Autor/a

Historiador e activista. É un dos fundadores da ONG Amarante. Xestiona o blog Galizia Ecosocialista. Forma parte do Consello do Foro Social Galego e do Consello Editorial de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Hexemonía social e axenda política
Hexemonía social e axenda política

Hai seis meses en comezou unha revolta cidadá como parte do proceso único e inseparable que se estaba a dar en todo o mundo árabe, iniciado en Tunisia e

A ‘resistencia’ de Gadaffi tivo dúas consecuencias directas. Permitir a Estados Unidos e os seus aliados introducirse nun conflito do que quedara fora de xogo namentres se adicaba a construír o mito do islamismo radical que eles mesmo chegaron a crerse. Conseguir que o efecto domino se atascara e as revoltas en Siria, Bareín, Marrocos, Iemen,… fracasaran polo do momento.

Pero tivo, ademais, unha terceira consecuencia indirecta: situar en portada das axencias e dos medios de comunicación internacional a guerra en Libia e converter ao ditador asasinoGadaffi nun novo símbolo do antiimperialismo, avalado na esfera internacional por Hugo Chavez e Daniel Ortega. 

Seis meses despois, e nos días que se esta a librar a batalla final en Trípoli, a noticia está a ser desprazada pola visita do papa Bieito XVI ao encontro da mocidade católica. Os medios españois xa non teñen xornalistas desprazados ao país árabe xa que todos están ocupados por cubrir informativamente o acontecemento da JMJ. 

Durante tres meses o ‘movemento ’ conseguiu marcar a axenda política, estar presente nas pasadas eleccións municipais e ‘ameazar’ con ter influencia nas próximas eleccións xerais do 20N e continuar. 

O ‘sistema’ non podía permitilo. Iniciaran xa o proceso de desprestixio do movemento cidadá e agora se trataba de buscar unha escusa para desviar a atención e esperar o erro táctico do adversario. 

O desaloxo de Sol, coincidindo coa visita de Ratzinger, converteuse na cortada perfecta. A sempre disposta a amosar o radical que somos entrou a trapo. O efecto estaba conquerido. 

A axenda política xa a volven a marcar eles, xa veremos se definitivamente ou non, pero o que é peor é que na batalla pola hexemonía social os temas apuntados, relacionados coas emocións e crenzas das persoas, son nos que a esquerda se desenvolve con maior torpeza e a dereita con maior destreza. 

Cabe confiar en que o 'Movemento 15M' sexa o suficientemente intelixente, como foi ata agora, para volver a resituar a súa axenda no centro do debate. 

Namentres o pasado da os seus últimos coletazos en Libia e o futuro amosase incerto, son momentos de felicidade recordando aos camaradas e amigos árabes que levan anos loitando contra a inxustiza. 

A resistencia demostrada polos libios ou sirios, as mobilizacións do ‘movemento 20 de febreiro’ en Marrocos que non se deixan engañar por unha falsa transición ou a tenacidade dos palestinos na defensa dos seus dereitos nacionais amosan que os cidadáns e as cidadás árabes saben cal é a súa axenda política. 

A caída de Gadaffi debe marcar o inicio da caída doutros satrapas da rexión e que o movemento de fichas de domino recupere o seu dinamismo inicial. A OTAN debería abandonar Libia con urxencia e deixar que sexan os libios e as libias que constrúan o seu futuro. Chavez e Ortega non deberían ter a tentación de dar asilo ao criminal de Gadaffi pois suporía unha crise no e abriría unha fenda insalvable entre a primeira onda de cambios iniciada en Latinoamérica hai dez anos e a segunda onda árabe do 2011.

 

Les gens ne peuvent pas ignorer, mais ne peuvent pas regarder directement la robe de soirée brillante, la mode robe simple., notre robe de bal courte a gagné de plus en plus d’appréciation parmi nos clientes. N’hésitez pas à faire votre commande de .

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning