Autor/a

Sociólogo e filósofo marxista franco-brasileiro. Actualmente é director de investigación emérito do CNRS e profesor da EHESS de París. Participa desde o seu inicio no proceso do Foro Social Mundial. En 2001 foi coautor do Manifesto Ecosocialista Internacional.

Categorías

Movemento altermundista e desafíos de Río+20
Movemento altermundista e desafíos de Río+20

Aínda cando os elementos da raíz da actual crise ecolóxica e socialestaban presentes na conferencia de Río en 1992, a conciencia dun mundo finito e parcialmente destruído -a causa do carácter irreversíbel dalgúns fenómenos (clima, , esgotamento dos recursos)- era daquela relativamente marxinal e circunscripta a círculos de expertos ou captada por estes círculos. Ademais, a comezos dos 90, a globalización económica e financeira era aínda xenerosamente presentada como "o horizonte infranqueaábel" e o camiño do progreso para toda a humanidade.

Neste contexto, a conferencia de Río en 1992 reafirmou a por medio do " sustentábel". A ambigüidade deste concepto fai referencia ás tensións que xa se facían presentes en Río: trátase de garantir a permanencia dun modelo por demais esgotado ou ben de garantir a perdurabilidade das sociedades e dos seus ecosistemas fronte á persistencia dun depredador dos recursos naturais e humanos? Está demostrado que o "" resulta globalmente inviável: a perdurabilidade das sociedades é incompatíbel coas políticas preconizadas ao unísono polo e o , pola , e máis globalmente cun modelo de sociedade centrado na rendibilidade a curto prazo e na expropiación masiva dos bens comúns.

Paradoxalmente, a globalización económica, no seu afán de expandir os límites do mundo polo libre comercio xeneralizado, prometendo prosperidade e crecemento a través da inclusión no mercado mundial, puxo de manifesto a finitude do planeta e profundou sostibelmente as desigualdades sociais. Pero para o capitalismo global, os desastres sociais ou naturais, como son a mudanza climática ou o colapso da biodiversidade, representan novas oportunidades, novos mercados, posibilidades para unha economía e un crecemento pretendidamente verdes. É así que aparecen as pseudo-solucións -como os mercados de dereitos de contaminar, os mercados da biodiversidade ou até a promoción de agrocombustíbeis e proxectos de xeoenxeñería- nun intento de facer perdurar un sistema que conduce directamente ao abismo.

Durante moito tempo, pensouse que as cuestións ambientais concernían aos países ricos e as clases privilexiadas deses países: a instrumentación da oposición entre -os pobres que hai que desenvolver- e os ecoloxistas debilitouse pola expresión dunha ecoloxía popular, dunha "ecoloxía dos pobres" (J. Martinez-Alier), onde as poboacións en risco de perder o seu medio de vida exercen a defensa dos ecosistemas e dos recursos.

1. Balance da Declaración de Río 1992 e das súas tres Convencións

O Cumio da Terra celebrado en Río en 1992 deu orixe a tres convencións esenciais, que se articulan cos obxectivos do "desenvolvementosustentábel" :

- A Convención Marco das Nacións Unidas sobre a mudanza climática (siglas en inglés, UNFCCC) que derivou no protocolo de Kyoto en 1997. É o primeiro tratado internacional que tivo como obxectivo a redución das emisións de gases con efecto invernadoiro; fúndase, de acordo coa convención, na idea de responsabilidade común pero compartida, é dicir, na idea dunha responsabilidade diferenciada entre países industrializados e países do Sur. Con todo, como non se trata de modificar en nada a traxectoria da globalización económica e financeira nin o crecemento mundial, os países industrializados poden empregar "mecanismos de flexibilización", é dicir, o comercio de dereitos de emisión. O método utilizado -os mercados de carbono e o financiamento do carbono- levabaindefectibelmente  ao fracaso a redución significativa das emisións. Todo indica que os países industrializados non lograrán sequera o obxectivo moi limitado e decididamente insuficiente proposto nos acordos (10% entre 1990 e 2012 para eses países, 5,2% globalmente). As emisións globais de CO2 acadaron o seu maior nivel histórico en 2010, superando nun 5% o seu anterior record rexistrado en 2008.

A xestión do carbono, sobre todo no que se refire a bosques, permite que, en nome da loita contra a deforestación e dos ingresos para distribuír "entre os pobres que hai que desenvolver", se inclúan bosques esolos no financiamento do carbono.

Os países industrializados que non queren recoñecer a súa responsabilidade histórica poñen en risco o Protocolo de Kyoto; aínda que os mercados do carbono poderán seguir funcionando dentro do marco da convención, con algunhas modificacións de orde institucional.

-a Convención sobre a Diversidade Biolóxica (CDB) propúñase "a conservación da diversidade biolóxica", o uso sustentábel dos seus elementos e a repartición xusta e equitativa dos beneficios que se derivasen da explotación dos recursos xenéticos, en particular grazas a un acceso satisfactorio aos recursos xenéticos e a unha transferencia adecuada das técnicas pertinentes…" (CDB, 1992, Art. 1). Tratábase de conservar a biodiversidade a través da implementación, supostamente equitativa, dos seus elementos, os "recursos xenéticos". A mercantilización de seres vivos, que cobrou impulso a partir dos acordos ADPIC da OMC, logrouse a cambio de dúas concesións que resultaron ser meramente formais:

  1. o recoñecemento da soberanía nacional sobre os "recursos biolóxicos" (Art. 15) para satisfacer deste xeito aos Estados do Sur, desexosos de que a súa biodiversidade non siga a ser considerada como un patrimonio mundial no que chuchan as empresas sen dar nada a cambio, e

  2. a participación nos froitos das "innovacións" obtidas dos "recursos" coas comunidades locais (Art. 8j e Art. 15), compromiso que se asumiu cos movementos indíxenas pero cuxas regras de participación nos beneficios recentemente foron definidas en Nagoya en 2010, as cales aínda hoxe non son efectivas nin satisfactorias. A CDB encostaba a conservación da biodiversidade ao valor de mercado (pasando por establecer dereitos de propiedade) dos seus elementos, os "recursos biolóxicos". A idea era que os "recursos biolóxicos" destinados á creación de riqueza puidesen ser patentados, riqueza que logo sería (marxinalmente) redistribuída entre as poboacións locais e a conservación. Este paradigma non funcionou, nin sequera desde a perspectiva do mercado e tampouco desacelerou o proceso da sexta extinción de especies que está a ter lugar.

-a Convención sobre a Loita Contra a Desertificación, acordo por demais "esquecido".

En conclusión, en nome da conservación ou da restauración do equilibrio ecolóxico, durante o período posterior á declaración de Río houbo unha intensificación sen precedentes da privatización dos bens naturais comúns. A crise ecolóxica profundouse en todas as súas dimensións, en tanto que as desigualdades sociais fixéronse cada vez máis profundas nas sociedades e tamén entre distintas sociedades.

2. Os desafíos de Río+20

O Cumio Río+20 sitúase baixo o signo da "economía verde", é dicir dunha "xestión sostíbel" da natureza e da Terra, cunha visión da natureza entendida como capital que debe administrarse de xeito eficaz e que debe frutificar. Este cume ten a misión de profundar e de levar á realidade aquilo que comezou a xestarse en 1992.

Na lóxica neoliberal, a "xestión sostíbel da natureza" supón establecer previamente novos dereitos de propiedade sobre os bens naturais, xa que considera que a xestión en común é ineficiente. Faise referencia especialmente a tres áreas: a biodiversidade, o clima, os recursos minerais e fósiles e en xeral, todo o concernente ao extractivismo. As dúas primeiras relaciónanse estreitamente: os modelos que leva a cabo a biodiversidade inspíranse nos modelos de "xestión sostíbel" do clima.

Esta "xestión sostíbel" da natureza constitúe un novo campo de expansión para o capitalismo e as finanzas mundiais. Os "servizos ecosistémicos" estanse convertendo en novas mercaderías globais tan lucrativas (e comercializadas tamén de xeito tan inequitativo) como o foron os produtos na época colonial, hai un século. Desde un punto de vista ecolóxico esta xestión xa fracasou e, por outra banda, aumenta a fraxilidade das sociedades e o proceso de xeración de desigualdades e de exclusión.

A "economía verde", en lugar de inscribir necesariamente as actividades económicas na biosfera, inclúe os elementos da biosfera no circuíto de reprodución do capital. Xa non se trata só de acaparar stocks de recursos como acontece na actividade mineira, senón de apropiarse dos fluxos, os "servizos ecosistémicos" prestados polos ecosistemas. A natureza é unha empresa cuxa obra debe ser avaliada, comercializada, mercantilizada.

3. Os desafíos para o movemento altermundista

En vista disto, estanse desenvolvendo en todo o mundo distintas formas de resistencia socio-ambientais e experiencias de transición, especialmente para a recuperación de bens comúns e rexeitando considerar os bens naturais como recursos. É necesario establecer novos dereitos inalienábeis, que inclúan medidas para a súa concreción. Este é un dos desafíos de Río+20, que poderiamos resumir como un proceso necesario de desmercantilización da Terra, que garanta a sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social.

Para iso, constrúense de xeito específico coalicións internacionais de movementos sociais, sobre todo na loita contra a mudanza climática, onde se reunen ONG ecoloxistas como Amigos da Terra, e tamén coalicións como Xubileo Sur, Focus on the Global South e a Vía Campesina, actores centrais do movemento altermundista. No corazón destas coalicións están os temas fundadores do movemento altermundista: a resistencia ao dogma do libre comercio, ás institucións financeiras internacionais, en contra das manobras de empresas transnacionais, da globalización financeira e da privatización de bens comúns.

Non foi por casualidade que o de Belém en 2009 lanzara un chamado altermundista para salvagardar os bens comúns e contra o seu mercantilización e privatización capitalista. Non é só un documento, é a expresión de loitas concretas, como a dos labregos da Vía Campesina contra a destrución de bosques, como a "Guerra da auga" en Cochabamba, Bolivia, en contra da privatización da auga, como os levantamentos na India contra o intento de Coca-Cola de monopolizar os recursos hidráulicos, como a resistencia contra as manobras de Areva en Níxer. O desafío é globalizar a resistencia e atopar os puntos de ruptura. Estas loitas levan a cabo en todo o planeta, expresan o rexeitamento ao insustentábel e o desexo de liberarse da dominación conxunta da natureza e dos seres humanos.

Por tal razón, eses temas forman parte do movemento altermundista. Diso dan testemuño os dous últimos foros sociais mundiais onde se lles deu gran espazo. A implicación do movemento na preparación do Cume dos Pobos de Río en 2012 permitirá expor a complexidade e a globalización da crise e, do mesmo xeito, ampliar as alianzas necesarias para emprender unha transición significativa.

Share