Autor/a

Profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Madrid. Membro do Consello Editorial de Altermundo

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Limiar á edición grega de ‘En defensa do decrecemento’
Limiar á edición grega de ‘En defensa do decrecemento’

É difícil que desde o outro extremo do Mediterráneo teñamos algo que ensinar a quen, en Grecia, padecen algúns dos maiores efectos da ignominia do capitalismo contemporáneo.

Máis ben parece que deberiamos mostrarnos dispostos a aprender do que tantos gregos xa saben sobre a condición presente da Unión Europea e, tamén, claro, sobre os seus propios gobernantes. Se asumísemos ese exercicio non nos amosariamos tan profundamente insolidarios con Grecia como nos mostramos agora. Porque o certo é que entre nós, na UE, as solidariedades, de existir, séguense manifestando por separado no interior de cada Estado-nación.

Sexa como for, nun e outro extremo do Mediterráneo os feitos discorreron os últimos anos de forma máis ou menos similar. Achámonos perante unha xigantesca estafa. No seu núcleo revélase un rechamante paradoxo: quen, a través da imprevisión, a especulación e o negocio máis lamentábel, están na orixe da crise -os bancos e, en xeral, as institucións financeiras-, recibiron cantidades inxentes de cartos públicos cos que agora chantaxean a uns dirixentes políticos que, submisos, aceptan sen rechistar as presións desas institucións, traducidas máis ca nada en recortes nos salarios e en retrocesos a miúdo dramáticos no que se refire á sanidade e á educación.

Entre tanto, e por riba, ninguén está na cadea. Non se trata, por unha vez, de que os xuíces non estean a realizar o seu traballo: achámonos, pola contra, ante unha das secuelas da globalización capitalista, que, a través da desregulamentación, provocou a desaparición das normas legais que permitían determinar os delitos. Para que nada falte, unha vez que a crise se fixo evidente, para encarala despregáronse, como medicamento, as mesmas receitas que están na orixe daquela.

Unha das traducións máis rechamantes de tanta miseria é unha frase -a que reza que no pasado vivimos por riba das nosas posibilidades– que ten o seu interese. O seu significado é moi diferente se antes enunciamos unha crítica severa das secuelas da financiarización das economías ou se, pola contra, non asumimos tal tarefa. No primeiro caso ten o seu sentido, na medida en que nos lembra que os habitantes dos países do Norte do planeta deixamos atrás as posibilidades ambientais e de recursos que a Terra nos oferta, de tal sorte que estamos na obriga de autoconternos e redistribuír a riqueza. No segundo, en troques, tradúcese nun formidábel engano: quen viviron por riba das súas posibilidades son os nosos banqueiros e os nosos dirixentes políticos, os mesmos que en Grecia se lucraron coa organización dos xogos olímpicos de 2004 ou con inmorais operacións de compravenda de armas.

Cando, en setembro de 2011, escribíronme de Atenas para preguntarme por unha posíbel tradución deste libro ao grego, a pregunta víase acompañada dunha afirmación suxestiva. Nikos Kokkalas víñame dicir: en Grecia xa o probamos todo, e puidemos comprobar que ese todo é unha merda. Démosle unha oportunidade -era a conclusión inevitábel- a formas de ver as cousas que son afortunadamente diferentes das que nos ofertan os nosos gobernantes. Unha delas é, sen dúbida, a que nos achega a proposta do .

Importa moito, ao meu entender, identificar correctamente cal é o lugar que corresponde a esa proposta: non vén substituír, como puidese parecer, ás contestacións históricas do capitalismo que se foron perfilando co paso do tempo. É, así a todo, un agregado a esas contestacións. Un agregado, iso si, importante: cantas veces teño a oportunidade subliño que calquera contestación do capitalismo que se revele, no Norte rico, no inicio do século XXI ten que ser por forza decrecentista, autoxestionaria, antipatriarcal e internacionalista, porque pola contra estará movendo o carro do sistema que quere contestar.

Se así se quere, o proxecto do decrecemento xorde da certificación de dúas circunstancias importantes. Se a primeira é a conciencia das restricións que se derivan do feito de que vivimos nun planeta con recursos limitados, a segunda está configurada pola certeza de que podemos vivir mellor con menos. Para iso temos que rachar coa lóxica do crecemento, a produtividade e a competitividade, e temos, tamén, que escapar desa fraudulenta identificación, que nos acosa por todas partes, entre consumo e benestar. Nese sentido a proposta do decrecemento non nos di só que temos que reducir -os que podemos facelo, claro- os niveis de produción e de consumo no Norte opulento. Preconiza, tamén, a introdución de principios e valores moi diferentes dos hoxe dominantes: a primacía da vida social, o lecer creativo, a repartición do traballo, a necesaria redución do tamaño de moitas infraestruturas, a recuperación da vida local -e con ela a de fórmulas de democracia directa e autoxestión- ou, en fin, e no terreo individual, a sobriedade e a sinxeleza voluntarias.

Por detrás desa proposta atópase o designio de rerruralizar, destecnoloxizar -no posíbel- e descomplexizar as nosas sociedades, sempre sobre a base de redistribuír cabalmente a riqueza. Se o produto interior bruto español en 2007, antes do estoupido da crise, era 100, hoxe sitúase en 97: non parece que en si mesmo sexa un retroceso particularmente notábel. O problema é máis ben outro: a lamentábel distribución da riqueza nun país -con certeza o mesmo acontece en Grecia- no que os ricos son cada vez máis ricos e os pobres cada vez máis pobres. Non está de máis que engada, en fin, que estamos na obriga de recuperar moitos dos elementos de sabedoría popular que arrecunchamos nas últimas décadas e que temos que aprender, por riba, de moitos dos habitantes dos países do Sur: viven en pequenas comunidades, mantiveron unha vida social moi rica, preservaron unha relación fluída co medio natural e, son, en último termo, e paradoxalmente, moito menos dependentes que nós.

Con esa vocación, parece inevitábel que a proposta do decrecemento nos diga que é urxente abrir espazos de autonomía nos cales apliquemos regras do xogo diferentes das que hoxe se nos impoñen. Por que non xerar na base das nosas sociedades, e é un exemplo entre outros, iniciativas de banca social, ética e autoxestionada que nos permitan sortear ás institucións financeiras do sistema? Non é urxente, en tal sentido, que empecemos a escañar nas posibilidades que se nos ofertan no sentido de saír do capitalismo antes de que chegue o momento do colapso? E é que empezan a acumularse os sinais de que o capitalismo, tras perder os mecanismos de freo que o salvaron no pasado, entrou nunha fase de corrosión terminal un de cuxos sinales máis evidentes é a súa negativa a tomar nota do que supón unha crise, a ecolóxica, que debuxa unha diferenza principal entre o escenario actual e o de 1929.

Nese sentido sinalei moitas veces que no Norte rico estamos obrigados a apostar por un decrecemento consciente, racional, paulatino, ecolóxico, social e solidario que permita evitar o outro decrecemento, o do capitalismo na súa corrosión terminal. Bo será que, respecto diso, de Grecia nos sigan chegando noticias de xentes que non só resisten: tamén nos aprenden como resistir.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning