa quen sexa o gañador, ambos tentarán reverter ou ben alterar as condenas xudiciais dos seus respectivos familiares presos.

En todo caso, a campaña electoral mais polarizada e incerta das últimas décadas en Perú anuncia un escenario fortemente atomizado e politicamente inestable para o período 2011-2016. Ambos candidatos deberán facer fronte ás demandas dun conglomerado de partidos e movementos que forman parte das súas respectivas plataformas e que premerán por ser tomados en conta. Un aspecto mais relevante no caso de Humala, principalmente ante a moderación do seu discurso a fin de non suscitar controversias cos investidores estranxeiros, un factor que pode levantar as críticas dos sectores mais esquerdistas e indixenistas, en especial no caso da explotación mineira no Amazonas.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning