Categorías

II Asemblea Sindical sobre Traballo e Ambiente
II Asemblea Sindical sobre Traballo e Ambiente

Para o movemento sindical internacional, a Conferencia das Nacións Unidas sobre Desenvolvemento Sustentábel (Río+20) é un evento de crucial importancia. Co fin de que a voz das organizacións sindicais sexa relevante e de referencia, a Confederación Sindical Internacional e Sustainlabour organizan para os días 11, 12 e 13 de Xuño, a II Asemblea Sindical sobre Traballo e Ambiente en Río de Xaneiro.

A conta atrás cara a Río+20 xa comezou e, xa que logo, os traballos da II Asemblea xa están en marcha co obxectivo de renovar os nosos compromisos co planeta e presentar as nosas propostas.

Xa confirmaron o seu participacion Kwasi Amankwah, Secretario Xeral de CSI Africa, Victor Baez, Secretario Xeral da CSA, Sharan Burrow, Secretaria Xeral da CSI, Anne Demelenne, Secretaria Xeral da FGTB, Ignacio Fernández Toxo, Artur Henique, Presidente da CUT, Bernardette Segole, Secretaria Xeral da CES, e Zwalenzima Vavi, Secretario Xeral de COSATU.

Inscríbete e participa desde o inicio. A asemblea conxugará varios temas e formatos. Discutiranse en plenarios temas como o desenvolvemento dun novo paradigma, os retos no , a inclusión social e a erradicación da pobreza nun planeta sustentábel, o financiamento do desenvolvemento sustentábel e os investimentos que necesitamos, o dereito á información, a participación e a xustiza, o piso de protección social, a Taxa sobre Transaccións Financeiras, etc.

Ademais, traballaremos en grupos cuestións como o acceso sustentábel aos alimentos, á enerxía, á auga; os empregos verdes e a transición xusta, con especial fincapé nas oportunidades para mulleres e mozas; acción sindical e mudanza climática, xestión sustentábel de sustancias químicas; a negociación colectiva para o desenvolvemento sustentábel, entre outros.

Todos estes temas vanse a preparar a través desta ferramenta. Benvidos e benvidas a este espazo de información, participación e traballo dos e as sindicalistas para Río+20.

A Asemblea: Un banzo cara a Río. Que discutiremos?

Os temas centrais que se discutirán na Asemblea en sesións plenarias baséanse sobre tres prioridades sindicais clave en Río+20. Previa consulta cos participantes, establecéronse cinco grupos de traballo temáticos para empezar a traballar os temas da Asemblea. Únete a un grupo!

No camiño a Río, os traballadores e as súas organizacións sindicais estiveron mobilizándose ao redor de tres demandas artelladas pola Confederación Sindical Internacional, pedindo resultados concretos relacionados coa creación de Empregos Verdes e Decentes, o establecemento dun Piso de Protección social e o lanzamento dunha Taxa de Transaccións Financeiras global. Polo tanto, as sesións plenarias abordarán os seguintes temas:

  1. Un Novo Paradigma de Desenvolvemento, Retos para o Emprego, a Inclusión Social e a Erradicación da Pobreza nun Planeta Sustentábel
  2. O Financiamento do Desenvolvemento Sustentábel, unha axenda sindical: novos impostos globais, redistribución do benestar e o papel dos fondos de pensións
  3. O dereito á información, á participación e a xustiza por parte dos traballadores e traballadoras e as comunidades
  4. Investimentos para unha nova economía sustentábel: Empregos verdes e decentes
  5. Vulnerabilidade, protección social e transición xusta: o piso de protección social

Os grupos de traballo temáticos créanse co propósito de proporcionar un espazo onde as organizacións poidan debater sobre as prioridades sindicais e determinar os nosos compromisos futuros relacionados cos temas crave da .

Baseándonos na resposta recibida dos participantes, estes son os grupos de traballo finais:

  1. Acceso sustentábel á alimentación, a enerxía e a auga
  2. Empregos verdes e transición xusta: oportunidades e retos para as mulleres e os novas
  3. Acción sindical en cambio climático
  4. Xestión sustentábel de produtos químicos
  5. Negociación colectiva en desenvolvemento sustentábel

A Asemblea, combinando diversos temas e formatos, proporcionará ademais un espazo para presentar e intercambiar experiencias sindicais relacionadas co medio ambiente.

Únete ás discusións e participa con líderes sindicais como Sharan Burrow, Secretaria Xeral da Confederación Sindical Internacional (CSI), Kwasi Amarkwah, Secretario Xeral da Organización Rexional Africana da Confederación Sindical Internacional, Bernadette Segol, Secretaria Xeral da Confederación Sindical Europea, e Noriyoki Suzuki, Secretario Xeral da Organización Rexional Asia Pacífico da Confederación Sindical Internacional, entre outros.

+INFO: http://assemblyrio20.sustainlabour.org/index.php?lang=EN
Share