Autor/a

banner_consello_peq

Categorías

Nace a Galiza antitransxénica
Nace a Galiza antitransxénica

 Rebeca Prieto-. O pasado 29 de febreiro quince colectivos galegos constituían en Lalín a Plataforma Galega Antitransxénicos, cuio principal obxectivo é que a Xunta declare Galiza como ‘Zona Libre de Transxénicos’. Rebeca Prieto, de Amigos da Terra, fixo de cronista para Altermundo.

Ao contrario que Baleares, Asturias ou Euscadi, a Xunta non declarou Galiza como ‘Zona Libre de Transxénicos’.

 En xaneiro do 2007, o Ministerio de Medio Ambiente redacta un informe de evaluación positiva dun ensaio con millo transxénico en Galiza –concretamente do cruce de dúas variedades NK630 x MON 810–, que un ano despois sae á luz pública e dá a voz de alarma entre os colectivos ecoloxistas e organizacións directamente afectadas, coma o Sindicato Labrego Galego, principalmente nos catro municipios recollidos no ensaio: Lalín, Val do Dubra, Touro e Castro de Rei.

Hai máis dun ano que Amigos da Terra forma parte dunha campaña internacional que persegue a declaración de Zonas Libres de Transxénicos (ZLT), vindo de rematar agora a ‘xira do millo xigante’ que percorreu distintos países europeos pedindo a declaración de ZLTs e tendo asinada a declaración estatal en contra dos transxénicos, é obvio que o obxectivo perseguido pola organización é o declarar Galiza coma Zona Libre de Transxénicos.

Trala saída en prensa do informe do Ministerio, Amigos da Terra empeza a recabar información sobre o que acontece ou máis ben a intentalo, xa que o silencio administrativo é unánime e despois de varias semanas intentando contactar coas distintas consellerías: Medio Ambiente, Sanidade e Medio Rural, concluímos que en materia de responsabilidades neste aspecto da experimentación con transxénicos é á Xunta de Galiza á que lle corresponde dar a última palabra, é dicir, autorizar ou denegar estes ensaios.

Segundo fontes oficiais estes ensaios só se realizaron, até a data, nun dos catro municipios –Val do Dubra. Pero con anterioridade ao informe do 2007, houbo outros, e polo momento podemos afirmar que se ensaiou xa con transxénicos en Galiza en 3 municipios máis: Mesía, Ribeira e Vilalba.

Galiza é das poucas rexións do estado español na que, polo momento, non hai datos de cultivo, xa que tampouco os hai de venda de sementes transxénicas. Pero isto pode deixar de ser así en pouco tempo, se non se desenvolven as medidas que prohiban o cultivo e a experimentación con transxénicos, sobre todo tendo en conta que o estado español é o único productor de transxénicos a grande escala de toda Europa. En 2007, en España cultivaronse 75.000 hectáreas de millo transxénico –aproximadamente o 20% da superficie total de millo.

Por todo isto pedimos tamén unha moratoria aos ensaios con transxénicos en Galiza, na liña das iniciativas de Baleares, Asturias ou Euscadi, que xa se declararon libres de transxénicos. Varios países europeos, coma Austria, Polonia, Hungría, Grecia ou máis recentemente Francia xa prohibiron o cultivo de millo transxénico MON 810 (incluído nos ensaios galegos) polos seus demostrados danos ambientais, pola imposibilidade de evitar a contaminación do resto dos cultivos e polas incertezas sobre os seus efectos para a saúde das persoas.

29 de febreiro: A loita antitransxénica comeza en Lalín

 Semanas antes do 29 de febreiro e promovido pola saída en prensa do informe do Ministerio sobre o ensaio con transxénicos en Galiza, Amigos da Terra comeza a preparar unha acción en Lalín, cuxo obxectivo será o de informar á cidadanía e ao propio concello, que carecen nese momento de datos ao respecto. Dende o primeiro momento a acollida da nosa acción por parte do Técnico de Medio Ambiente e do propio Concello de Lalín foi moi boa.

A xornada do venres transcorreu en dous emplazamentos principais. Pola mañá nunha mesa informativa da asociación na plaza da Igrexa, onde ataviados con vistosos “trans-disfraces” ofrecemos información aos viandantes, realizamos enquisas sobre o grao de coñecemento en materia transxénica, recollemos sinaturas pedindo a declaración de Galiza como Zona Libre de Transxénicos e ofertamos a posibilidade de participar nun concurso fotográfico-tomateiro ao mellor lema antitransxénico.

Ás 8 da tarde na Casa da Xuventude tivo lugar unha mesa redonda, moderada por Xosé Manuel Méndez –Técnico de Medio Ambiente do Concello de Lalín– na que participaron David Sánchez –Responsable de Agricultura e Alimentación de Amigos da Terra–, Luís González –Secretario do Departamento de Bioloxía Vexetal da Universidade de Vigo–, Charo Sánchez –Reponsable da área de transxénicos do Sindicato Labrego– e Antonio Sánchez –Gandeiro da SAT de Ponteceso–, as exposicións encontradas fóra de disuadir ao público asistente conformaron un animado debate de marcado carácter didáctico.

Coincidindo coa nosa estadía en Lalín asistimos a unha asamblea convocada polo Sindicato Labrego Galego, que aglutinou a 15 asociacións e colectivos: ADEGA,  A Esmorga, Alternativas Nómadas, Amigos da Terra, APEGA, Asociación Cultural Meiro, Cooperativa de Consumo Responsable Eirado, FugaemRede, Gentalha do Pichel, Rede Consumo Consciente, Saramaganta, Semente, Sindicato Labrego Galego, O Grelo Verde e Verdegaia, sendo o resultado da mesma a formación da Plataforma Galega Antitransxénicos. Os obxectivos de dita plataforma son os de pedir responsabilides e información á Administración Galega en todo o referente aos ensaios con transxénicos, concertar unha entrevista con carácter de urxencia coa Consellería de Medio Ambiente e Medio Rural, realizar unha campaña de información cidadá e promover unha iniciativa popular (ILP) orientada á prohibición total da experimentación, cultivo e consumo de produtos transxénicos en Galiza.

O obxectivo proposto dende Amigos da Terra á hora de realizar esta acción está cumprido, levamos máis de 100 firmas recollidas e o alcalde de Lalín acaba de comunicar que elevará ao vindeiro Pleno Municipal, a moción presentada por Amigos da Terra; para que Lalín sexa declarado o primeiro municipio galego libre de transxénicos.

A moción a presentar no Pleno Municipal, estará dispoñible tamén para o resto dos municipios galegos na páxina web da plataforma galega antitransxénicos, ao mesmo tempo esta páxina web conterá outros documentos básicos, coma son un manifesto en conxunto das asociacións e colectivos integrantes e un tríptico informativo dispoñible para a poboación en xeral.

A información recolleita das enquisas realizadas por Amigos da Terra revelan o descoñecemento case xeneralizado por parte da poboación galega, así coma das oficinas de información ao consumidor, sobre os organismos modificados xeneticamente, que no entanto levan  xa máis de dez anos no Estado español. Estes cultivos introducíronse nos nosos campos e na nosa dieta sen que tivese lugar un adecuado debate social sobre a súa conveniencia. Ninguén nos preguntou nada, ninguén informou de nada. Este é, sen dúdida, o labor da asociación ecoloxista, reactivar ese debate, procurar que a información chegue á cidadanía e pedir responsabilidades aos que non están a cumprir ben co seu traballo.

+ INFO: www.amigosdaterra.net  | www.galizasentransxénicos.org
Share
 
Courte en longue robe avant, remplissage en couches blanc voile de dentelle, et noir arc taille exagérée entrent en collision les uns avec les autres un nouveau sens de la beauté. Robe De Mariée Ce ne regarde pas des combinaisons particulièrement familières? Anpassade festklänningar webbutik, skräddarsydd för billigt. Style är också särskilt hög. Jag hoppas du gillar, vi tar en titt på de nya 2016 festklänningar festklänningar men också en antydan av modeller bär spets festklänningar känsla Balklänning Robe De Mariée Robe De Mariée Balklänning