Autor/a

Biólogo, analista e produtor editorial. Director e fundador de Altermundo.

banner_consello_peq

Consello Editorial

X. M. Beiras
Marga Tojo
Xavier Simón
Lupe Ces

Xabier Macías
Alfredo I. Diéguez
Cândido Gryzbowski
Rebeca Fernández

David Rodríguez

Miguel A. Fernán Vello
Ana Miranda

Xoán Hermida

Manuel Casal
Antom Fente
Imanol Dorca

Xabier Ron
Tone
Roberto Mansilla

Carme Carballo
Raúl Asegurado
Xoán R. Doldán
Manoel Santos

Categorías

Manoel Santos: “Paradoxalmente, o aparente triunfo das teses neoliberais está a anunciar o seu propio fin”
Manoel Santos: “Paradoxalmente, o aparente triunfo das teses neoliberais está a anunciar o seu propio fin”

Entrevista a Manoel Santos feita por Rodri Suárez para Sermos Galiza.

P- Tanto o como o de esquerdas levan anos avisando da destrución que significaba esta Unión Europea. Cres que o rescate non é máis que a puntilla dun proceso que, en Galiza, leva anos actuando?

R- O altermundismo e o nacionalismo de esquerdas son procesos moi diferentes, por canto o primeiro, máis novo, é un movemento social a escala global e o segundo, no noso caso, é máis un movemento político-social de liberación nacional. Si coinciden, por exemplo, na súa defensa da emancipación dos pobos e noutras cuestións, mais non sempre na diagnose do sistema-mundo e das alternativas a desenvolver, malia que é incontestábel que unha parte importante do nacionalismo galego asumiu o altermundismo dende o principio.

Dito isto, e malia os moitos matices, si chegan á mesma conclusión, ou cando menos moi parecida, ao respecto da Unión Europea. A configuración deste supraestado é un proxecto fundamentalmente económico que forma parte indivisíbel da propia globalización e ameaza a soberanía dos pobos. De feito, a construción europea e a integración de Galiza na Unión vai paralela no tempo ao proceso de mundialización que, como apuntou Xosé Manuel Beiras, tivo especial relevancia para nós “en termos de progresiva destrución das bases materiais e distorsión das estruturas económicas e das morfoloxías sociais xenuínas das realidades nacionais”, cousa tanto máis grave canto constituíamos unha nación sen Estado e, xa que logo, carecíamos de capacidade de decisión no eido político-institucional.

Obvia dicir que a andaina até agora exitosa do neoliberalismo, ao cimentarse nunha ofensiva ideolóxica e cultural dirixida contra o Estado e destinada a magnificar as virtudes do mercado, tería sido moito máis dificultosa se o panorama sociopolítico internacional estivera constituído por pobos soberanos, ou Estados uninacionais, no canto de Estados-nación, que moitas veces funcionan como simples corporacións territorais, artificiais en termos de identidade colectiva, e polo tanto son máis susceptíbeis de ser desarmados.

O rescate, e en xeral toda a ofensiva ultraliberal que se está a producir en Europa é posibelmente o cénit do proceso de globalización, a súa obra máis magna, que se podería resumir nunha evolución da famosa frase tatcheriana de “Menos Estado máis Mercado” a “nada para o Estado todo para o Mercado”.

Estanse a reproducir fielmente aqueles plans de axustamento estrutural que, auspiciados polo FMI, o Banco Mundial e os gobernos da tríade –EUA, UE e Xapón–, a partir dos ’80 esnaquizaron –grazas á nociva espiral da débeda externa– moitos pobos do Sur e que, asemade, constituíron tamén a cerna do xurdir do movemento altermundista e dos movementos antiglobalización. Muda o escenario e algúns dos actores, mais a operación é exactamente a mesma, deixar todos os dominios sociais baixo o mandato das transnacionais e as galaxias financeiras e aplastar a soberanía popular.

P- Cres na posibilidade real de reiniciar esta Europa dende as institucións existentes ou cres que é necesario poñer fin ao que hai e construír algo totalmente novo?

R- Penso que estamos ao final dun ciclo no que, paradoxalmente, o aparente triunfo final das teses neoliberais está a anunciar o seu propio fin. Un fin que pode ser moi longo e convulso e no que, como apuntaría Carlos Taibo, non é nada desbotábel que camiñemos cara a instauración dunha nova orde mundial caracterizada polo dominio dunha oligarquía planetaria que defenda fórmulas de darwinismo social militarizado, ou mesmo ecofascismo, orientadas a preservar nunhas poucas mans os escasos recursos planetarios. Non vexo moito máis percorrido no neoliberalismo e atreveríame a dicir que no capitalismo, o que implica non ver moito máis percorrido nas estruturas sociais que o ampararon. Saturno xa comezou a devorar os seus fillos.

Dificilmente a saída vai estar na reprodución dun sistema tan esgotado como as súas institucións. Cal vai ser? É imposíbel sabelo, mais se tivera que apostar por algunha con certas posibilidades de éxito para “salvar” o planeta e maila humanidade eu comezaría a mirar con mellores ollos a opción do , cando menos a valorala, porque dista moito de ser unha tolería. Dende o punto de vista do nacionalismo isto tamén implicaría a relocalización da política, ou a posibilidade de que, como escribiu o profesor Ariel Français, fronte a esta tendencia á desintegración dos Estados-nación rexurdan novamente a cidadanía e os pobos para reclamar tanto o seu dereito á identidade como a reconstrución dos mecanismos de solidariedade intra e internacionais que un día delegaron nos Estados. E que estes venderon, claro está.

P- No caso galego, ves inacción nas autoridades autonómicas? Cres que é a hora de volver ao noso modelo produtivo 'clásico' que tanto atacou Europa, de agrogandería, mar….?

R- Outro dos ciclos esgotado é o autonómico. Se cadra sempre o estivo porque foi un engano, e a nosa dramática integración na Unión Europea é boa proba diso. Foi Camilo Nogueira o que, con razón, dixo que os sucesivos gobernos galegos nunca emprenderon a defensa do país dende unha concepción nacional, por exemplo ao respecto da utilización dos Fondos Estruturais e de Cohesión, o que resultou nun desleixo tamén interno dos nosos intereses. O desgoberno, ou malgoberno, continúa. Non é que a inacción sexa por incapacidade, que tamén, senón porque non cren neste país e hogano só fan de muro de contención da para eles indesexábel, pero para nós necesaria, emancipación popular.

Non sei se habería que volver a ese modelo produtivo que chamas clásico, mais sen dúbida si habería que dar moitos pasos cara atrás, co que volvemos novamente á tese do decrecemento. Habería que recuperar parte do que foi unha sociedade precapitalista, loxicamente aproveitado o bo do que aprendemos e tendo moi en conta os límites planetarios, que é algo do que non podemos fuxir. En calquera cousa que fagamos a é un imperativo, o que implica abandonar o consumismo e o produtivismo, cousa na que o nacionalismo fai aínda moitas augas. No caso galego cómpre especialmente re-ruralizar o país, camiñar cara a soberanía alimentar e enerxética, avanzar en economía solidaria e intercambios non mercantilizados, relocalizar a economía e a política, xestionar sustentabelmente a nosa potente pesca artesanal… ao cabo, fuxir a lume de carozo do capitalismo e da mercantilización –e do control institucional– das nosas vidas. Non vexo outra saída.

Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning