Autor/a

Sociólogo portugués. Director do Centro de Estudos Sociais da Universidade de Coímbra.

banner_consello_peq

Categorías

Manifesto polo cambio
Manifesto polo cambio

Moitos se preguntan sobre o que está a pasar na sociedade portuguesa para que persoeiros, actores políticos e organizacións sociais estean a deixar de lado as súas diverxencias para unirse en accións de loita contra o actual Goberno e as súas políticas de austeridade.

As razóns son varias e os niveis de converxencia son diversos, o que significa que a forza desta converxencia poida que resida en crear condicións para redefinir as diverxencias democráticas nun novo ciclo político que se aproxima. Velaquí algunhas das razóns:

O novo antifascismo. A portuguesa está suspendida porque as decisións políticas que afectan máis decisivamente aos cidadáns non se derivan das súas propias eleccións nin respectan a Constitución. Estoupou un conflito fundamental entre os dereitos da cidadanía e as esixencias dos "mercados" financeiros, e ese conflito estase decantando a favor dos "mercados". As decisións formalmente democráticas son substantivamente imposicións do capital financeiro internacional para garantir a redibilidade dos seus investimentos, tendo para iso ao seu servizo ás institucións financeiras multilaterais, ao Banco Central Europeo, á Comisión Europea, ao euro e aos Gobernos nacionais que se deixaron chantaxear.

Ao contrario que o fascismo histórico, o actual fascismo financeiro, no canto de destruír a democracia, a desposúe de calquera forza para poder facerlle fronte e a transforma nunha monstruosidade política: un Goberno de cidadáns que goberna contra os cidadáns; o Goberno lexitimado polos dereitos dos cidadáns que exerce violando e destruíndo eses dereitos.

A defensa da democracia real esixe unha unión do tipo daquela que uniu ás forzas antifascistas que tanto loitaron pola democracia que tivemos até hai pouco e que conquistamos hai menos de 40 anos. Porque o fascismo é diferente, son tamén diferentes as formas de loita. Pero o que está nos obxectivos é o mesmo: construír unha democracia digna do seu nome.

Da alternancia á alternativa. A crise financeira de 2008 significou a fin do que na posguerra veu chamarse "capitalismo democrático", unha convivencia sempre tensa entre os intereses dos interesados en maximizar os seus lucros e os intereses dos traballadores en ter salarios xustos e traballo con dereitos. A convivencia foi o resultado dun pacto polo cal os traballadores renunciaron ás reivindicacións máis radicais (o socialismo) a cambio de concesións do capital (tributación e regulamentación) que fixesen posible o Estado social ou de benestar.

Este pacto comezou a entrar en crise logo dos anos '70, pero colapsouse definitivamente coa crise de 2008, non só polo xeito en que foi resolto, senón tamén polo modo no que foi "resolvido": a favor do capital financeiro que o creou, que, no canto de penado e regulado, foi rescatado e liberado para repoñer rapidamente a súa rendibilidade e os bonos dos seus axentes. Os partidos políticos con vocación de goberno distinguíronse na posguerra pola súa forma de xestionar o pacto. Niso consistiu a alternancia. Desde 2008 tal pacto deixou de existir e por iso a alternancia deixou de ter sentido.

En Portugal, a sinatura do memorando da troika selou o fin do pacto e da alternancia que facía del un pacto democrático. A partir de agora, no canto de alternancia, é necesario buscar unha alternativa. As diverxencias no interior da coalición do Goberno nada teñen que ver coa alternativa e mostran que a alternancia á alternancia (cos mesmos partidos ou con algún deles e o PS) sería a reprodución, en forma de farsa, da traxedia que vivimos.

A alternativa implica decidir entre a lóxica do capitalismo financeiro e a lóxica da política democrática. Neste intre, as dúas lóxicas son inconciliábeis. Os demócratas portugueses converxen na idea de que a democracia debe prevalecer e saben que para que iso ocorra son necesarios actos de desobediencia cara ás esixencias dos "mercados", o que certamente vai a conlevar algunha turbulencia social e política, cuxos custos deben ser minimizados. Por riba de todo haberá que enfrontarse á intimidación e á manipulación do medo, aos drons cos que os "mercados" destrúen sen custos os dereitos dos cidadáns. A desobediencia pode asumir varias formas, pero todas conlevan asumir que a débeda, tal como existe, é impagábel e inxusta, porque non se pode liquidar a un país para liquidar unha débeda.

Optar pola democracia é a alternativa, pero o xeito de levala á práctica non é unívoco, como nada é unívoco en democracia. Ou sexa, a alternativa engloba, en si, alternativas. E aquí xorden as diverxencias que van definir o novo ciclo político.

A Europa real e a Europa ideal. As diverxencias inciden en tres temas: artellar ou non a desobediencia cara ao capital financeiro coa permanencia no euro; centrar os esforzos en renegociar a posición na UE ou en abrirse a novos espazos xeopolíticos; e, dado que o fin desta UE é unha cuestión de tempo, loitar ou non por algunha outra inequivocamente suxeita á lóxica da democracia. Como é propio dunha transición de paradigma, todas as posicións conlevan riscos e non sempre será doado calculalos.

Pero até nas diverxencias hai algunha converxencia: a actual UE está totalmente colonizada pola lóxica dos "mercados"; a profundización da integración en curso estase facendo a costa das democracias da Europa do Sur; sería mellor que as posicións de desobediencia fosen tomadas por varios países organizadamente.

A loita política extra-institucional. Os partidos políticos de son os máis tímidos neste proceso de converxencia porque teñen demasiados intereses postos no actual ciclo político e temen polo seu futuro. Teñen dificultades para admitir que, se non asumen riscos, están condenados a ser o verniz democrático das uñas do fascismo financeiro. O dilema ao que se enfrontan é serio: se van da man dun movemento social que apunta cara a un novo ciclo democrático, poden estar a suicidarse; se non o fan, serán vistos como parte do problema que enfrontamos e non como parte da solución, correndo o risco de, no mellor dos casos, volverse irrelevantes, o cal é outro xeito de suicidio.

Diante deste dilema -que todos debemos comprender-, os cidadáns e as cidadás non teñen outro remedio senón saír á rúa para reclamar a caída do Goberno e forzar aos partidos de esquerda e centro-esquerda a asumir riscos, axudando a minimizar os custos sociais e políticos da turbulencia política que se aproxima sen ter en conta os cálculos partidistas. Estamos, se cadra, entrando nun momento forte da democracia participativa, servindo de fonte revitalizante da democracia representativa. Das institucións que sobreviven á suspensión da democracia, aos demócratas portugueses apenas lles queda algunha esperanza no Tribunal Constitucional. Polo respecto que lles merece a institución de Presidencia da República, prefiren non dicir nada sobre o seu actual inquilino.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning