banner_consello_peq

Categorías

N. Manimekalai: “A colonización, o capitalismo e o patriarcado tratan de invisibilizar o traballo feminista”
N. Manimekalai: “A colonización, o capitalismo e o patriarcado tratan de invisibilizar o traballo feminista”

Durante o pasado mes de abril, no organizou a I Escola Feminista co título 'Centros e periferias', co obxectivo de reflexionar, den de o ollar da cooperación ao , sobre a importancia que a diversidade de voces ten para as teorías e o femista. A doutora Manimekalai foi unha as docentes convidadas.

O seu contexto vital non encaixa co prexuízo que moita xente aínda ten sobre os feminismos como un movemento de mulleres occidentais, brancas de clase alta. Podería contarnos algo diso e de como chegou a ser feminista?

A cuestión é máis de visibilidade que doutra cousa, tamén como herdanza colonial, cando eran as mulleres de clase/caste alta as que obtiñan certa visibilidade. Aínda así, sexa no movemento Chipko, na loita contra o acoso sexual, a dote, a violencia de xénero ou a reclamación de igual salario por igual traballo, son as feministas de base e de casta baixa as que contribúen e crean os movementos. A colonización, o e o danse a man para invisibilizar o noso traballo. Eu mesma nacín nunha zona rural no seo dunha familia con moitas dificultades económicas e sociais. A miña mai é analfabeta e nacín nunha aldea coñecida pola alta incidencia de infanticidio feminino. Dende a miña infancia tiven que me enfrontar á sociedade para poder acceder á educación, alimento e atención sanitaria ante unha falta de apoio total da familia, que se negaba a mandarme á escola a partir de 5º curso e que só accedeu cando asegurei que me ía seguir encargando do gando, de recoller auga e demais tarefas domésticas. Estas experiencias centráronme na miña educación como forma de mellorar a vida. Nesa época xa era quen de observar as grandes desigualdades de xénero dentro das familias e por iso acabei traballando en temas deste tipo con outras mulleres de clase e caste baixa, porque os problemas que se experimentan son diferentes aos das mulleres de clase alta. Así, a miña propia experiencia é a que fixo de min unha feminista, aínda que formalmente non me decatei de que o era ata que cheguei ao posto de directora do Centro de Estudos das Mulleres.

E como é na práctica ese traballo dende a base?

É unha acción global na que cómpre traballar dende moi distintas facetas porque todas están relacionadas. Eu traballo tanto con temas relativos ao VIH como con aspectos de promoción do emprego pasando pola promoción xeral de dereitos. Exemplos deste traballo son a creación da Asociación de Empresarias de Tamil Nadu ou o apoio ao establecemento de pequenas e non tan pequenas empresas por parte das mulleres dos grupos de axuda mutua, unha metodoloxía moi potente para o empoderamento global das mulleres.

Vense resultados palpables?

Claro, dende Indirani que aprendeu a conducir grazas ao traballo do noso Centro e obtivo crédito para mercar un taxi, o cal a fai a única muller taxista de cidade de Tiruchy, ata Inbavalli que comezou vendendo petiscos na rúa por menos de 15 euros ao mes e rematou cunha empresa na que gaña 800 euros e emprega 20 persoas, entre elas o seu home e fillos. Traballamos tamén a miúdo con mulleres seropositivas, prostituídas ou con discapacidade. Un grupo de 60 mulleres que antes exercían a prostitución xestionan agora unha empresa de produción de caldeiras e son provedoras do Goberno! O meu traballo tamén xira ao redor do Consorcio de Hixiene Menstrual para rachar co que chamamos a de silencio con respecto á menstruación. Son moitas as mulleres de zonas rurais que aínda teñen que durmir á intemperie cando lles vén a regra porque se consideran impuras e moi poucas coñecen o seu corpo, as prácticas hixiénicas, etc. O uso de trapos fai que as infeccións do tracto urinario e aparato reprodutor sexan un problema de saúde oculto e con tremendos efectos nas súas vidas.

Imaxinamos que é un traballo en compaña…

Por suposto, son moitas as feministas que traballan dende a base en Tamil Nadu. Podo reseñar o traballo da escritora e Directora de Asuntos Sociais de Támil Nadu, Salma, que en xuño estará en Galicia dado que acaban de traducir a súa novela Despois da medianoite ao galego e que é colaboradora habitual de Implicadas. A súa escrita e o seu activismo son fundamentais para nós, así que recomendo que a xente aproveite para escoitala.

E xa que fala de Implicadas, como foi a escola feminista e o traballo coa organización galega?

Para min foi un paso fundamental en dous sentidos, por unha banda para rachar a distancia entre a teoría e a práctica, algo que procuro en todo o que fago, e pola outra como unha ponte entre o traballo das feministas do Norte e do Sur. Isto é algo fundamental para rachar os vínculos entre o patriarcado e o capitalismo a nivel mundial. Hai pouco realicei un estudo da explotación das adolescentes nas fábricas do téxtil de Tamil Nadu, que Implicadas publicará en breve no volume Norte-Sur, Xénero no Centro e que pon en relación o papel das consumidoras e consumidores do Norte coa explotación das mulleres do Sur. Sen esas reflexións non podemos ver as consecuencias brutais do patriacado-capitalismo para as mulleres dos nosos países nunha auténtica recolonización.

Disto falou na Escola, daquela?

Si, pero tamén co obxectivo claro de formar alianzas en pé dunha igualdade onde as mulleres do Sur teñamos voz. A cooperación ao desenvolvemento adoece de falta de teoría feminista, xa non digamos de práctica, o que é fundamental para países como a onde as ONGs locais contribúen e inflúen nas políticas públicas. Este tipo de iniciativas deben continuar para establecer e loitar contra os vínculos dos que falaba antes, a ser posible en diferentes lugares e animo a todo o mundo a que apoie o labor de Implicadas, teñen neste intre unha campaña fundamental na que nos apoian na loita contra o infanticidio feminino, non pode faltar ninguén! No meu caso planifico xa unha escola semellante e xa contactei con algunhas compañeiras de Támil Nadu e agardo a visita de María Reimóndez, a presidenta de Implicadas, aos seus proxectos na nosa cidade para contar con ela nese traballo. Esperamos que asistan activistas, profesoras, políticas, alumnado, mulleres de diferentes clases e contextos porque só ese traballo conxunto, con perspectiva de posición, pode axudar a cambiar o mundo.


PERFIL:
N. Manimekalay é doutora en Económicas e directora do Centro de Estudos das Mulleres da Univ. de Bharathidasan (Tiruchy) dende 2004. Ao longo da súa dilatada carreira no eido do xénero recibiu varios premios de investigación, participado en máis de 100 conferencias a nivel internacional e publicou máis de 100 artigos sobre políticas de xénero, empoderamento das mulleres ou o impacto das microfinanzas, entre outros. Colabora como Asesora de Xénero dos proxectos de cooperación ao desenvolvemento que Implicadas apoia na India.
Share
Deixa un comentario